Saltar ao contido

José Manuel Rey Cortegoso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJosé Manuel Rey Cortegoso

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento20 de maio de 1975 Editar o valor en Wikidata (49 anos)
Caracas, Venezuela Editar o valor en Wikidata
Embaixador de boa vontade de UNICEF
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Altura182 cm Editar o valor en Wikidata
Peso80 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1993 Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaVenezuela Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDefensa e defensa central Editar o valor en Wikidata
Número deportivo3 Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1993–1994 Club Sport Marítimo de Venezuela
1995–1996   Deportivo Fabril
1996–2002 Caracas Fútbol Club 103(24)
1999–1999 cesión Club Sport Emelec 24(2)
2000–2000 cesión Dundee F.C. 0(0)
2003–2003 Club Sport Emelec 30(1)
2004–2005   Pontevedra CF 21(1)
2006–2006 Atlético Nacional 19(1)
2006–2010 Caracas Fútbol Club 46(10)
2007–2008 cesión   AEK Larnaca 20(3)
2009–2009 cesión Colo-Colo 8(0)
2011–2011 Club Deportivo Mineros de Guayana 11(1)
2011–2015 Club Deportivo Lara 100(7)
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1997–2011   Venezuela 115(11)

FIFA: 158622 Editar o valor en Wikidata

José Manuel Rey Cortegoso, nado en Caracas o 20 de maio de 1975, é un adestrador e exfutbolista venezolano, de orixe galega, que xogaba de defensa central.

Considerado un dos mellores futbolistas venezolanos da historia,[1] tivo unha longa carreira na que militou en 11 equipos de sete países diferentes. Conquistou nove ligas venezolanas, oito delas co Caracas FC, equipo no que militou en seis etapas diferentes. A súa novena liga gañouna co Deportivo Lara, no que xogou dende 2011 ata a súa retirada en 2015, aos 40 anos de idade.

Foi durante anos capitán da selección de Venezuela e é o segundo xogador con máis partidos na historia do combinado, 115, só por detrás de Juan Arango.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Orixes e estudos

[editar | editar a fonte]

Naceu en Caracas, sendo fillo dunha parella de emigrantes galegos, procedentes el de Forcarei e ela de Cambados.[2] Seu pai inculcoulle a paixón polo fútbol ensinándolle a xogar na casa. Foise especializando nas categorías do Colexio La Salle, onde comezou a xogar de dianteiro.

Ao se graduar de bacharelato, realizou un exame para ingresar na carreira de Enxeñaría de Sistemas na Universidade Metropolitana. Con todo, as viaxes internacionais da Copa Libertadores fixeron que tivera que deixar a universidade, continuando os seus estudos no Centro Contable de Administración, que acabou abandonando tamén pola mesma razón.[3]

Como futbolista (1993-2015)

[editar | editar a fonte]

Marítimo (1993-1994)

[editar | editar a fonte]

Cando xogaba no colexio Colexio La Salle, foino buscar o galego Pedro Castro para as categorías inferiores do Club Sport Marítimo.[4] Debutou co primeiro equipo no ano 1993 no Estadio Rafael Calles Pinto, cunha derrota por 2-1 contra Llaneros de Guanare, onde o seu adestrador Miguel Sabino o fixo entrar no minuto 75.​[5] O 23 de febreiro de 1994 debutou na Copa Libertadores, no primeiro partido da primeira fase contra o tamén venezolano Minervén.[6]

Deportivo Fabril (1994-1995)

[editar | editar a fonte]

A finais de 1994 viaxou a Galicia, onde o Deportivo da Coruña o tivo un mes a proba por recomendación do xornalista Lázaro Candal, fichándoo finalmente para o filial.[7] Disputou 12 partidos co Fabril durante a tempada 1994/95, na que o equipo logrou o ascenso á Segunda División B. A súa sorte cambiou cando John Benjamin Toshack chamou para o primeiro equipo ao técnico do Fabril, José Manuel Corral, e este foi substituído por Carlos Ballesta. O novo adestrador desfíxose de varios xogadores do equipo de cara á campaña 1995/96, entre eles Rey.[2]

1ª etapa no Caracas FC (1995-1999)

[editar | editar a fonte]

Tras isto volveu a Venezuela incorporándose ás filas do Caracas Fútbol Club no ano 1995. Foi gañando a titularidade ata converterse nun referente como defensa central no país.[2] Xogou catro tempadas co conxunto da capital, conquistando o campionato de liga de 1996/97.

