Saltar ao contido

Antonio Puig Gaite

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAntonio Puig Gaite
Biografía
Nacemento22 de agosto de 1907 Editar o valor en Wikidata
Pontevedra Editar o valor en Wikidata
Morte4 de maio de 1993 Editar o valor en Wikidata (85 anos)
Pontevedra Editar o valor en Wikidata
Procurador nas Cortes
11 de novembro de 1971 – 30 de xuño de 1977
Procurador nas Cortes
6 de novembro de 1967 – 12 de novembro de 1971
Procurador nas Cortes
3 de xullo de 1964 – 15 de novembro de 1967
Procurador nas Cortes
31 de maio de 1961 – 6 de xuño de 1964
Procurador nas Cortes
16 de maio de 1958 – 18 de abril de 1961
Procurador nas Cortes
16 de xuño de 1955 – 14 de abril de 1958
Presidente Pontevedra CF
1951 – 1956 Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfarmacéutico, político Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiJavier Puig Llamas Editar o valor en Wikidata

Arquivo Histórico de Deputados: 92100

Antonio Puig Gaite, nado en Pontevedra o 22 de agosto de 1907 e finado na mesma cidade o 4 de maio de 1993, foi un farmacéutico e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de Javier Puig Llamas. Estudou farmacia na Universidade de Santiago de Compostela. Licenciado en Farmacia, a finais dos anos trinta fíxose cargo da farmacia do seu tío e padriño Enrique Eiras (casado con Concha Puig) en Pontevedra. Falanxista, logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi secretario do xefe provincial de Falange Manuel Castro Pena. Incorporouse ao exército sublevado nunha bandeira de Falange. Cando rematou a guerra foi nomeado secretario provincial de Falange Española Tradicionalista y de las JONS e delegado da Vieja Guardia en Pontevedra. Foi Conselleiro nacional do Movimiento, procurador en Cortes (1955, 1958, 1961, 1964, 1967 e 1971), vicepresidente da Deputación de Pontevedra (1957-1965), Prohombre da Hermandad Sindical Provincial de Labradores y Ganaderos de Pontevedra e alcalde de Pontevedra (1971). Na transición foi candidato de Alianza Popular ao Senado nas eleccións de 1977.

Foi presidente do Pontevedra Club de Fútbol (1951-1956). Finou en Pontevedra o 4 de maio de 1993.[1]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]
  • Orden de Cisneros, 1952.[2]
  • Orde Imperial del Yugo y las Flechas, 1962.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con Elisa Pérez-Quevedo Asenjo.

  1. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 4-5-1993, p. 82.
  2. El Pueblo Gallego, 20-7-1952, p. 2.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]