Patinaxe de velocidade nos Xogos Olímpicos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Logo olímpico da patinaxe de velocidade.

A patinaxe de velocidade é un deporte que forma parte do programa olímpico oficial dende os primeiros Xogos Olímpicos de Inverno, celebrados en 1924, celebrados en Chamonix, Francia. A inclusión deste deporte fíxose soamente en categoría masculina, xa que a competición feminina non se incorporou até os Xogos Olímpicos de Inverno de 1960 realizados en Squaw Valley (Estados Unidos), se ben na edición de 1932 realizada en Lake Placid (Estados Unidos) xa se realizaran diversas probas de demostración.

Os grandes dominadores deste deporte son os Países Baixos, os Estados Unidos e Noruega.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Kluge, Volker. Olympische Winterspiele: Die Chronik - Chamonix 1924 - Lillehammer 1994. Berlín, Alemaña: Sportverlag, 2ª edición revisada e actualizada, 1994. ISBN 3-328-00631-1

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]