Corrubedo, Ribeira
| Corrubedo | |
|---|---|
Vista de Corrubedo | |
| Concello | Ribeira[1] |
| Provincia | A Coruña |
| Coordenadas | 42°34′25″N 9°04′25″O / 42.57361111, -9.07361111 |
| Área | 7,05 km² |
| Poboación | 713 hab. (2019) |
| Densidade | 101,13 hab./km² |
| Entidades de poboación | 16[1] |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
Santa María de Corrubedo[1] é unha parroquia do concello coruñés de Ribeira na comarca do Barbanza. Segundo o IGE no ano 2018 tiña 714 habitantes (367 homes e 347 mulleres). Até 1928 pertenceu á parroquia de Olveira.
Nela sitúase o cabo de Corrubedo e unha pequena parte do parque natural complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán, que inclúe as dunas de Corrubedo e as lagoas de Carregal e Vixán,[2][3] que comparte coas parroquias estremeiras de Olveira, Artes e Carreira.
Este parque natural é un sistema de praia-barreira. Logo dun extenso areeiro que conforma a praia, sitúanse as dunas e, tras delas, a lagoa de Carregal e marismas.
Xentilicio
[editar | editar a fonte]Esta parroquia posúe un xentilicio, completamente consolidado e atestado, que é corrubedán[4].
Patrimonio
[editar | editar a fonte]O templo, de estilo neoclásico, construíuse entre fins do século XIX e comezos do XX.
Corrubedo na literatura popular
[editar | editar a fonte]- Refraneiro
- Ronca Corrubedo, mariñeiro ponte quedo [5].
- Cantigueiro
- A criada do cura/ de Corrubedo,/ ao picar a verdura/ picou un dedo [6].
Existe unha lenda, a lenda do boi bruón, que conta que no fondo da lagoa de Carregal se atopa a vila asolagada de Reirís, tamén coñecida como Valverde, Malverde ou Bretal. Di a lenda que había un rei mouro que quixo casar coa filla do rei de Reirís. Tanto o rei como a propia filla rexeitárono, pois non querían saber nada de mouros. Como vinganza, o mouro, que tamén era meigo, provocou un tremor de terra e tal arroiada que a cidade quedou asolagada emorreron tódolos veciños. A princesa e o rei lograron fuxir e este colleu a espada para matar ó mouro que, asustado, transformouse en boi para poder correr máis pero tanto subiu a auga que terminoiu arrastrado pola corrente e afogado na lagoa. El é o boi bruón que de cando en vez se escoita en distintos lugares da lagoa.[7][8][9]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Vexa o artigo principal en Galería de imaxes de Corrubedo, Ribeira
-
Faro de Corrubedo
-
Dunas
-
Praias de Corrubedo e do Vilar
-
Praias de Corrubedo e do Vilar
-
Praias de Corrubedo e do Vilar
-
Igrexa parroquial
-
Praia de Espiñeirido, no límite co concello de Porto do Son
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
- ↑ "Complexo das praias, lagoa e duna de Corrubedo. Rede galega de espazos protexidos. Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia". Consultado o 5 de xullo de 2017.
- ↑ "LIC de Galicia, Rede Natura 2000, Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente". Consultado o 5 de xullo de 2017.
- ↑ Quiles, Fernando Cabeza. "Toponimia de Ribeira". Real Academia Galega. Consultado o 2023-06-25.
- ↑ Lino Lema Bouzas (compilador): Ditos e cantigas mariñeiras. I Encontro de embarcacións tradicionais, Galicia 1993, 9.
- ↑ Álvaro das Casas (colector): "Pra un canzoneiro de Noia", en "Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza", en Nós 94, 15.10.1931, 192.
- ↑ Carré Alvarellos, Leandro (1977). Las leyendas tradicionales gallegas. Austral (4ª ed.). Madrid: Espasa Calpe. p. 136. ISBN 84-239-1609-X.
- ↑ Cuba, X. R.; Reigosa, A.; Miranda, X. (2008). Dicionario dos seres míticos galegos. Vigo: Xerais. p. 54, 217. ISBN 978-84-9782-869-7..
- ↑ Galiciaencantada.com, Micromitos: Reiriz.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Corrubedo
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Corrubedo no concello de Ribeira (A Coruña) | |
|---|---|
|
O Adro | A Atalaia | Campo da Agra | As Chiscas | Corrubedo | O Espiñeirido | O Faro | Fóra de Portas | Mexilloeiro | A Pedra do Pino | As Pitas | O Porto | O Prado | Rocapillón | Teira | Torreiro |
Parroquias de Ribeira
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Commons ten máis contidos multimedia sobre: Corrubedo, Ribeira |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Fernando Cabeza Quiles en "O Seminario de Onomástica responde (Real Academia Galega, 30.09.2024)