Campionato de España de Afeccionados

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Campionato de España de Afeccionados
Fundación1930
Desaparición1987
Rexión España
Confederación UEFA
EquiposVariable
Máis laureadoReal Madrid Aficionados
(8 títulos)
OrganizadorRFEF

O Campionato de España de Afeccionados foi unha competición de clubs de fútbol amador organizada pola Real Federación Española de Fútbol e disputada polos campións territoriais de afeccionados entre 1929 e 1987.

Disputáronse cincuenta e cinco edicións, sendo o Real Madrid Aficionados —chamado Real Madrid Club de Fútbol C dende 1990— o equipo máis laureado cun total de oito campionatos.

Historia[editar | editar a fonte]

O Campionato de España de Afeccionados foi impulsado durante os anos vinte pola Real Federación Española de Fútbol, como competición de carácter non profesional para promover a competitividade do fútbol afeccionado, especialmente a dos xogadores novos que aínda podían ter oportunidades de se converter en profesionais.

A competición iniciouse finalmente na tempada 1929-30 baixo o nome de Campeonato de España Amateur. Nel participaban os campións de afeccionados de cada federación territorial. Cada federación territorial organizaba un campionato para afeccionados que daba a clasificación para o campionato estatal.

A pesar do carácter afeccionado da competición, os equipos profesionais como o Real Madrid Club de Fútbol, Fútbol Club Barcelona, Real Zaragoza, Sevilla Fútbol Club, Valencia Club de Fútbol, Club Deportivo Castellón, Club Deportivo Alcoyano ou Athletic Club obtiveron cos seus respectivos filiais un total de vinte e dous campionatos nas trinta e oito finais que disputaron. Mesmo os equipos filiais de Club Atlético Osasuna, Real Murcia, Real Betis Balompié, Real Club Deportivo Espanyol ou Real Oviedo acadaron outros tantos subcampionatos, amosando a vantaxe coa que contaban os clubs de Primeira División naquela altura ó teren estruturas de clubs profesionais e poderen dar todo tipo de apoio ós seus clubs afeccionados ou filiais, tanto en medios coma en axudas económicas. Pola contra, os equipos afeccionados atopábanse con moitos problemas, coma os derivados das datas dos encontros ou do custo dos desprazamentos, dificultando aínda máis a súa participación, facendo que ás veces se retirasen do torneo durante o decurso da competición.

Debido ás reformas levadas a cabo pola RFEF, a competición deixou de se disputar en 1987.

Historial[editar | editar a fonte]

  • En letra grosa os resultados das finais a un só partido.
Ano Campión Subcampión Ida Volta
1930 Club Gijón Hércules CF 3-2
1931 Club Ciosvín Unión Deportiva Huesca 4-1
1932 Imperio Club de Fútbol SD Erandio Club 3-0
1933 SD Erandio Club Sevilla FC Amateur 1-0
1934 Real Unión de Irún CD Olímpic de Xàtiva 2-1
1935 Sevilla FC Amateur Club Ciosvín 6-1
1936 Sevilla FC Amateur Real Zaragoza 3-1
1940 Real Avilés Sevilla FC Amateur 4-2
1941 Real Zaragoza CD Alcoyano 2-0
1942 Valencia CF Amateur SD Indautxu 3-1
1943 Club Langreano Sevilla FC Amateur 3-1
1944 Barreda Balompié FC Barcelona Amateur 3-1
1945 SD Indautxu FC Barcelona Amateur 3-0
1946 Agrupación Deportiva Ferroviaria Valencia Mestalla 3-2
1947 Agrupación Deportiva Ferroviaria SD Indautxu 2-0
1948 CD Alcoyano Amateur SD Indautxu 4-0
1949 FC Barcelona Amateur SD Indautxu 3-2
1950 CD Cuatro Caminos CD Getxo 5-3
1951 CD Baskonia AR Chamberí de Madrid 1-0
1952 FC Barcelona Amateur Marín CF 4-1
1953 SD Eibar Rayo Vallecano 7-1
1954 SR Villaverde Boetticher CF CD Burriana 2-0
1955 Agromán CF SD Arenas 3-2
1956 SD Eibar Sevilla FC Amateur 3-0
1957 CD Galdakao UD Salamanca 4-1
1958 UD Salamanca Club Deportivo Azkoyen 5-2
1959 UD Salamanca Zeltia Deportiva Porriño 4-0
1960 Real Madrid Aficionados Peñarroya-Pueblonuevo CF 4-2
1961 FC Barcelona Amateur Tomelloso CF 3-2
1962 Real Madrid Aficionados FC Barcelona Amateur 2-1
1963 Real Madrid Aficionados FC Barcelona Amateur 1-0
1964 Real Madrid Aficionados Club Atlético Osasuna B 2-1
1965 Real Madrid Aficionados FC Barcelona Amateur 4-3
1966 Real Madrid Aficionados FC Barcelona Amateur 4-3
1967 Real Madrid Aficionados FC Barcelona Amateur 2-1
1968 Bilbao Athletic FC Barcelona C 4-1
1969 CD Cuatro Caminos Cultural Leonesa 5-2
1970 Real Madrid Aficionados UD San Antonio 5-0
1971 FC Barcelona C CD Getxo 3-1
1972 UD Aretxabaleta Real Murcia Imperial 2-1 2-2
1973 Anaitasuna FT CP Cacereño 4-1
1974 SD Huesca Real Zaragoza B 3-0
1975 Albacete Balompié AP Almansa 5-0
1976 CF Reus Real Betis B 0-0 5-0
1977 Toscal Club de Fútbol AP Almansa 4-2 1-2
1978 Cartagena FC AP Almansa 2-0 1-3
1979 UD Puçol UD Carcaixent 4-1 1-1
1980 FC Barcelona C Real Madrid Aficionados 4-0 1-0
1981 Real Zaragoza B RCD Espanyol Amateur 2-0 1-2
1982 FC Barcelona C Mazarrón CF 2-0 3-0
1983 Real Zaragoza B CD Castellón B 6-1 2-2
1984 Real Zaragoza B Terrassa FC 1-0 2-1
1985 Club Deportivo Naval Real Oviedo B 1-3 4-1
1986 CD Castellón B Getafe CF 10-0 2-2
1987 Real Unión de Irún CD Trintxerpe 0-1 1-2

Véxase tamén[editar | editar a fonte]