Combinada nórdica nos Xogos Olímpicos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Logo olímpico da combinada nórdica.

A combinada nórdica é un deporte que forma parte do programa olímpico oficial dos Xogos Olímpicos de Inverno dende a primeira edición. Dende entón estivo presente en todas as edicións dos Xogos Olímpicos.

Disputada soamente en categoría masculina, a competición comezou coa realización dunha proba de combinada nórdica de 18 quilómetros de esquí de fondo e dun salto de esquí posterior. A partir da edición de 1952 realizados en Oslo (Noruega) a proba de salto de esquís realízase primeiro e posteriormente a de esquí de fondo. Nos Xogos Olímpicos de Inverno de 1956 realizados en Cortina d'Ampezzo (Italia) a proba de esquí de fondo reduciuse até os 15 quilómetros.

A técnica de salto sufriu modificacións ao longo do tempo, e comezou co método Daescher, que foi abandonado nos Xogos Olímpicos de Inverno de 1988 en Calgary (no Canadá) en troques do actual estilo en V. Así mesmo, a técnica do esquí de fondo mantívose coa modalidade de estilo clásico até aqueles Xogos, pasando a disputarse as probas en estilo libre. A proba por equipos incorporouse en 1988 e a proba de 10 quilómetros con salto longo introduciuse nos Xogos Olímpicos de Inverno de 2002 realizados en Salt Lake City (nos Estados Unidos).

Os grandes dominadores deste deporte son Noruega, Finlandia, Alemaña e Austria.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]