1ª etapa no Emelec (1999)

[editar | editar a fonte]

En 1999 chegou ao Club Sport Emelec de Ecuador. Debutou o 12 de xuño de 1999 no Clásico contra o Barcelona, marcando o único gol do encontro co Estadio George Capwell cheo.​​ Durante o último semestre do ano foi titular habitual en compañía do capitán Augusto Poroso e o seu equipo finalizou terceiro no Campionato Ecuatoriano de Fútbol 1999, obtendo unha praza para a Copa Libertadores 2000.

Dundee FC (2000)

[editar | editar a fonte]

Despois dunha boa tempada en Ecuador, pisou por segunda vez chan europeo ao ser traspasado ao Dundee FC da Primeira División de Escocia. No equipo azul foi titular e alcanzou o sétimo posto da táboa.

2ª etapa no Caracas FC (2000-2003)

[editar | editar a fonte]

Logo de dúas tempadas fóra de Venezuela volveu ao Caracas FC e gañou dúas ligas máis: 2000/01 e 2002/03.

2ª etapa no Emelec (2003)

[editar | editar a fonte]

En 2003 chegou novamente ao Emelec, onde foi titular e gañou a Copa Asoguayas de 2003. O seu único gol durante a súa segunda etapa en Ecuador fíxoo na Copa Libertadores 2003 ante River Plate.

3ª etapa no Caracas CF (2004)

[editar | editar a fonte]

A continuación regresou ao Caracas, co que disputou a Copa Libertadores e gañou un noto título de liga.

Pontevedra CF (2004-2005)

[editar | editar a fonte]

En xullo de 2004 fichou polo Pontevedra Club de Fútbol, que acababa de ascender á Segunda división.[8] Comezou xogando de xeito habitual dende o inicio no equipo de José Aurelio Gay pero acabou perdendo a titularidade a favor de Fede Bahón.[9] Disputou un total de 22 partidos e anotou un gol de falta na vitoria a domicilio ante o Ciudad de Murcia. O equipo rematou no último lugar da 2004/05 descendendo novamente á Segunda B.

4ª etapa no Caracas CF (2005-2006)

[editar | editar a fonte]

En xullo de 2005 regresou ao Caracas CF comezando a súa cuarta etapa no equipo vermello, co que gañou unha nova liga venezolana, tras derrotar na final ao Unión Atlético Maracaibo. Rey colaborou anotando o gol no partido de ida da final que colocaba o empate a 1.

Atlético Nacional (2006)

[editar | editar a fonte]

No segundo semestre de 2006 asinou co Atlético Nacional de Medellín, onde o acompañou o seu paisano Jorge 'Zurdo' Rojas, como o fixera tamén na súa segunda etapa en Emelec. Co dorsal 20 do equipo colombiano, anotou o seu primeiro gol o 23 de setembro contra o Atlético Bucaramanga por medio dun tiro libre raso dende longa distancia. O equipo rematou quinto no Torneo Finalización 2006 e segundo no cuadrangular. A pesar dos seus tres goles e a titularidade, en decembro o adestrador Oscar Quintabani dixo que non contaba con el para a seguinte campaña, polo que rescindiu o seu contrato.[10]

5ª etapa no Caracas CF (2006-2007)

[editar | editar a fonte]

A continuación volveu a Caracas, gañando unha nova liga venezolana e realizando unha destacada actuación na Copa Libertadores, onde deixaron fóra ao River Plate tras gañarlle tanto na ida no Estadio Monumental (0-1), como na volta (1-3), na que Rey anotou un dos tres goles do seu equipo cunha lembrada volea dende longa distancia que deixou paralizado ao gardameta Juan Pablo Carrizo.[11] Xa en oitavos de final caeron eliminados fronte ao Santos, nunha eliminatoria na que Rey fixo outro gran gol no Estadio Urbano Caldeira.

