Chus Baleato

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Jesús Isolino Baleato Negreira")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Chus Baleato
Información persoal
Nome completo Jesús Isolino Baleato Negreira
Nacemento 18 de xaneiro de 1954 (65 anos)
  Val do Dubra
Nacionalidade España
Información de club
Club actual Bergantiños (adestrador)
Adestrador
Anos Equipos
2003–2008 Santa Comba
2009 Compostela
2010–2011 Grixoa
2011– Bergantiños

Jesús Isolino Baleato Negreira, chamado Chus Baleato, nado en Bembibre (Val do Dubra) o 18 de xaneiro de 1954, é un adestrador de fútbol galego. Actualmente adestra o Bergantiños FC.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Na tempada 2003–04 comezou a adestrar o Santa Comba, ao que levou sucesivamente de Primeira Autonómica a Preferente, e de aí a Terceira. En marzo de 2008 deixou o conxunto xalleiro[1].

En xuño de 2009 ficha pola SD Compostela para a tempada da súa volta á Segunda División B. Con todo, os resultados económicos e deportivos levárono á súa dimisión á metade da tempada (2009–10), e a ser substituído por Fabiano[2]. No verán de 2010, ao mesmo tempo que reclamaba o diñeiro que lle debía a institución compostelá, fichaba pola SD Grixoa, un club que acababa de ascender de categoría.

No verán de 2011 anunciouse a súa contratación polo Bergantiños FC.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]