Jodie Foster
| Jodie Foster | |
|---|---|
Foster en París no 2011 |
|
| Nacemento | Alicia Christian Foster 19 de novembro de 1962 (50 anos) Os Ánxeles, California, |
| Profesión | Actriz, produtora e directora |
| Ficha na IMDb | |
Alicia Christian Foster, coñecida como Jodie Foster, nada o 19 de novembro de 1962, é unha actriz e directora de cine estadounidense gañadora de dous Globo de Ouro e dous Oscar.
Índice |
Traxectoria [editar]
Foi ó exclusivo colexio "Liceo Francés de Los Angeles", e despois á Universidade de Yale, onde no ano 1985 se graduou magna cum laude en Literatura.
Mantén unha forte privacidade sobre toda a súa vida persoal a diferenza de moitos dos seus compañeiros de profesión. Rumoreouse durante anos nos medios de prensa acerca da súa probable orientación sexual como lesbiana, algo que ela nunca recoñeceu nin desmentiu. Actualmente, mantén unha relación sentimental coa produtora Cydney Bernard, a súa parella durante máis dunha década, a pesar de que Foster foi moi coidadosa en non falar do tema cos medios de comunicación. Ten dous fillos, Charles (1998) e Kit (2001). Foster nunca comentou ou revelado ningún dato acerca dos seus pais.
Foster é membro de Mensa, organización para persoas con elevado cociente intelectual. A actriz domina a lingua francesa, polo que xeralmente realiza a dobraxe das súas películas a devandito idioma.
En 1981, un home obsesionado polo papel interpretado por Foster no filme Taxi Driver, un fanático psicópata, executou un atentado errado contra a vida do Presidente Ronald Reagan o 30 de marzo de 1981.
Traxectoria profesional [editar]
Debutou ós dous anos de idade protagonizando un anuncio de televisión. Ós catro comezou a actuar en series de televisión. Á idade de 12 anos alcanzou o seu primeiro éxito cinematográfico en 1976 con Taxi Driver de Martin Scorsese, obtendo un nomeamento para os Oscar.
As intervencións de Foster nos filmes son notables, caracterizando a mulleres con pesadas cargas emocionais conferíndolle aos seus personaxes unha complexa matriz de emocións atopadas.
As súas interpretacións máis notables, entre outros títulos, son Le Sang des autres (C. Chabrol, 1983), The Accused (J. Kaplan, 1988), O silencio dos cordeiros (J. Demme, 1991), Shadows and Fog (Woody Allen, 1991), Sommersby (J. Amiel, 1992), Nell (de M. Apted, 1994), Contact (de Robert Zemeckis, 1997) e Anna and the King (A. Tennant, 1999).
Debutou como directora con Little Man Tate en 1991.
Filmografía [editar]
| Ano | Título | Papel | Notas |
|---|---|---|---|
| 1968–1970 | Mayberry, R.F.D. | 2 episodios | Serie de televisión |
| 1969 | The Doris Day Show | Jenny Benson | Serie de televisión, Tempada 1: "The Baby Sitter" |
| 1970 | Menace on the Mountain | Suellen McIver | Telefilme "The Wonderful World of Disney" |
| 1970 | Daniel Boone | Rachel | Serie de televisión, Tempada 6, episodio 24: "Bringing Up Josh" |
| 1970 | Adam 12 | Mary | Serie de televisión, tempada 3, episodio 6: "Log 55 Missing Girl" |
| 1972 | Bonanza | Bluebird | Serie de televisión, tempada 13, episodio 24: "A Place to Hide" |
| 1972 | My Sister Hank | Henrietta "Hank" Bennett | Telefilme |
| 1972 | Napoleon and Samantha | Samantha | |
| 1972 | Kansas City Bomber | Rita | |
| 1972 | The Amazing Chan and the Chan Clan | Anne Chan (voz) | Serie de televisión |
| 1973 | Rookie of the Year | Sharon Lee | Televisión |
| 1973 | Alexander, Alexander | Sue | Televisión |
| 1973 | Partridge Family | Julie | Serie de televisión |
| 1973 | Tom Sawyer | Rebecca Thatcher | |
| 1973 | Kung Fu | Alethea Patricia Ingram | Serie de televisión, tempada 1, episodio 11: "Alethea" |
| 1973 | One Little Indian | Martha McIver | |
| 1973 | The Addams Family | Pugsley (voz) | Serie de televisión |
| 1974 | Alice Doesn't Live Here Anymore | Audrey | |
| 1974 | Smile, Jenny, You're Dead | Liberty Cole | Televisión |
| 1974 | Paper Moon | Addie Loggins | Serie de televisión |
| 1975 | The Secret Life of T.K. Dearing | T.K. Dearing | Televisión |
| 1976 | Taxi Driver | Iris Steensma | |
| 1976 | Echoes of a Summer | Deirdre Striden | |
| 1976 | Bugsy Malone | Tallulah | |
| 1976 | The Little Girl Who Lives Down the Lane | Rynn Jacobs | |
| 1976 | Freaky Friday | Annabel Andrews | |
| 1977 | Moi, fleur bleue | Isabelle Tristan | |
| 1977 | Beach House | Teresina Fedeli | |
| 1977 | Candleshoe | Casey Brown | |
| 1980 | Foxes | Jeanie | |
| 1980 | Carny | Donna | |
| 1982 | O'Hara's Wife | Barbara O'Hara | |
| 1983 | Svengali | Zoe Alexander | |
| 1984 | The Hotel New Hampshire | Frannie Berry | |
| 1984 | The Blood of Others | Hélène Bertrand | |
| 1986 | Mesmerized | Victoria Thompson | |
| 1987 | Five Corners | Linda | |
| 1987 | Siesta | Nancy | |
| 1988 | Stealing Home | Katie Chandler | |
| 1988 | The Accused | Sarah Tobias | |
| 1990 | Catchfire | Anne Benton | |
| 1991 | O silencio dos cordeiros | Clarice Starling | |
| 1991 | Little Man Tate | Dede Tate | |
| 1992 | Shadows and Fog | Prostituta | |
| 1993 | Sommersby | Laurel Sommersby | |
| 1994 | Maverick | Mrs. Annabelle Bransford | |
| 1994 | Nell | Nell Kellty | |
| 1997 | The X-Files | Betty (voz) | Serie de televisión, episodio "Never Again" |
| 1997 | Contact | Dr. Eleanor Arroway | |
| 1998 | The Uttmost | Ela mesma | Documental |
| 1998 | Psycho | Muller | |
| 1999 | Anna and the King | Anna Leonowens | |
| 2002 | The Dangerous Lives of Altar Boys | Irmá Assumpta | |
| 2002 | Panic Room | Meg Altman | |
| 2002 | Tusker | Minnie | |
| 2003 | Abby Singer | Ela mesma | |
| 2004 | A Very Long Engagement | Elodie Gordes | |
| 2005 | Flightplan | Kyle Pratt | |
| 2005 | Statler and Waldorf: From the Balcony | Ela mesma | Episodio 8 |
| 2006 | Inside Man | Madeline White | |
| 2007 | A estraña que hai en ti | Erica Bain | |
| 2008 | Nim's Island | Alexandra Rover | |
| 2009 | The Simpsons | Maggie Simpson (voz) | Serie de televisión, episodio: "Four Great Women and a Manicure" |
| 2011 | The Beaver | Meredith Black | Tamén directora |
| 2011 | Carnage | Penelope Longstreet | |
| 2013 | Elysium | Nancy Lloyd |
Premios e nomeamentos [editar]
Oscars [editar]
| Ano | Categoría | Película | Resultado |
|---|---|---|---|
| 1994 | Oscar á mellor actriz | Nell | Candidata |
| 1991 | Oscar á mellor actriz | The Silence of the Lambs | Gañadora |
| 1988 | Oscar á mellor actriz | Acusados | Gañadora |
| 1976 | Oscar á mellor actriz de repartición | Taxi driver | Candidata |
Globos de Ouro [editar]
| Ano | Categoría | Película | Resultado |
|---|---|---|---|
| 1999 | Globo de Ouro á mellor actriz - Drama | Contact | Candidata |
| 1995 | Globo de Ouro á mellor película - Drama | Nell | Candidata |
| 1995 | Globo de Ouro á mellor actriz - Drama | Nell | Candidata |
| 1992 | Globo de Ouro á mellor actriz - Drama | The Silence of the Lambs | Gañadora |
| 1989 | Globo de Ouro á mellor actriz - Drama | Acusados | Gañadora |
| 1977 | Globo de Ouro á mellor actriz - Comedia ou musical | ¡Que desenfreo de filla! | Candidata |
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Ficha na IMDb (en inglés)