AEK Larnaca (2007-2008)

[editar | editar a fonte]

Tras a súa gran campaña no fútbol venezolano fichou polo AEK Larnaca de Chipre. Alí anotou tres goles e o seu equipo finalizou na cuarta posición da Primeira División de Chipre. Foi a súa última campaña en Europa, regresando de novo ao Caracas FC ao remate da liga.

6ª etapa no Caracas FC (2008-2010)

[editar | editar a fonte]

En 2008 comezou a súa sexta e derradeira etapa no Caracas FC, onde formou parella de centrais co uruguaio Deivis Barone. No Torneo Apertura 2008 quedaron na terceira posición, mentres que no arranque do segundo semestre conseguiron acabar primeiros na fase de grupos da Copa Libertadores 2009, sendo o primeiro equipo venezolano en logralo, e anotando Rey un gol na vitoria por 3-1 ante Lanús.​[12] Nos oitavos de final contra o Deportivo Cuenca marcou o cuarto gol no partido de volta disputado no Estadio Olímpico da UCV para sentenciar aínda máis a eliminatoria.[13][14]​ O equipo acabou finalmente eliminado en cuartos de final polo Grêmio. As súas boas actuacións continuaron no campionato nacional, facendo cinco goles no Torneo Clausura 2009, a mesma cantidade que fixera no Apertura. As súas contribucións axudaron ao Caracas a saír vitorioso do Clausura, gañando o pase á final contra o Deportivo Italia. O encontro de ida acabou en empate mentres que na volta o Caracas goleou por 0-5 ao Deportivo Italia, marcando Rey o quinto e derradeiro gol mediante un tiro libre.[15]​ O seu liderado e os 11 goles que anotou durante a temporada, valeron para outorgarlle o premio de mellor xogador do ano.[16]

Cesión ao Colo-Colo (2009)
[editar | editar a fonte]

O traspaso de Gonzalo Jara do Colo-Colo chileno ao West Bromwich Albion e a lesión de Luis Mena, provocou a urxente cesión de José Manuel Rey ao conxunto de Santiago de Chile cun contrato de seis meses, con opción a prolongación en caso de clasificarse para a Copa Libertadores.[17]​ Debutou na liga chilena o 20 de setembro de 2009 no empate 1-1 ante Deportes Iquique. Disputou 14 partidos de liga e logrou o seu primeiro título fóra de Venezuela o 9 de decembro na final do Torneo Clausura contra Universidad Católica, que acabou con vitoria por 2-4.​[18] A pesar de ter o cariño do público​ e de ter gañado o campionato, o adestrador Hugo Tocalli non quixo renovar o seu contrato, pois quería usar a cota de estranxeiros con outro xogador.[19][20][21]

Regreso a Caracas (2010)
[editar | editar a fonte]

Volveu ao Caracas para afrontar outra Copa Libertadores e o Torneo Clausura. Con todo, non foi o seu mellor semestre por mor dunha lesión de xeonllo sufrida en febreiro de 2010, na quinta xornada do campionato venezolano.​ Isto fixo que só puidese disputar un partido internacional, a derrota como visitante ante o Universidad de Chile. En abril recaeu da lesión durante un adestramento, perdendo así o resto da temporada e a obtención dun novo título de liga nunha recordada final ante o acérrimo rival, o Deportivo Táchira.[22] Despois de 7 meses fóra dos terreos de xogo regresou o 7 de outubro de 2010 no partido de volta de oitavos de final da Copa Venezuela 2010 ante o Monagas Sport Club, que lles deu o pase á seguinte rolda.[23] Contra o final do partido tivo un encontro fortuíto cun dianteiro, que lle produciu unha escordadura de nocello, deixándoo de baixa varias semanas máis.​[24] Regresou definitivamente o 4 de novembro na derrota contra o Aragua Fútbol Club e participou en tres partidos máis. O 9 de decembro de 2010 saíu pola porta de atrás do seu principal equipo, ao ser informado que tanto el como outros veteranos como José Vera ou Darío Figueroa, non serían tidos en conta no novo proxecto de relevo xeracional.

