Pan American World Airways

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pan American World Airways
Pan Am Boeing 747-100 Manteufel.jpg
IATA
PA
OACI
PAA
Indicativo
CLIPPER
Fundación 14 de marzo de 1927 (como Pan American Airways (PAA))
Inicio das operacións 19 de outubro de 1927
Fin das operacións 4 de decembro de 1991
Plan de voo frecuente WorldPass
Subsidiarias Pan Am Express (1987-1991)
Holding Pan Am Corporation

Pan American World Airways, comunmente coñecida como Pan Am, foi a principal e máis grande aeroliña internacional dos Estados Unidos dende 1927 ata o seu colapso o 4 de decembro de 1991. Fundada en 1927 como un servizo regular de correo e pasaxeiros operando entre Key West, Florida e A Habana, a compañía converteuse nunha importante empresa grazas a importantes innovacións que deron forma á industria aeronáutica internacional, como o uso xeralizado dos reactores e os sistemas computerizados de reservas. Tamén foi membro fundador da Asociación de Transporte Aéreo Internacional (IATA), a asociación mundial da industria aérea. Identificada polo seu logo do globo azul, o uso da palabra "Clipper" nos nomes dos avións e nos seus inicativos, e as grras brancas dos seus pilotos, a aeroliña foi unha icona cultural do século XX. Nunha época dominada polas aeroliñas nacionais que eran propiedade, ou case, dos gobernos, foi tamén a aeroliña nacional non oficial dos Estados Unidos. Durante a meirande parte da era dos reactores, a principal terminal da Pan Am foi a Worldport situada no aeroporto internacional John F. Kennedy en Nova York.