Aerolíneas Argentinas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Airbus A340-200 de Aerolíneas Argentinas

Aerolíneas Argentinas S.A. é a aeroliña máis grande de Arxentina é actúa como a aeroliña nacional dese país. Na súa maioría é propiedade do goberno arxentino e ten a súa sede na Torre Bouchard, localizada en San Nicolás, Bos Aires. Aerolíneas Argentinas Cargo, a aeroliña rexional Austral Líneas Aéreas, a compañía de servizos aeroportuarios Aerohandling, a división de carga JetPaq S.A. e o operador turístico Optar S.A. son subsidiarias de Aerolíneas Argentinas.

A aeroliña e as súas subsidiarias operan dende dous centros de actividade, localizados en Bos Aires. Os voos domesticos concéntranse no Aeroparque Jorge Newbery, e os servizos internacionais lévanse a cabo dende o Aeroporto Internacional Ministro Pistarini, aínda que tamén se realizan dende aí algúns servizos rexionais. A compañía proporciona transporte gratuíto aos pasaxeiros que teñen que cambiar dun aeroporto ao outro.

[editar] Frota

Frota de Aerolíneas Argentinas
Avión Total Pasaxeiros Notas
Airbus A340-200 4 249
Airbus A340-300 7 280 - 290
Boeing 737-500 14 108
Boeing 737-700 15
(7 pedidos)
128
Boeing 737-800 2
(5 pedidos)
170
McDonnell Douglas MD-83 1 Serán retirados o 1 de abril do 2012
McDonnell Douglas MD-88 2 Serán retirados o 1 de abril do 2012
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas