Club Polideportivo Ejido

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Polideportivo Ejido")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Poli Ejido
NomeClub Polideportivo Ejido, S.A.D.
Alcume(s)Poli, Poli Ejido, Equipo celeste, Los Pitufos
Fundación1969
Desaparición2012
EstadioSanto Domingo,
El Ejido, Almería,
España
Inauguración2001
Capacidade7.870 pattern_la1=_Poli Ejido 0809
Na casa
Fóra

O Club Polideportivo Ejido, máis coñecido como Poli Ejido, foi un club de fútbol español da cidade de El Ejido, na provincia de Almería. Foi fundado en 1969 e durante a tempada 2011–12 o club se atopaba acollido á Lei Concursal debido á paupérrima situación económica da entidade. Nun principio conseguiu evitar o descenso administrativo a Terceira División grazas ao proceso concursal, pero acabou retirándose da competición e descendiendo, despois de chamarse Poli Ejido 2012 SD. No verán de 2012 fundouse o Club Deportivo El Ejido 2012 como sucesor do equipo.

Uniforme[editar | editar a fonte]

  • Uniforme titular: Camiseta celeste, pantalón branco, medias celestes.
  • Uniforme alternativo: Camiseta verde pistacho e pantalón negro, medias negras con base e listas verde pistacho.

Historia[editar | editar a fonte]

Na tempada 2011–12 o club atopábase na peor situación económica e deportiva posible xa que encadeaba unha serie de débedas que obrigou a poxar a entidade o 27 de decembro de 2011. O 9 de xaneiro de 2012 o club deu a carta de liberdade a tódolos xogadores ao non facerse efectiva a chegada dun comprador ao club, deixando a este á beira da disolución. Finalmente, o 18 de xaneiro anunciouse a renuncia á súa praza na Segunda División B, respectando os resultados até a data.[1]

Estadio[editar | editar a fonte]

O estadio do Poli Ejido é o Municipal de Santo Domingo, inaugurado en 2002 e que ten unha capacidade de 7.870 espectadores. As dimensións do campo de xogo son de 105 × 68 metros. O complexo conta con vestiarios, sala antidopaxe, sala médica, sala de prensa, sala de trofeos, iluminación, megafonía, bar e aseos, e o campo está distribuido en tribuna cuberta, preferencia e fondo novo.

Datos do club[editar | editar a fonte]

  • Tempadas en : 0
  • Tempadas en : 7
  • Tempadas en 2ªB: 9
  • Tempadas en : 9
  • Mellor posto en Segunda: 11º (tempada 2006–07)
  • Peor posto en Segunda: 22º (tempada 2007–08)

Palmarés[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]