Monfero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Monferés»)
Modelo:Xeografía políticaMonfero
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 43°19′36″N 8°02′58″O / 43.3268, -8.0494Coordenadas: 43°19′36″N 8°02′58″O / 43.3268, -8.0494
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia da Coruña Editar o valor em Wikidata
CapitalRebordelo Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación1.838 (2023) Editar o valor em Wikidata (10,66 hab./km²)
XentilicioMonferés Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie172,43 km² Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor em WikidataAndrés Feal Varela (2015–) Editar o valor em Wikidata
Eleccións municipais en Monfero Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal15619/15617 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE15050 Editar o valor em Wikidata

Monfero é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca do Eume. Segundo o IGE en 2017 tiña 1.985 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «monferés».

A maior parte do parque natural das Fragas do Eume está en Monfero, na súa franxa norte.

Demografía[editar | editar a fonte]

Censo total 2017 1.985 habitantes
Menores de 15 anos 144 (7.25 %)
Entre 15 e 64 anos 1.151 (57.98 %)
Maiores de 65 anos 690 (34.76 %)
Evolución da poboación de Monfero   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
5.715 6.473 6.530 3.587 2.490 2.239 2.178 2.129 2.109 2.089 2.037 2.019 1.985
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía[editar | editar a fonte]

Monfero ten 173,28 km², e abrangue sete parroquias. A casa consistorial está no lugar de Rebordelo, na parroquia de San Fiz de Monfero. Está no leste da provincia da Coruña, por onde limita cos concellos lugueses de Xermade e Guitiriz; ao norte limita coas Pontes de García Rodríguez, A Capela e Cabanas; ao sur con Irixoa e Aranga; e ao oeste con Vilarmaior e Pontedeume.

Está atravesado pola estrada AC-151 (que o une coa A-6), a C-640 que vai de Betanzos a Viveiro, e a AC-144, que vai cara a Pontedeume. Está a 45 km da Coruña e a 80 de Santiago de Compostela.

A Serra da Loba é a rexión montañosa máis destacada, destacando no centro do concello o Monte da Pendella (712 m). O río Eume fai de fronteira polo norte, e a el van dar os afluentes do Frai Bermuz e San Bartolomeu. No oeste están amais os ríos Lambre e Lambruxo.

Unha parte das Fragas do Eume, declaradas parque natural en 1997, áchanse dentro do territorio de Monfero.

Historia[editar | editar a fonte]

Hai restos de presenza humana na prehistoria, como as mámoas na Pena do Moncouso. Amais, hai varios topónimos que denotan presenza castrexa.

Na Idade Media a zona era xurisdición do mosteiro cisterciense, xa reflectida en documentos de 1135.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

O mosteiro de Monfero pertenceu á Orde do Císter, e ten as súas orixes cara ao século X. Está recoñecido como un ben de interese cultural.

Consérvanse varias pontes do século XV, todas dun só arco: a ponte do Dez sobre o río Frai Bermuz, a ponte de San Paio sobre o Lambre (co concello de Irixoa á outra beira) e outra sobre o río Lambruxo, entre os lugares das Travesas e Vilarboi.

Amais das igrexas parroquiais, hai varias pequenas ermidas, como a da Ascensión en Boicornello (Val de Xestoso), as de Santo André da Ribeira e Lagares (San Fiz de Monfero), e a de San Bartolomeu na Ermida (Queixeiro).

Hai 5 casas de turismo rural: Casa de Graña da Acea, Casa Don Bernardo, Casa Lourán, Casa Piñeiro e Rodeo da Casa.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Galería de imaxes de Monfero.

Parroquias[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Monfero

O Alto de Xestoso (Santa María) | Queixeiro (San Xurxo) | San Fiz de Monfero (San Fiz) | Santa Xiá de Monfero (Santa Xiá) | Taboada (Santa Mariña) | O Val de Xestoso (San Pedro) | Vilachá (Santa María)

Lugares de Monfero[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Monfero vexa: Lugares de Monfero.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.