Os Vilares, Guitiriz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Os Vilares
Igrexa dos Vilares.JPG
Igrexa de San Vicenzo dos Vilares.
Situación da parroquia de Os Vilares en Guitiriz.png
Concello Guitiriz
Área 3,4 km²
Poboación 574 hab. (2012)
Densidade 168,82 hab./km²
Entidades de poboación 46

San Vicenzo dos Vilares é unha parroquia do concello de Guitiriz, a sete quilómetros da vila en dirección nordeste. En 2012 tiña unha poboación de 574 habitantes (278 homes e 296 mulleres).

O seu nome vén do latín villa, villaris, que significan casa de campo, granxa ou poboación respectivamente.

A advocación da parroquia é na honra de San Vicenzo. Pertence ao Bispado de Mondoñedo e xa tiña curato no século X.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

A igrexa de San Vicenzo dos Vilares ten no seu adro un fermoso calvario de finais do século XVIII da autoría de Felipe de Sá, canteiro da veciña parroquia de San Salvador de Parga.

Festas[editar | editar a fonte]

O sábado e o domingo máis próximo ao 22 de xaneiro celébrase a festa do seu patrón, San Vicenzo, e o domingo e o luns de Pascua celébrase unha festa en honor a Virxe dos Desamparados. Despois da misa sae a procesión polo adro e dá a volta ó redor do seu calvario. O segundo domingo de agosto celébrase na carballeira do Cancelo a Romaría Labrega da Chaira.

Persoeiros[editar | editar a fonte]

Na aldea do Vilariño desta parroquia naceu en 1914 o poeta Xosé María Díaz Castro, autor de Nimbos; no lugar do Pazo, preto da igrexa e ó lado dun cruceiro, ten un busto en granito feito por Raúl Río Díaz.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares dos Vilares[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia dos Vilares no concello de Guitiriz (Lugo)

Ación | Os Ares | O Barreiro | Berulfe | O Cancelo | A Casa Nova de Vilariño | As Casas Vellas | Os Castros | A Chousa Grande | Cibreiro | As Costoiras | O Coto | Drada | O Fagundo | A Forcamuniz | O Gorgulfe | O Laxoso | Lea | Liñarede | Malde | Os Manchás | O Mato | O Meao | O Merendeiro | Nandulfe | Novás | O Pazo | A Pena de Roldán | A Pena Fachada | A Pena | O Pico Farelo | Os Ramos | A Reboira | Rego Pequeno | As Reixas | Requeixo | A Ribeira | San Miguel | O Tarrelo | A Tiñaz | A Tolda | O Toxo Brañío | Vilarchán | Vilargabín | O Vilariño | Vilasuso


Parroquias de Guitiriz[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Guitiriz

Becín (San Xiao) | O Buriz (San Pedro) | Labrada (Santa María) | Lagostelle (San Xoán) | Mariz (Santa Eulalia) | As Negradas (San Vicenzo) | Parga (Santo Estevo) | Pedrafita (San Mamede) | Pígara (San Pedro) | Roca (San Xiao) | San Breixo de Parga (San Breixo) | San Salvador de Parga (San Salvador) | Santa Cruz de Parga (Santa Cruz) | Santa Locaia de Parga (Santa Locaia) | Santa Mariña de Lagostelle (Santa Mariña) | Trasparga (Santiago) | Vilar (Santa María) | Os Vilares (San Vicenzo)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]