Ray Bradbury

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRay Bradbury

(1975) Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(en) Ray Douglas Bradbury Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Raymond Douglas Bradbury Editar o valor em Wikidata
22 de agosto de 1920 Editar o valor em Wikidata
Waukegan, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte5 de xuño de 2012 Editar o valor em Wikidata (91 anos)
Os Ánxeles, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaWestwood Village Memorial Park Cemetery (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaWaukegan (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
RelixiónUnitário-Universalismo (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
EducaciónLos Angeles High School (en) Traducir (–1938) Editar o valor em Wikidata
Coñecido porFahrenheit 451
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1938 Editar o valor em Wikidata - 2012 Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoCiencia ficción, Fantasía, literatura de terror e ficção científica social (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Influencias
Pseudónimo literarioElliott, William Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeMarguerite Bradbury (pt) Traducir (1947–2003), morte do cónxuxe Editar o valor em Wikidata
FillosBettina F. Bradbury (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaiLeonard Spaulding Bradbury, Sr. (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Páxina webraybradbury.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0001969 Allocine: 52665 Allmovie: p7905
Bitraga: 1239 Musicbrainz: 6b9750c5-04c3-45b4-aef2-55b8c957a923 Discogs: 29785 WikiTree: Bradbury-980 Find a Grave: 20679865 Editar o valor em Wikidata

Ray Douglas Bradbury, nado en Waukegan (Illinois) o 22 de agosto de 1920 e finado o 6 de xuño de 2012[1], foi un escritor estadounidense de ciencia ficción e de misterio. Deuse a coñecer polos seus relatos breves de ciencia ficción, que deron lugar á colección de Crónicas marcianas publicadas en 1950. É coñecido sobre todo pola súa novela Fahrenheit 451 na que se describe un mundo no que os libros están prohibidos e o pensamento crítico é perseguido.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É fillo de nai sueca e pai americano. O seu avó e bisavó foran editores de xornais. Dende pequeno revelouse como un ávido lector e incipiente escritor. Os seus primeiros dous libros Dandelion Wine e Something Wicked This Way Comes representan a cidade de Waukegan como "unha vila verde" e son autobiográficos. A familia de Bradbury viviu en Tucson (Arizona) dende 1926 a 1927 e dende 1932 a 1933, retornando sempre a Waukegan. Finalmente trasladáronse aos Ánxeles (California) en 1934 cando tiña 13 anos.

Estudou ata bacharelato nesta cidade pero decidiu non ir á universidade. Para vivir tivo que dedicarse a vender periódicos, formándose a si mesmo nos lugares dos que sempre máis gustou, as bibliotecas. Influenciado polos heroes de ciencia ficción como Flash Gordon e Buck Rogers, Bradbury comezou a publicar contos de ciencia ficción en fancines en 1938. A escribir como medio de vida dedicouse dende 1942. O seu primeiro libro, a colección Dark Carnival, foi publicado en 1947. Casou con Marguerite McClure en 1947, e ten 4 fillas.

Obra[editar | editar a fonte]

Adaptacións cinematográficas[editar | editar a fonte]

Os filmes Chegou do espazo exterior (1953) de Jack Arnold, Fahrenheit 451(1966) de François Truffaut, e O ruído do trono (2005) de Peter Hyams están baseados nos textos homónimos de Ray Bradbury.

Notas[editar | editar a fonte]