Luís Emilio Batallán
Luís Emilio Batallán | |
---|---|
Nacemento | 18 de setembro de 1948 |
Lugar de nacemento | Santiago de Compostela |
Nacionalidade | España |
Ocupación | músico e médico |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Luís Emilio Batallán González, nado en Santiago de Compostela o 18 de setembro de 1948, é un médico e músico galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo de Luís Batallán Pena. En 1975 publicou o disco Ahí ven o maio, no que musicaba poemas de Curros Enríquez, Celso Emilio Ferreiro, Ramón Cabanillas, Rosalía de Castro e Álvaro Cunqueiro e do que se venderon máis de cincocentos mil exemplares.[1] Foi durante catro anos presidente do Pontevedra Club de Fútbol. En 1989 apareceu o seu segundo disco, Ballet da nena, con letras propias e de Uxío Novoneyra, Neira Vilas, Rosalía de Castro, Celso Emilio Ferreiro e Manuel Antonio. En 1992 apareceu o seu terceiro elepé Eres un fármaco. O seu último traballo é Tu retrato, aparecido en 2007.
Casado e con dúas fillas. Na actualidade é médico rural en Moraña.
Discografía[editar | editar a fonte]
- Ahí ven o maio (1975)
- Ballet da nena (1990)
- Eres un fármaco (1992)
- Tu retrato (2007)
- Había que chegar (2014, Galaxia)
- 70 y 29 (2016)
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Batallán foi fillo de Luís Batallán Pena, médico, e alcalde de Moraña durante o franquismo, e mais de Ofelia González Taboada, farmacéutica en Moraña, finada en 2015.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Quen poidera namorala No bico un cantar, 19/2/2013, Televisión de Galicia.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Barrera, Feliciano, ed. (2002). "Batallán González, Luís Emilio". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. p. 62. ISBN 84-8064-113-4.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Páxina oficial do artista
- Artigo en El País 21/8/1990 (en castelán).
- Ahí ven o Maio en ghastaspista.com