Saltar ao contido

Hernán Pérez Cuesta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hernán Pérez
Información persoal
Nome Hernán Pérez Cuesta
Nacemento 2 de outubro de 1981
Lugar de nacemento Oviedo
Altura 1,88 m.
Posición centrocampista
Carreira xuvenil
Oviedo
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2000–2001 Lealtad 32 (2)
2001–2002 Universidad de Oviedo 31 (1)
2002–2003 Oviedo B 38 (2)
2003–2004 Avilés Industrial 14 (0)
2004 Lealtad 10 (0)
2004–2005 Oviedo ACF 29 (0)
2005–2007 Lealtad 66 (3)
2007–2008 Caudal 30 (4)
2008–2010 Covadonga 56 (1)
Adestrador
2016–2019 Langreo
2019–2020 Barakaldo
2020–2021 Unionistas
2022 Lugo
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Hernán Pérez Cuesta, nado en Oviedo o 2 de outubro de 1981 é un exfutbolista e adestrador español.

É irmán do exfutbolista internacional Michu.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Como xogador

[editar | editar a fonte]

Como futbolista formouse nas categorías inferiores do Real Oviedo e pasou por diferentes clubs asturianos como o Universidad de Oviedo, o Avilés Industrial, o Lealtad ou o Caudal.[2] Disputou máis de 300 partidos entre a Segunda División B e a Terceira División

Como adestrador

[editar | editar a fonte]

Comezou a súa carreira de adestrador como axudante de Javi Rozada no Lealtad, co que logrou o ascenso á Segunda División B.[3] Xa como primeiro adestrador dirixiu os xuvenís do Real Oviedo na tempada 2014/15, acadando a cuarta posición do grupo 1 da División de Honra, máxima categoría do fútbol xuvenil español.[2]

Para a seguinte tempada fichou polo UP Langreo,[2] logrando nas súas tres primeiras campañas (2015/16, 2016/17 e 2017/18) a clasificación para a fase de ascenso a Segunda B. Na terceira delas conseguiu subir á categoría de bronce, despois de derrotar sucesivamente a Alondras, Náxara e Orihuela.[4] Na 2018/19, xa en Segunda División B, a UP Langreo rematou a competición nun meritorio noveno posto, logrando ademais a clasificación para a Copa do Rei.

Durante a tempada 2019/20 adestrou ao Barakaldo na Segunda B,[5] co que rematou a liga fóra dos postos de descenso cando a competición foi suspendida debido á pandemia de COVID-19. Para a tempada 2020/21 incorporouse ao Unionistas de Salamanca, tamén da Segunda B. O club salmantino, a pesar de ter o orzamento máis baixo do subgrupo,[6] conseguiu ser campión de inverno e trala segunda volta acabou en segunda posición, logrando a clasificación para a fase de ascenso a Segunda. Non conseguiu subir á categoría de prata pero o equipo obtivo o pase á nova Primeira División RFEF.

Na tempada 2021/22 pasou a adestrar o equipo xuvenil do Real Madrid. Gañou a Copa do Rei Xuvenil e rematou na segunda posición do seu grupo da División de Honra, por detrás do Atlético de Madrid.[7]

O 16 de xuño de 2022 asinou como novo adestrador do Lugo, da Segunda División.[8] Debutou na categoría de prata cunha derrota ante o Albacete e tivo que esperar ata a terceira xornada para conseguir a súa primeira vitoria, ante o Leganés.[9] Os malos resultados obtidos dende entón, fixeron que fose destituído por Tino Saqués o 21 de novembro, despois de que o equipo caese goleado por 4-0 na súa visita a Andorra. O balance dos seus cinco meses no cargo foi de 3 vitorias e 5 empates en 17 partidos oficiais.[10]

  1. González, Juanjo (6 de abril de 2021). "Hernán-Michu, el duelo de sangre que puede marcar el play-off a Segunda para Unionistas" (en castelán). Consultado o 16 de xuño de 2022. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Hernán Pérez será el nuevo entrenador del Langreo" (en castelán). 12 de xuño de 2015. Consultado o 16 de xuño de 2022. 
  3. "Hernán Pérez, a un paso de dirigir al Langreo" (en castelán). 12 de xuño de 2015. Consultado o 16 de xuño de 2022. 
  4. "El Langreo es de Segunda División B" (en castelán). 24 de xuño de 2018. Consultado o 16 de xuño de 2022. 
  5. Sánchez, Pablo (12 de xullo de 2019). "El hermano de Michu, nuevo técnico del Barakaldo" (en castelán). Consultado o 16 de xuño de 2022. 
  6. González, Juanjo (12 de xaneiro de 2021). "Unionistas CF, un campeón de invierno que camina directo a la PRO" (en castelán). Consultado o 16 de xuño de 2022. 
  7. "Hernán Pérez, a resarcirse en el Lugo de su agridulce experiencia en el juvenil del Madrid" (en castelán). 14 de xuño de 2022. Arquivado dende o orixinal o 06 de abril de 2023. Consultado o 16 de xuño de 2022. 
  8. "Hernán Pérez, nuevo entrenador del CD Lugo". Club Deportivo Lugo (en castelán). 16 de xuño de 2022. Consultado o 16 de xuño de 2022. 
  9. "Señé le enseña la victoria al Lugo" (en castelán). 27 de agosto de 2022. Consultado o 2 de abril de 2023. 
  10. "O CD Lugo cesa a Hernán Pérez como adestrador". 22 de novembro de 2022. Consultado o 2 de abril de 2023.