Airbus A319

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Airbus A319
Aeroflot A319 VP-BWA in SXF.jpg
A319 de Aeroflot
Tipo Pasaxeiros
Fabricante Airbus
Primeiro voo 25 de agosto de 1995
Introducido abril de 1996
Estado en servizo
Construídos 990

O Airbus A319 é un avión civil de pasaxeiros de Airbus, o consorcio europeo de fabricación de aeronaves.

É un modelo acurtado derivado do A320 con cambios mínimos. Debido a que ten os mesmos depósitos de combustible, pero menos pasaxeiros (124 en configuración de 2 clases), o seu alcance vese aumentado ata os 7.200 km, o maior da súa clase. Igual que o A320, posúe mandos de control fly-by-wire. Usa tamén os mesmos motores que o A320, e foi certificado en 1996, o mesmo ano en que entrou en servizo coa aeroliña Swissair.

No ano 2003 a aeroliña easyJet mercou A319 sen cociñas polo que a capacidade aumentou ata os 156 pasaxeiros nunha clase, pero para satisfacer as normas de evacuación engadíronselle portas de emerxencia adicionais sobre as ás. A aeroliña convertiríase posteriormente no maior operador deste modelo, con 136 unidades na actualidade.

Variantes[editar | editar a fonte]

A319CJ[editar | editar a fonte]

Interior dun A319CJ

Trátase dunha versión executiva do A319 e tamén é coñecido como ACJ (Airbus Corporate Jet). Ten depósitos adicionais de combustible instalados na bodega de carga, o que aumenta a súa autonomía ata os 12.000 quilómetros. Pode levar ata 39 pasaxeiros e os seus clientes poden encargalo con case calquera configuración. Compite con otros jets executivos como o Gulfstream V, o Boeing BBJ ou o Bombardier Global Express. Leva os mesmos motores que o A320.

É o avión de uso oficial do Presidente de Francia, o Presidente de Brasil, e dende o ano 2002 un Airbus A-319CJ presta servicios na frota presidencial da República Bolivariana de Venezuela.

A319LR[editar | editar a fonte]

É unha versión executiva dunha única clase con 48 prazas, especialmente deseñada para servizos intercontinentais. Ten unha autonomía de voo de 8.300 quilómetros. É usado unicamente por Lufthansa para voos especiais a Estados Unidos e por Qatar Airways para algúns destinos con demanda limitada en Europa.

A319 MPA[editar | editar a fonte]

É unha versión militar derivada do Airbus A319, para uso como avión de patrulla marítima. Na actualidade está en desenvolvimento por parte de Airbus Military para competir fronte ao Boeing P-8 Poseidon, avión derivado do Boeing 737.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Airbus A319