British Airways

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Waterside.
Concorde de British Airways no aeroporto de Heathrow.

British Airways é a aeroliña máis grande do Reino Unido e de Europa. É, polo tanto, unha das maiores do mundo, co maior número de voos entre Europa e Norteamérica. Formouse no ano 1974 como resultado da fusión entre a aeroliña estatal British Overseas Airways Corporation (BOAC) e a British European Airways (BEA). Ten a súa sede en Waterside, preto do seu principal centro de operacións no aeroporto de Heathrow.

Despois de case trinta anos como compañçia estatal, foi vendida en febreiro de 1987 como parte dun plan de privatización do goberno conservador. A aeroliña expandíuse ao pouco tempo coa adquisición de British Caledonian en 1987 e Dan-Air en 1992.

O 12 de novembro do 2009 British Airways confirmou que acadara un acordo preeliminar para fusionarse con Iberia. A fusión entre as dúas compañía crearía a terceira maior aeroliña do mundo en termos de ingresos anuais, sendo tamén o segundo maior grupo de Europa. A fusión confirmouse o 8 de abril do 2010, e o 14 de xullo a Comisión Europea aprobou a unión segundo a lei de competencia, permitindo tamén que American Airlines co-operase coa nova entidade en rutas transatlánticas cara os Estados Unidos. A fusión entre British Airways e Iberia completouse o 21 de xaneiro do 2011, creando formalmente o International Airlines Group, IAG.

[editar] Frota

Frota de British Airways
Avión Total
Airbus A318-100 2
Airbus A319-100 33
Airbus A320-200 41
Airbus A321-200 11
Airbus A380-800 12 pedidos
Boeing 737-400 19
Boeing 747-400 61
Boeing 767-300ER 21
Boeing 777-200 3
Boeing 777-200ER 43
Boeing 777-300ER 4
(4 pedidos)
Boeing 787-8 8 pedidos
Boeing 787-9 16 pedidos

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas