Alfonso Valverde Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Fonsi Valverde")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Fonsi Valverde
Información persoal
Nome completo Alfonso Valverde Rodríguez
Nacemento 26 de decembro de 1966 (52 anos)
Lugar Nigrán, Galicia
Posición Dianteiro
Información de club
Club actual Ourense (adestrador)
Adestrador
Rápido de Bouzas
Coruxo
2007–2009 Lugo
2010–2011 Ourense

Alfonso Valverde Rodríguez, máis coñecido como Fonsi Valverde, nado en Nigrán o 26 de decembro de 1966, é un adestrador de fútbol galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Empezou a súa carreira como adestrador nas categorías inferiores do Celta de Vigo, para pasar posteriormente por clubs como o Club Rápido de Bouzas ou o Coruxo Club de Fútbol. En xullo de 2007 dá un salto de categoría para adestrar ao Club Deportivo Lugo en Segunda División B,[1] renovando outro ano ao fin da campaña.[2] En xullo de 2009 anuncia que deixa o Lugo por motivos persoais e regresa a Vigo.[3] En xaneiro de 2010 anunciábase o seu regreso aos banquiños como adestrador do Club Deportivo Ourense substituíndo a Francisco Romero.[4] Dende o 15 de xuño de 2011 é adestrador do Celta de Vigo B.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]