Fran Justo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fran Justo
Información persoal
Nome Francisco Justo Rodríguez
Nacemento 24 de agosto de 1989
Lugar de nacemento Ourense
Carreira xuvenil
Pabellón Ourense
Velle
–2009 Ponte Ourense
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2009–2013 Ponte Ourense
Adestrador
2013–2015 Nogueira de Ramuín
2016–2020 Ourense CF
2020–2022 Arenteiro
2022–2023 Lugo
2023 Real Unión
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Francisco "Fran" Justo Rodríguez, nado en Ourense o 24 de agosto de 1989, é un adestrador de fútbol galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nacido en Ourense, xogou ao fútbol nas categorías inferiores do Pabellón Ourense, do CD Velle e do Ponte Ourense. Debutou co primeiro equipo deste último en 2009, pero en 2013, con só 23 anos, retirouse para iniciar unha carreira de adestrador, tarefa na que xa se iniciara na canteira do propio Ponte Ourense.[1]

En xuño de 2013 colleu as rendas da SD Nogueira de Ramuín, da Primeira Autonómica,[2] e logrou o ascenso á Preferente Galicia no ano seguinte. En 2015, tras descender de novo a Primeira, abandonou o club e regresou aos xuvenís do Ponte Ourense, renomeado xa como Ourense CF.[3]

O 28 de xuño de 2016 foi elixido para poñerse á fronte do primeiro equipo do Ourense CF, en Preferente.[4] Na súa primeira campaña logrou o ascenso a Tercera División, tras rematar segundo no Grupo Sur, só por detrás do Cultural Areas.[5] Dirixiu o equipo ourensán durante os seguintes tres anos en Terceira, logrando bos resultados, e na última tempada acabou segundo só por detrás do Compostela de Yago Iglesias, ao que non conseguiu superar na fase de ascenso.

En agosto de 2020 fichou polo Arenteiro, da mesma categoría, co que conseguiu ascender á Segunda División RFEF na súa primeira tempada.[6][7] Dirixiu o equipo do Carballiño tamén durante a primeira parte da histórica campaña 2022/23, que culminaría co ascenso á Primeira División RFEF. Con todo, non chegou ao final da competición, pois en novembro, co equipo líder da liga e despois de ter eliminado na Copa do Rei ao Almería (equipo da Primeira División) e de ter conquistado a Copa Federación, o adestrador recibiu unha oferta para adestrar o Lugo, na Segunda División.[8][9]

Chegou ao equipo lucense para substituír a Hernán Pérez, cesado despois de 16 xornadas, co equipo en postos de descenso. Debutou na categoría cun empate a un gol ante o Levante,[10] e obtivo dúas vitorias e seis derrotas nas seguintes oito xornadas, antes de ser destituído en xaneiro.[11] Trala súa marcha, pasaron polo banco lugués Joan Carrillo e Íñigo Vélez, pero ningún deles conseguiu cambiar o rumbo do equipo, que acabou último.[12]

Iniciou a tempada 2023/24 á fronte do Real Unión, na Primeira División RFEF.[13] Comezou con bos resultados e con catro vitorias nas cinco primeiras xornadas, pero foi destituído o 26 de decembro, despois de seis partidos sen gañar.[14]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Nogueira de Ramuín
Arenteiro

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Rodríguez González, Luis Manuel (24 de febreiro de 2020). "Fran Justo, el joven arquitecto del Ourense CF". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 6 de febreiro de 2024. 
  2. Clinaz, Fabián (25 de xuño de 2013). "Savia nueva en los banquillos". La Región (en castelán). Consultado o 6 de febreiro de 2024. 
  3. "Fran Justo: "Es una nueva oportunidad para mi carrera en el fútbol"". Faro de Vigo (en castelán). 28 de maio de 2016. Consultado o 6 de febreiro de 2024. 
  4. "Fran Justo, elixido novo adestrador para o equipo de Preferente". 28 de xuño de 2016. Consultado o 6 de febreiro de 2024. 
  5. "Fran Justo seguirá un año más al frente del Ourense CF en Tercera División" (en castelán). 22 de maio de 2018. Consultado o 6 de febreiro de 2024. 
  6. Garrote, Pepe; Nieto, Laureano (3 de agosto de 2020). "Fran Justo ficha por el Arenteiro". La Región (en castelán). Consultado o 6 de febreiro de 2024. 
  7. "El Arenteiro renueva a Fran Justo". Faro de Vigo (en castelán). 5 de xuño de 2021. Consultado o 6 de febreiro de 2024. 
  8. "Fran Justo, nuevo entrenador del CD Lugo". Club Deportivo Lugo (en castelán). 23 de novembro de 2022. Consultado o 6 de febreiro de 2024. 
  9. "O Lugo asina Fran Justo, adestrador do Arenteiro". Nós Diario. 23 de novembro de 2022. Consultado o 7 de febreiro de 2024. 
  10. "El VAR condiciona el debut de Fran Justo con el Lugo". Faro de Vigo (en castelán). 28 de novembro de 2022. Consultado o 7 de febreiro de 2024. 
  11. "El Lugo despide a Fran Justo y piensa en Joan Carrillo como sustituto". La Voz de Galicia (en castelán). 31 de xaneiro de 2023. Consultado o 7 de febreiro de 2024. 
  12. "El descenso más merecido del Lugo en sus 70 años de historia". La Voz de Galicia (en castelán). 29 de maio de 2023. Consultado o 7 de febreiro de 2024. 
  13. "Fran Justo, nuevo entrenador del Real Unión" (en castelán). 19 de xuño de 2023. Consultado o 7 de febreiro de 2024. 
  14. "Fran Justo no continuará como entrenador del Real Unión" (en castelán). 26 de decembro de 2023. Consultado o 7 de febreiro de 2024. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]