Pontevedra Athletic Club

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Club Deportivo Pontevedra")
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O Pontevedra Athletic Club foi un equipo galego de fútbol fundado en novembro de 1918 na cidade de Pontevedra, coa fusión do Pontevedra Sporting Club e o Club Deportivo Pontevedra. Disputaría os seus encontros como local no Campo de Pasarón e vestía zamarra granate e pantalón branco.

Antecedentes[editar | editar a fonte]

O primeiro equipo da cidade de Pontevedra foi o Pontevedra Sporting Club, fundado no ano 1905, que xogaba no Campo da Xunqueira. Vestía camisa branca e pantalón negro e sobre todo disputaba encontros amigábeis contra equipos de Vigo (Fortuna de Vigo, Vigo FC, Exiles FC ou Español FC), Vilagarcía de Arousa, Marín ou inclusive Santiago de Compostela.

Polas súa filas pasaron xogadores coma o defensa Edmundo Novoa, que foi fichado polo Real Madrid, ou Otero o primeiro futbolista galego internacional, nos Xogos Olímpicos de Antuerpen.

Nos primeiros anos da década de 1910 xorden gran número de clubs na cidade do Lérez, coma o Vitoria FC (1907), o Gimnasio FC (1909, dependente do Sociedade Liceo Gimnasio que organizaba a Copa de Pontevedra), o Lérez FC, o Artístico FC, o Quiroga FC, o Progreso FC, o Colón FC, o Deportivo FC ou o Atlántico.

En 1914 nace un equipo de entidade similar ao Sporting Club, o Club Deportivo Pontevedra, que xogaba en Campolongo, campo que chegou a compartir co propio Sporting Club. Neste equipo xogaba entre outro Luís Casas Pasarín, que sería un histórico xogador do Celta de Vigo e internacional coa Selección de fútbol de Galicia e de España

Á rivalidade entre o Sporting Club e o Club Deportivo hai que engadir outro creado pouco antes, o Pontevedra Auténtico FC, fundado o 4 de outubro de 1912.

Porén os dous club de maior importancia da cidade non tardaron en pensar na fusión, que se formalizou en novembro de 1918, dando lugar ao Pontevedra Athletic Club.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]