KLM
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fokker 70 de KLM
KLM é o acrónimo de Koninklijke Luchtvaart Maatschappij (literamente do holandés Compañía Real de Aviación) para a aerolíña nacional dos Países Baixos. É parte da empresa Air France-KLM dende maio do ano 2004 e está establecida no aeroporto de Schiphol, preto de Amsterdam. KLM fai operacións nuns 90 destinos de todo o mundo, tanto de pasaxeiros coma de carga. Pertence á alianza de aeroliñas SkyTeam Alliance. Fundada no ano 1919, trátase da aeroliña máis antiga do mundo que aínda opera baixo o seu nome orixinal.
[editar] Frota
Frota de KLM no mes de xuño do 2010.
| Avión | Total | Pasaxeiros | Notas |
|---|---|---|---|
| Airbus A330-200 | 10 (2 pedidos) |
243 | |
| Boeing 737-300 | 7 | 127 | |
| Boeing 737-400 | 9 | 147 | |
| Boeing 737-700 | 7 (11 pedidos) |
129 | |
| Boeing 737-800 | 21 (2 pedidos) |
171 | |
| Boeing 737-900 | 5 | 189 | |
| Boeing 747-400 | 6 | 415 | |
| Boeing 747-400M | 16 | 275 | |
| Boeing 777-200ER | 15 | 318 | |
| Boeing 777-300ER | 4 (3 pedidos) |
425 | |
| McDonnell Douglas MD-11 | 10 | 285 |