Astureses, Boborás

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Astureses
Igrexa de San Xulián de Astureses.jpg
Igrexa parroquial
Concello Boborás
Área - km²
Poboación (Ano ) hab.
Densidade - hab./km²
Entidades de poboación 8

San Xulián de Astureses é unha parroquia do concello ourensán de Boborás.

Índice

[editar] Xeografía

A parroquia limita coas parroquias de Corneda (O Irixo), Madarnás e Longoseiros (O Carballiño), Moldes e Xuvencos (Boborás).

A parroquia está cruzada polo oeste, de norte a sur, polo río Pedriña, un afluente do Arenteiro, e ten ao longo do seu recorrido varios muíños que hoxe en día é difícil visitar, aínda que en Fondo de Vila existe un muíño totalmente funcional.

Está formada por varios núcleos poboacionais. O núcleo de Batallás está formado polos lugares de Batallás de Abaixo, Batallás do Medio e Batallás de Arriba, este pertencente ao Carballiño.

A parroquia pertence ao concello de Boborás, malia estar a 10 km. da vila e a tan só 2 da vila de Carballiño.

[editar] Economía

O Carballiño, Ourense e outros concellos son o sostén da poboación activa deste pobo pois no concello apenas hai empresas. A maioría da xente nova tivo que irse e buscar traballo fóra. En Astureses existe un rango de poboación nova moi alto de funcionarios que traballan fóra, outros tiveron que irse, e outros terán que seguirlles o camiño. Os empregados traballando en empresas dentro do concello de Boborás son mínimos.

Pola contra a poboación xubilada, procedente das xeracións do 30-35 e 40 son hoxe no 2008 os habitantes do pobo, unhas xeracións unidas que estiveron traballando fóra e que agora volven estar xuntas repousando merecidamente do traballo de toda unha vida.

[editar] Patrimonio histórico

A igrexa de San Xulián de Astureses está situada en Outeiro e para chegar a ela pódese tanto ir por Fondo de Vila como pola Penela.

Na ermida da Saleta celébrase unha romaría anual. Está rodeada por unha carballeira, e antigamente celebrábase unha competición automobilística de rallys, coñecida como Subida á Saleta.

[editar] Festas

As tres festas principais son o San Bertolameu (24 de agosto), a Romaría da Saleta (19 de setembro), e o San Xulián, patrón da parroquia, que se celebra o 7 de xaneiro. As dúas primeiras son máis concorridas debido ás datas de verán e a que a festa patronal coincide co remate do Nadal.

[editar] Lugares e parroquias

[editar] Lugares de Astureses

Lugares da parroquia de Astureses no concello ourensán de Boborás

Astureses | Batallás | Cibreiro | Eixán | Fondo de Vila | O Outeiro | A Penela | Xoane

[editar] Parroquias de Boborás

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Boborás

Albarellos (San Miguel) | Astureses (San Xulián) | Brués (San Fiz) | Cameixa (San Martiño) | Cardelle (San Silvestre) | Feás (Santo Antón) | Laxas (San Xoán) | Moldes (San Mamede) | Moreiras (Santa Mariña) | Pazos de Arenteiro (San Salvador) | O Regueiro (San Pedro) | Xendive (San Mamede) | Xurenzás (San Pedro) | Xuvencos (Santa María)

[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas