O leopardo das neves (Panthera uncia), tamén coñecido como onza,[1] é un gran félido nativo das áreas montañosas de Asia Central e Meridional. Está considerada unha especie ameazada segundo a Lista Vermella da IUCN xa que, no ano 2003, o tamaño da súa poboación en liberdade estimouse entre 4080 e 6590 adultos. Menos de 2500 individuos reprodutores poderían estar en liberdade.[2]
No 2016, estimouse que a súa poboación podería roldar entre os 4080 e os 8700 individuos.[3]
Os leopardos das neves habitan nas zonas alpinas e subalpinas entre os 3000 e os 4500m. Nos países máis setentrionais nos que habita, tamén está presente a menores alturas[4]
Taxonomicamente, o leopardo das neves foi clasificado como Uncia uncia dende comezos da década de 1930. Baseado en estudos xenéticas, a especie está considerado como membro do xéneroPanthera dende o 2008.[5] Existen dúas subespecies, pero as diferenzas xenéticas aínda non foron estabelecidas.[6]
No ano 2024, a ONU acordou dedicar o 23 de outubro a celebrar o Día Internacional do Leopardo das Neves, co obxectivo de fortalecer a cooperación internacional na conservación da especie e do seu hábitat.[7][8]
↑Nyhus, P.; McCarthy, T.; Mallon, D. (2016). Academic Press, ed. Snow Leopards. Biodiversity of the World: Conservation from Genes to Landscapes. Londres, Oxford, Boston, Nova York, San Diego.
↑T. M. (2003). International Snow Leopard Trust and Snow Leopard Network, ed. Snow Leopard Survival Strategy. Seattle, USA.
↑Janecka, J. E.; Jackson, R.; Zhang, Y.; Diqiang Li, Munkhtsog; Buckley-Beason, V.; Murphy, W. J. (2008). "Population Monitoring of Snow Leopards Using Noninvasive Genetics". Cat News48: 7–10.