Turkish Airlines

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Turkish Airlines
Türk Hava Yollari
Turkish.b737-800.tc-jgf.arp.jpg
IATA
TK
OACI
THY
Indicativo
TURKISH
Fundación 1933
Aeroporto principal Aeroporto Internacional Atatürk, Estambul, Turquía Turquía
Plan de voo frecuente Miles & Smiles
Alianza Star Alliance
Subsidiarias Anadolujet
SunExpress
B&H Airlines
Cyprus Turkish Airlines
Frota 200(+66 en espera)
Destinos 260 (39 nacionais, 97 internacionais)
Dirixentes Candan Karlitekin (Director),
Temel Kotil (Conselleiro Delegado)
Páxina web: http://www.thy.com/

THY - Turkish Airlines, Inc. (en turco Türk Hava Yolları Anonim Ortaklığı) (THY) é a aeroliña nacional de Turquía con base na cidade de Estambul. Opera unha rede de vós regulares a 140 cidades internacionais e 35 en Turquía, operando nun total de 155 aeroportos, en Europa, Asia, África e América. O principal aeroporto da compañía é o Aeroporto Internacional Atatürk (IST), e ten centros de operacións nos aeroportos de Esenboga (ESB), e no de Sabiha Gökçen (SAW).

Entre 2006 e 2008 a aeroliña transportou 61,7 millóns de pasaxeiros cuns ingresos totais de 9370 millóns de dólares. [1] Conta con 12000 empregados. Desde o 1 de abril de 2008 é membro da Star Alliance.

Dende o día 21 de maio de 2013 a aeroliña voa ao aeroporto de Santiago de Compostela. Trátase dunha conexión que se realiza tres días á semana entre a capital galega e a cidade de Estambul[2].

Frota[editar | editar a fonte]

Turkish Airlines Sede Corporativa
Terceiro voo de Turkish a Galiza aterrando en Santiago de Compostela
Un avión de Turkish Airlines co logotipo de Star antes de que se unira formalmente á Alianza.

A frota de Turkish Airlines constaba en 186 avións en novembro de 2012:[3][4]

Frota de Turkish Airlines
Avión En servizo Ordes Opcións Butacas Notas
F C Y+ Y Total
Airbus A319-100 14 124 124
Airbus A320-200 27 159 159
Airbus A321-200 31 10 10 176 186
Airbus A330-200 8 22 228 250
Airbus A330-300 10 15 28 261 281 Novas entregas entre 2014 e 2016
Airbus A340-300 6 34 237 271 TC-JDL nas cores de Star Alliance
Boeing 737-400 3 150 150 Serán substituidos polos B737 Next Generation
Boeing 737-700 14 149 149
Boeing 737-800 59 16 20 145 167 TC-JFH e TC-JFI coa librea de Star Alliance
TC-JGY coa librea do FC Barcelona
TC-JFV coa librea do Manchester United
Boeing 737-900ER 9 6 16 135 151
Boeing 777-300ER 12 15 28 63 246 337 Novas entregas entre 2014 - 2017
Frota de Turkish Airlines Cargo
Airbus A310-300F 3 0 0 Carga
Airbus A330-200F 3 2 0 Carga
Total 200 64 0
  • A media de idade da frota de Turkish é de 3,9 anos.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Turkish Airlines