Mineros de Guayana (2010-2011)

[editar | editar a fonte]

En decembro de 2010 asinou con Mineros de Guayana, onde permaneceu medio ano, perdendo varios partidos por unha lesión.[25][26]

Deportivo Lara (2011-2015)

[editar | editar a fonte]

Para a tempada 2011/12 fichou polo Deportivo Lara,[27] co que conquistou nesa campaña a liga venezolana, despois de gañar tanto o torneo Apertura como o Clausura. Xogou ata 2015 no equipo de Barquisimeto, onde colgou finalmente as botas aos 40 anos de idade.

Selección de Venezuela

[editar | editar a fonte]

Foi internacional coa selección de Venezuela en 115 ocasións, sendo o segundo xogador con máis partidos na historia do combinado, só por detrás de Juan Arango, e anotou 11 goles. Debutou o 8 de xuño de 1997 nun partido de clasificación para o Mundial de Francia 1998 contra Bolivia e o seu derradeiro partido coa Vinotinto foi o 7 de outubro de 2011 contra Ecuador.[28]

Como adestrador (2015-actualidade)

[editar | editar a fonte]

Despois de deixar a práctica do fútbol comezou a súa carreira como adestrador. Entre 2015 e 2016 foi o segundo adestrador de Noel Sanvicente na selección venezolana.[29] En 2017 foi durante uns meses segundo adestrador de Alí Cañas no Zamora FC ata que en decembro foi anunciado como novo técnico do Aragua.[30][31]

En xullo 2018 fichou polo Monagas onde estivo ata a súa renuncia en maio de 2019, cun balance de 19 vitorias e 11 empates en 44 encontros.[32][33] O 26 de decembro de 2019 o Zamora FC anunciou a súa contratación como novo adestrador.[34] Estivo case un ano no cargo ata que o seu contrato foi rescindido en decembro de 2020.[35]

Palmarés

[editar | editar a fonte]

