Viladecans

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Viladecans
Escut de Viladecans.svg Flag of Viladecans.svg
Situación xeográfica
Localització de Viladecans respecte del Baix Llobregat.svg
Estado: España España
Comunidade autónoma: Cataluña Cataluña
Provincia: Barcelona
Comarca: Baix Llobregat
Xeografía
Altitude: 18 msnm
Superficie: 20,39 km²
Poboación
Poboación total: 64.077 hab.
Densidade de poboación: 3.142,57 hab/km²
Xentilicio: Viladecanenc, viladecanenca
Información
Código postal: 08840
Alcalde: Carles Ruiz Novella (PSC)
Sitio na web: www.viladecans.cat
Rambla

Viladecans é un municipio e cidade española da comarca do Baix Llobregat, na provincia de Barcelona (Cataluña). Atópase no área metropolitana de Barcelona.

É unha cidade que experimentou un crecemento demográfico moi importante nos últimos anos debido á súa proximidade a Barcelona, o que deu lugar a que no século XXI superáronse os 60.000 habitantes.

Índice

Historia [editar]

O topónimo "Viladecans" é difícil de datar. Cara ao ano 1000 refírese a existencia dun lugar chamado "canis vallis" que parece coincidir co que máis tarde se denominará a "Vila de Canibus", dependente eclesiásticamente de Sant Climent de Llobregat, e que posteriormente se chamará "Lugar de Sant Joan de Viladecans". No ano 1010 estas terras eran propiedade do Mosteiro de Sant Cugat del Vallès.

Demografía [editar]

Evolución demográfica
1900 1930 1950 1970 1981 2000 2008
1.194 2.990 4.294 24.483 43.222 56.112 64.077

Comunicacións [editar]

Viladecans historicamente sempre foi deficitaria en medios de transporte, ultimamente estase mellorando neste aspecto. A primeira mellora realizouse na década dos noventa coa construción dunha estación de Renfe, nas proximidades da cidade. Paulatinamente foise mellorando a rede de autobuses interurbanos que conectan as poboacións próximas exceptuando o aeroporto e a cidade de El Prat de Llobregat. Ademais creouse unha rede de autobuses urbanos para facilitar a mobilidade interna da cidadanía.

Lugares de interese [editar]

A pesar de ser unha cidade nova nalgúns sentidos, Viladecans conserva un gran patrimonio histórico-artístico:

  • a Casa da Vila: da familia Modolell, edificio modernista de estilo neogótico de 1892.
  • a Torre del Baró: mansión de señores feudais do século XII.
  • a Torre Roja: mansión feudal fortificada con torre medieval do século XIII.
  • Edificios relixiosos: Ermida de Sales (anterior ao século X), Igrexa de Santa María de Sales e Parroquia de San Juan.

Cidadáns ilustres [editar]

Galería de imaxes [editar]

Véxase tamén [editar]

Outros artigos [editar]

Ligazóns externas [editar]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: