Ramiro Martínez Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRamiro Martínez Rodríguez
Biografía
Nacemento26 de maio de 1915 Editar o valor em Wikidata
Soaserra, España Editar o valor em Wikidata
Morte31 de maio de 1942 Editar o valor em Wikidata (27 anos)
Cabanas, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmembro da resistencia Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
ConflitoGuerra civil española Editar o valor em Wikidata

Ramiro Martínez Rodriguez, nado en Soaserra (Cabanas) o 26 de maio de 1915 e finado no mesmo concello o 31 de maio de 1942, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fuxiu ao monte ao estalar o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936. Logrou escapar nunha batida da Garda civil en Sanguiñedo en setembro de 1940, na que morreron varios compañeiros. Foi detido o 30 de maio de 1942 pola delación dun infiltrado, levárono ao cuartelillo onde foi torturado ata que o remataron no monte. O seu cadáver apareceu no Carballón. Foi soterrado no cemiterio de Soaserra.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]