Caracas FC

Colo-Colo

Deportivo Lara

  1. "10 jugadores históricos en la bodega de la 'Vinotinto'". Marca) (en castelán). 20 de marzo de 2015. Consultado o 14 de abril de 2021. 
  2. 2,0 2,1 2,2 R., T. (13 de agosto de 2004). "Un pura sangre gallego". La Voz de Galicia (en castelán). p. 47. 
  3. "José Manuel Rey: La crisis tocó hasta el fútbol" (en castelán). 26 de outubro de 2015. Consultado o 13 de abril de 2021. 
  4. "José Manuel Rey: de la defensa a la supremacía de los goles Vinotinto" (en castelán). 9 de novembro de 2020. Consultado o 14 de abril de 2021. 
  5. Todea, Manuel. "José Manuel Rey: "Quiero retirarme con un triunfo"" (en castelán). Consultado o 13 de abril de 2021. 
  6. "Minervén - Marítimo". ceroacero.es (en castelán). Consultado o 14 de abril de 2021. 
  7. "Un fichaje venezolano". La Voz de Galicia (en castelán). 22 de decembro de 1994. p. 55. 
  8. "El Pontevedra ata al capitán de la selección venezolana". La Voz de Galicia (en castelán) (Pontevedra ed.). 24 de xullo de 2004. p. 35. 
  9. "Fede Bahón sigue pensándoselo". La Voz de Galicia (en castelán) (Pontevedra ed.). 14 de xullo de 2005. p. 33. 
  10. "Los Venezolanos Rey y Rojas así como el brasileño Da Silva salen de Nacional" (en castelán). 18 de decembro de 2006. Consultado o 13 de abril de 2021. 
  11. "River se quedó afuera de la Copa Libertadores" (en castelán). 6 de abril de 2007. Consultado o 13 de abril de 2021. 
  12. "Sorprende por lo contundente". ESPN (en castelán). 26 de febreiro de 2009. Consultado o 13 de abril de 2021. 
  13. "4-0. Venezolano Caracas llega a cuartos con soberbia goleada ante el Cuenca" (en castelán). 13 de maio de 2009. Consultado o 13 de abril de 2021. 
  14. "Caracas goleó 4-0 a Deportivo Cuenca y avanzó a cuartos de final de la Libertadores" (en castelán). Consultado o 13 de abril de 2021. 
  15. "Caracas demoledora en la final y estampó décima estrella" (en castelán). 2 de xuño de 2009. Consultado o 13 de abril de 2021. 
  16. "José Manuel Rey es premiado en Venezuela como el mejor futbolista del año" (en castelán). 26 de decembro de 2009. Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 13 de abril de 2021. 
  17. "Colo Colo ficha al venezolano José Manuel Rey" (en castelán). 16 de setembro de 2009. Consultado o 13 de abril de 2021. 
  18. "Colo-Colo ganó el Clausura 2009 chileno" (en castelán). 10 de decembro de 2009. Consultado o 13 de abril de 2021. 
  19. "José Manuel Rey volvió al Monumental para ver a Venezuela" (en castelán). 21 de xuño de 2015. Archived from the original on 05 de marzo de 2016. Consultado o 13 de abril de 2021. 
  20. "José Manuel Rey dejó Colo Colo y regresó a Caracas de Venezuela" (en castelán). 12 de decembro de 2009. Consultado o 13 de abril de 2021. 
  21. "José Manuel Rey deja Colo Colo descontento con Tocalli" (en castelán). 15 de decembro de 2009. Consultado o 13 de abril de 2021. 
  22. "Rey recae de su lesion" (en castelán). 6 de abril de 2010. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 13 de abril de 2021. 
  23. "Caracas FC derrotó 2x1 a Monagas en Copa Venezuela" (en castelán). 7 de outubro de 2010. Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 13 de abril de 2021. 
  24. "Rey sufre un esguince y estará fuera de dos a tres semanas" (en castelán). 7 de outubro de 2010. Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 13 de abril de 2021. 
  25. "El defensor José Manuel Rey jugará con el Mineros de Guayana" (en castelán). 15 de decembro de 2010. Consultado o 13 de abril de 2021. 
  26. "La tarde que José Manuel Rey colgó los guayos" (en castelán). 29 de maio de 2020. Arquivado dende o orixinal o 14 de abril de 2021. Consultado o 14 de abril de 2021. 
  27. "El defensor colombiano Walter Moreno jugará en el Mineros venezolano" (en castelán). 6 de xullo de 2011. Consultado o 14 de abril de 2021. 
  28. "Partidos de Rey coa selección venezolana". rsssf.com (en inglés). Consultado o 14 de abril de 2021. 
  29. "José Manuel Rey vuelve a La Vinotinto con un nuevo reto" (en castelán). 2 de agosto de 2015. Consultado o 14 de abril de 2021. 
  30. "Alí Cañas toma las riendas del Zamora FC" (en castelán). 24 de agosto de 2017. Consultado o 14 de abril de 2021. 
  31. "José Manuel Rey es el nuevo director técnico del Aragua FC" (en castelán). 12 de decembro de 2017. Consultado o 14 de abril de 2021. 
  32. "Monagas SC presentó oficialmente a José Manuel Rey como su nuevo DT" (en castelán). 18 de xullo de 2018. Consultado o 14 de abril de 2021. 
  33. "José Manuel Rey renunció como técnico del Monagas" (en castelán). 21 de maio de 2019. Consultado o 14 de abril de 2021. 
  34. "José Manuel Rey es el nuevo DT de Zamora FC" (en castelán). 26 de decembro de 2019. Consultado o 14 de abril de 2021. 
  35. "Zamora FC rompe con José Manuel Rey a falta de la última y decisiva jornada" (en castelán). 9 de decembro de 2020. Consultado o 14 de abril de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]