Georgian Airways

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Georgian Airways
ჯორჯიან ეარვეისი
IATA
A9
OACI
TGZ
Indicativo
TAMAZI
Fundaciónsetembro de 1993 (como Airzena)
Aeroporto principalaeroporto de Tbilisi
Frota9
Destinos22
Páxina web: https://www.georgian-airways.com

Georgian Airways (xeorxiano: ჯორჯიან ეარვეისი), anterormente Airzena, é a aeroliña nacional de Xeorxia. A compañía ten a súa sede en Tbilisi[1] e a súa base principal atópase no aeroporto de Tbilisi.[2]

Historia[editar | editar a fonte]

Airzena fundouse no mes de setembro de 1993 e no ano 1999 Airzena converteuse na aeroliña de bandeira de Xeorxia. En agosto de 2004 a compañía cambiou o seu nome para Georgian Airways.[2]

Na primeira metade da década dos 2000 a dirección a aeroliña decidiu modernizar a frota e alugou dous Boeing 737-500 a Hapag-Lloyd. Este foi o primeiro caso dunha aeroliña xeorxiana operando equipamento occidental moderno. Dende entón Georgian Airways non deixou de desenvolver e modernizar a súa frota.[2]

Frota[editar | editar a fonte]

Boeing 737-500

En xaneiro de 2018 a frota de Georgian Airways estaba formada polos seguintes avións:[3]

Frota de Georgian Airways
Avión En servizo Pedidos Pasaxeiros Notas
J Y Total
Boeing 737-700 3 2 12 120 132
Bombardier CRJ200LR 2 6 44 50
Embraer 190 3 9 88 97
Bombardier Challenger 850 1 VIP Para uso VIP e do goberno.
Total 9 2

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Georgian Airways (ed.). "Contact". Arquivado dende o orixinal o 01 de febreiro de 2020. Consultado o 3 de xuño de 2018. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Georgian Airways (ed.). "Company history". Arquivado dende o orixinal o 20 de xullo de 2017. Consultado o 3 de xuño de 2018. 
  3. Planespotters (ed.). "Airzena Georgian Airways Fleet Details and History". Consultado o 3 de xuño de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]