Orlando (novela)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Orlando
Portadaorlando.jpg
Cuberta da primeira edición.
Título orixinalOrlando: A Biography
Autor/aVirginia Woolf
OrixeReino Unido
LinguaInglés
Xénero(s)Novela
EditorialFlag of the United Kingdom.svg Hogarth Press
Galicia Irmás Cartoné
Data de pub.Flag of the United Kingdom.svg 1928
Galicia 2014
FormatoTapas duras
Páxinas252
ISBNISBN 978-84-942570-01 (gl)
TraduciónCelia Recarey

Orlando. Unha biografía[1] (título orixinal en inglés: Orlando: A Biography) é a sexta novela de Virginia Woolf, publicada orixinalmente o 11 de outubro de 1928. A editorial que se encargou da súa publicación, Hogarth Press, pertencía ao matrimonio Woolf. Trátase dunha obra en parte biográfica, baseada na vida da noiva de Woolf Vita Sackville-West. Considérase que é unha das novelas máis accesibles de Woolf, e por iso a de maior éxito da autora en vida. Influíu moito estilisticamente, e considérase importante na literatura en xeral, e na escritura feminina e os estudos de xénero en particular. A directora Sally Potter rodou unha versión cinematográfica en 1992, con Tilda Swinton de protagonista como Orlando e Quentin Crisp como a raíña Isabel I.

Nesta novela trátanse temas considerados tabús na súa época tales como a homosexualidade, a sexualidade feminina, ademais do papel da muller dentro dunha sociedade e como creadora literaria. Todos estes temas preséntanse contextualizados en distintos períodos históricos: dende o período isabelino, pasando polo período vitoriano, até chegar á época moderna a comezos do século XX.

Foi traducida ó galego por Celia Recarey[2] e foi publicada pola editorial Irmás Cartoné no ano 2014.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Orlando. Traducido por Celia Recarey (1ª ed.). Santiago de Compostela: Irmás Cartoné. 2014. ISBN 978-84-942570-01 – vía BiTraGa. 
  2. Irmás Cartoné (ed.). "Orlando, por Irmás Cartoné". Consultado o 11 de abril de 2019.