Ludovico Ariosto
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 8 de setembro de 1474 Reggio Emilia, Italia |
| Morte | 6 de xullo de 1533 Ferrara, Italia |
| Relixión | Igrexa católica |
| Educación | Universidade de Ferrara (pt) |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Sátira, poesía e dramaturxia |
| Ocupación | poeta, dramaturgo |
| Empregador | Universidade de Ferrara (pt) |
| Movemento | Alto Renacemento |
| Profesores | Luca Ripa (en) |
| Influencias | |
| Obra | |
Obras destacables
| |
| Familia | |
| Fillos | Virginio Ariosto |
| Irmáns | Gabriele Ariosto |
| Premios | |
| |
| Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Ludovico Ariosto, nado en Reggio Emilia en 1474 e finado en Ferrara en 1533, foi un poeta italiano, autor do poema épico Orlando furioso (1516).
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo do comandante da cidadela de Reggio, aínda que dende a súa mocidade tiña unha forte inclinación pola poesía, o seu pai obrigouno a estudar dereito, áínda que lle permitía ler clásicos baixo a tutela de Gregorio da Spoleto, ata que Gregorio marchou a Francia para ser o titor de Francesco Sforza, co que Ariosto perdeu a oportunidade de aprender grego como el quería. Cando seu pai morreu contra 1500 Ariosto tivo que coidar dos seus 10 irmáns.
Ariosto comeza a escribir Orlando furioso contra o 1505, o poema representa a culminación da epopea renancetista, publicouna despois de vinte e cinco anos de traballo, como continuación de Orlando enamorado de Matteo Maria Boiardo, e ata 1536 non se publica a a edición definitiva (a primeira edición publicouse no dialecto de Ferrara (próximo ao véneto) e a última en florentino.