James Randi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
James Randi

James Randi, nacido Randall James Hamilton Zwinge o 7 de agosto de 1928 en Toronto, Canadá e máis coñecido como "O Asombroso" Randi (The Amazing Randi), é un mago, escéptico, e declarado inimigo da parapsicoloxía. Se cadra mais coñecido polo seu famoso Desafío paranormal do millón de dólares, no que a Fundación Educativa James Randi dará ese premio a calquera capaz de demostrar calquera tipo de poderes paranormais, sobrenaturais ou ocultos baixo condicións de proba acordadas por ámbalas dúas partes.