Lockheed Constellation

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lockheed Constellation
C-69.jpg
Un C-69, a versión militar do Constellation
Tipo Pasaxeiros
Fabricante Lockheed
Primeiro voo 9 de xaneiro de 1943
Introducido 1943 coa USAAF
1945 coa TWA
Construídos 856

O Lockheed Constellation foi un avión de pasaxeiros estadounidense moi popular durante os anos 50. Realizou o seu primeiro vóo o 9 de xaneiro de 1943 como transporte militar baixo a denominación C-69, ao ser requisados os primeiros avións fabricados polos militares debido á Segunda Guerra Mundial.

Deseño[editar | editar a fonte]

O Constellation foi deseñado polo enxeñeiro de Lockheed Kelly Johnson, aínda que estaba baseado nun deseño semellante mercado ao construtor británico Fairey. A Lockheed construíuno segundo especificacións da aeroliña TWA, que nese tempo era propiedade do famoso Howard Hughes.

A Segunda Guerra Mundial comezou para os Estados Unidos antes de que o prototipo fixese o seu primeiro voo, e os primeiros aparatos en saír da factoría foron requisados e entregados á USAAF, que usounos coa denominación C-69. O primeiro prototipo seguiu lucindo as cores da TWA con motivos publicitarios, a pesares de pertencer aos militares, e foi usado por Hughes para bater unha marca de vóo transcontinental en 1944.

A súa primeira versión civil, o L-049 Constellation, entrou en servizo en 1946, despois de rematada a guerra, coas aeroliñas estadounidenses TWA, que financiou grande parte do seu desenvolvimento, e Pan Am, a cal realizou os primeiros servizos trasatlánticos co Constellation. Este modelo inicial tiña unha capacidade de entre 43 e 60 pasaxeiros. Versións posteriores, o L-649 e o L-749, tiveron unha capacidade de pasaxe, unha potencia e unha autonomía maiores, e a partir delas desenvolveuse o L-1049 Super Constellation.

O Super Constellation tiña unha fuselaxe máis longa e o seu prototipo (o mesmo prototipo do C-69 transformado) realizou o seu primeiro vóo o 13 de outubro de 1950. Entrou en servizo en 1951 coa aeroliña Easter Airlines. Desta variante tamén foron surxindo novas versións entre as que destacaron a L-1049G Super G con novos motores e tanques de combustible nas puntas das ás; a L-1049H que podía facer a función de cargueiro ou transporte de pasaxeiros cunha capacidade de ata 109 prazas; e o último desenvolvemento do Constellation, o L-1649A Starliner, que foi posto en vóo en 1956 e tiña un novo deseño das ás, unha maior lonxitude e máis capacidade de combustible, o que lle permitía facer vóos trasatlánticos sen escalas.

O Constellation tivo tamén varias versións militares. Á parte do C-69 inicial a Forza Aérea dos Estados Unidos pedíu en 1948 dez L-749 aos que chamou C-121A e VC-121B. Os pedidos posterires, que tamén foron denomnados C-121, foron todos Super Constellation normais. A Armada dese país tivo tamén Super Constellation, que foron usados como transportes (algúns deles fixeron tamén tarefas meteorolóxicas) e como alerta temprana aerotransportada, estes últimos bautizados como Warning Star.

Especificacións[editar | editar a fonte]

Lockheed Super Constellation L-1049A.svg
  • Tipo: Lockheed L-1049G Super Constellation
  • Planta motriz: catro Wright R-3350-DA3 Turbo Compound
  • Envergadura: 38,47 m
  • Lonxitude: 35,42 m
  • Altura: 7,54 m
  • Superficie alar: 153,7 m2
  • Peso baleiro: 36.150 Kg
  • Velocidade máxima: 610 Km/h
  • Teito de servizo: 7.620 m
  • Alcance: 8.700 Km