Mars Pathfinder

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mars Pathfinder
Mars Pathfinder.jpg
Mars Pathfinder antes do lanzamento, dentro do aeroescudo.
Tipo Científico
Organización NASA
Destino actual Fora de servizo na superficie marciana.[1][2][3]
Data de lanzamento 4 de decembro de 1996, 6:58 GMT[4][1][5][6]
Foguete portador Delta 7925[1][3]
Sitio de lanzamento Centro espacial de Cabo Cañaveral, rampa 17B[1][2]
Obxectivo da misión Estudo de Marte, demostrador tecnolóxico.[1][2]
NSSDC ID 1996-068A
Masa 463,0 kg[1]
Potencia 35,0 W[1]

Mars Pathfinder, coñecida previamente como MESUR Pathfinder (por Mars Pathfinder was formerly known as the Mars Environmental Survey Pathfinder) foi unha sonda espacial da NASA lanzada o 4 de decembro de 1996 mediante un foguete Delta 7925 desde o centro espacial de Cabo Cañaveral para estudar Marte e demostrar novas tecnoloxías para a exploración do planeta.[1][3][2]

Desenvolvemento da misión[editar | editar a fonte]

Mars Pathfinder foi lanzada o 4 de decembro de 1996 ás 6:58:00 UTC, chegando a Marte, exectando a etapa de cruceiro 30 minutos antes da entrada atmosférica e entrando na atmosfera, o 4 de xullo de 1997 a uns 7300 m/s, frenándose ata os 400 m/s en 160 segundos grazas ó seu aeroescudo e despregando o paracaídas de 12,5 m de diámetro xusto nese momento, freando a nave ata os 70 m/s. O aeroescudo foi soltado aos 20 segundos de ser despregado o paracaídas, coa nave liberando un cable de kevlar de 20 metros de lonxitude baixo ela. Uns 25 segundos despois a nave separouse do cobertor traseiro, unido ó paracaídas, e deslizouse polo cable ata o seu extremo. A unha altura de 1,6 km o radar altímetro detectou o solo e uns 10 segundos antes de aterrizar os catro airbags que debían protexer a nave infláronse en 0,3 segundos, formando unha bola protectora de 5,2 metros de diámetro. Catro segundos máis tarde, e a unha altura de 98 m, tres foguetes sólidos situados no cobertor traseiro acendéronse para ralentizar o descenso e uns dous segundos despois o cable foi cortado, a unha altura de 21,5 metros sobre a superficie: a nave, rodeada polos airbgas, tardou 3,8 segundos en chegar á superficie, ás 16:56:55 UTC, a unha velocidade de 14 m/s en vertical e 12 m/s en horizontal, rebotando inicialmente ata unha altura de 12 metros e rebotando outras 15 veces a alturas menores ata deterse uns 2,5 minutos despois do primeiro impacto e a 1 km de distancia. Tras aterrizar, os airbgas desinfláronse e retraéronse, descubrindo a nave, de forma tetrahédrica, que abreu tres dos seus pétalos para expoñer o seu contido, consistente no róver Sojourner e a estación máis tarde bautizada como Estación Memorial Carl Sagan. O primeiro sinal da nave, con datos de enxeñería e das medicións atmosféricas tomadas durante o descenso, recibíronse na Terra ás 18:34 UTC. A estación púxose a fotografar o seu contorno e despregou as rampas polas que debía descender o róver, que baixo á superficie o 6 de xullo ás 5:40 UTC.[1][3][2]

Mars Pathfinder descendeu en Ares Vallis, unha rexión de Marte que foi noutros tempos unha canle de desaugue natural. A estación e o róver funcionaron ata o 27 de setembro de 1997, en que cesaron as comunicacións coa sonda.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 1,8 1,9 "Mars Pathfinder" (en inglés). 1 de xullo de 2013. http://nssdc.gsfc.nasa.gov/nmc/spacecraftDisplay.do?id=1996-068A. Consultado o 14 de agosto de 2013.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 "Mars Pathfinder" (en inglés). 2011. http://astronautix.com/craft/marinder.htm. Consultado o 14 de agosto de 2013.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 "Mars Pathfinder (MPF, Discovery 1)" (en inglés). Gunter's Space Page. 2013. http://space.skyrocket.de/doc_sdat/mars_pathfinder.htm. Consultado o 14 de agosto de 2013.
  4. "MARS PATHFINDER" (en inglés). Real Time Satellite Tracking. 2011. http://www.n2yo.com/satellite/?s=24667. Consultado o 14 de agosto de 2013.
  5. (PDF) Note verbale dated 30 June 1997 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General. 31 de xullo de 1997. pp. 2. http://www.unoosa.org/oosa/download.do?file_uid=427.
  6. "Mars Pathfinder" (en inglés). 2010. http://claudelafleur.qc.ca/Spacecrafts-1996.html#MarsPathfinder. Consultado o 14 de agosto de 2013.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mars Pathfinder