Saltar ao contido

Estadio de La Romareda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «La Romareda»)
La Romareda
Zaragoza Editar o valor en Wikidata
Imaxe do interior
Imaxe
 Instancia de
 Estado de uso
 Conservación
Características
 Tipo superficie
Deporte
 Deporte
Implicados
 Arquitecto/a
 Propietario/a
 Operador/a
 Ocupante
Datas
 Fundación / creación
8 de setembro de 1957 Editar o valor en Wikidata
 Disolución / destrución
2025 Editar o valor en Wikidata
 Inauguración
8 de setembro de 1957 Editar o valor en Wikidata
Historia
1982Mundial de Fútbol España 1982
1992Xogos Olímpicos de 1992 Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Altitude
   229 m Editar o valor en Wikidata
 Capacidade
   33.608 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Localización
 Rúa
 Coordenadas
Códigos e identificadores
OpenStreetMap7132867 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/094tfm Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O Estadio de La Romareda é o estadio de fútbol do Real Zaragoza. Pertence ó concello da cidade de Zaragoza e foi inaugurado o 8 de setembro de 1957 cun partido fronte ó Osasuna, no que os locais gañaron por 4-3.

O estadio foi remodelado varias veces. En 1977 termináronse de construír os novos chanzos cubertos e en 1982 con motivo da Copa Mundial de Fútbol de 1982, construíronse as cubertas de xeral sentado. Finalmente en 1994 o campo alcanzou o seu aspecto actual tras a reforma que serviu para que todas as localidades fosen de asento.

Foi unha das sedes dos Xogos Olímpicos de Barcelona 1992 para xogar partidos de fútbol.

A súa capacidade oficial é de 34.596, cunha afluencia media de 28.000 persoas nos partidos do Real Zaragoza.

A Romareda foi proposta como Estadio Olímpico na errada candidatura de Jaca aos Xogos Olímpicos de Inverno de 2014.

Localización

[editar | editar a fonte]

O estadio está situado ao sur da cidade de Zaragoza, no barrio de La Romareda do distrito Universidad. O lateral oeste está na rúa Eduardo Ibarra, o fondo norte na rúa Luís Bermejo, o lateral leste no paseo Isabel a Católica e o fondo Sur na rúa Xerusalén.

Próximos ao estadio atópase o Campus Praza San Francisco da Universidade de Zaragoza, os hospitais Miguel Servet e Clínico Lozano Blesa, e o Auditorio de Zaragoza.

Outros usos

[editar | editar a fonte]

O estadio é usado esporadicamente para realizar concertos, tales como o de Michael Jackson en 1996, Bruce Springsteen en 1999, Metallica do ano 2004, Maná en 2007 ou Héroes del Silencio os días 10 e 12 de outubro do 2007.

Proxectos de novo estadio

[editar | editar a fonte]

Os primeiros plans para construír un novo estadio en Valdespartera (aforas de Zaragoza) foron abandonados debido ao cambio da corporación municipal (2003); posteriormente pretendeuse reconstruílo na mesma localización, cunha capacidade de máis de 42.000 persoas, pero esta opción quedou truncada debido á admisión a trámite e suspensión cautelar das obras (17 de marzo de 2006) como consecuencia de dúas demandas xudiciais da oposición municipal. Finalmente, o proxecto foi paralizado en marzo de 2007.

En febreiro de 2008 o Concello de Zaragoza, tras un cambio na coalición de goberno, anunciou o acordo para que o novo campo se situase no distrito de San José. Segundo eses plans, La Romareda deixaría de ser o campo do Real Zaragoza aproximadamente en 2012.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]