Saltar ao contido

Partido Galego

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 Partido Galego
 Nome curto
   PG (gl)   Editar o valor en Wikidata
Logotipo
 Instancia de
Características
 Posición política
Localización
 País
Fontes e ligazóns
Instagram: partidogalego Editar o valor en Wikidata
Wikidata

O Partido Galego (PG) é un partido político de centro galeguista de ámbito autonómico, que naceu en 2020 coa intención de representar todas as persoas que se senten galegas e españolas e que consideran que Galicia é unha comunidade autónoma que conta cunha cultura e unha lingua propia diferenciada do resto de comunidades.

Ideoloxía

[editar | editar a fonte]

O perfil político do Partido Galego sitúase na centralidade política, tendo como piar principal da súa ideoloxía un sentimento galeguista. O Partido Galego ten como intereses principais a defensa e a protección da cultura galega, a defensa dos piares do benestar públicos (educación, sanidade, servizos sociais e pensións), a defensa da ecoloxía, a defensa do rural e a defensa do desenvolvemento sostible dos sectores produtivos da comunidade conectando coa sociedade galega.[1]

A súa acción política céntrase en gran medida no apoio e mellora en sectores consolidados tales como a pesca, gandaría, viticultura etc., así como en impulsar sectores potenciais da industria, xerando unha produción que atenda a economía circular amosando especial atención no conxunto da cadea de valor. O Partido Galego aposta polo comercio sostible, tratando de fomentar que esta actividade se exerza no comercio de proximidade e que sexa ecolóxico.

O logo representa o conxunto das ideas básicas do partido e está formado polas siglas PG. Nelas distínguense un carballo (árbore propia do clima oceánico de Galicia), unha rede de pesca (propia dun dos sectores produtivos máis importantes da comunidade), a bandeira de Galicia e as lentes de Castelao (timidamente ocultas entre as letras gue e o na palabra galego).[2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

O Partido Galego presentouse o 12 de decembro de 2020 en Melide[3] e fixo o seu Congreso Constituínte en Arzúa o 22 de outubro de 2022,[4][5] e o seu primeiro Congreso ordinario foi en Teo, o 6 de abril de 2024, onde foron elixidos como dirixentes Miguel Míguez, como secretario xeral da formación, e Francisco Villanueva como presidente.[6]

Defínese como un partido de "centro transversal" e sitúase a si mesmo "no espazo do galeguismo, da moderación, e do equilibrio medioambiental".[7] A disposición gráfica das siglas (PG) é moi semellante[8] ás do extinto Partido Galeguista Demócrata, na etapa en que fora dirixido por Manoel Soto.

Bolígrafo de propaganda repartido polo Partido Galego.

Presentouse ás municipais de 2023 como membro da coalición Contamos en concellos lugueses[9] e, a coalición, conseguiu 4.589 sufraxios o 2,39% da provincia de Lugo. A maior parte do apoio recibido veu de Sarria con 2 808 votos grazas a que Camiña Sarria formaba parte da coalición. Sacaron 18 concelleiros.

O Partido Galego estreouse nas eleccións europeas cun resultado de 2.074 sufraxios en Galicia, e mais en total acadaron 5.719 obtendo a maior parte do seu apoio fóra de Galicia presuntamente de galegos emigrados.[10] A súa candidata foi Olga Dourado.[11]

Resultados electorais

[editar | editar a fonte]

Eleccións municipais

[editar | editar a fonte]
Comicios Coalición Votos Porcentaxe (%) Concelleiros Maiorías
absolutas
Maiorías
simples
2023 Dentro de Contamos 4.589 Crecente (crecemento) 0,32% Crecente (crecemento)
18 / 3.705
0 2 Crecente (crecemento)

Eleccións ao Parlamento Europeo

[editar | editar a fonte]
Parlamento Europeo
Comicios Total Galicia
Votos Porcentaxe (%) Escanos Votos Porcentaxe (%) Escanos
2024 5.719 Crecente (crecemento) 0,03% Crecente (crecemento)
0 / 54
2.074 Crecente (crecemento) 0,18% Crecente (crecemento) 0
  1. "Coñece o PG – Partido Galego". Consultado o 2022-03-02.
  2. "vídeo acto PRESENTACIÓN Partido Galego". Consultado o 2022-03-02.
  3. Europa Press / Redacción (12 de decembro de 2020). "Nace o proxecto político Partido Galego, unha formación que se declara transversal e con visión europeísta". galiciaconfidencial.com. Arquivado dende o orixinal o 28 de decembro de 2024. Consultado o 2 de outubro de 2024.
  4. Soutullo Carolo, Salvador (12 de febreiro de 2024). "Partido Galego, o grande ausente para non interferir negativamente nun goberno de cambio". nosdiario.gal.
  5. Lema, Xosé Manuel (24 de outubro de 2022). "O Partido Galego celebrou o seu congreso erguendo a bandeira do galeguismo moderado, integrador e conciliador". adiantegalicia.es. Consultado o 2 de outubro de 2024.
  6. Redacción (8 de abril de 2024). "Miguel Míguez, novo secretario xeral do Partido Galego, que presidirá Francisco Villanueva". nosdiario.gal. Consultado o 2 de outubro de 2024.
  7. "O Partido Galego iniciou a súa singradura para “ir dicindo as verdades do país”". Adiante Galicia. Consultado o 2020-12-12.
  8. Xoán Carlos Gil. Manuel Soto asume la secretaría general del Partido Galeguista (La Voz de Galicia).
  9. "GaS, PG y Camiña Sarria buscan un diputado bajo la marca Contamos". El Progreso. 15 de abril de 2023. Consultado o 25 de xuño de 2024.
  10. "Partido Galego : votos" (PDF). BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO (en castelán). 2024-06-28. pp. 74717–74718. |contribution= ignorado (Axuda)
  11. "Trinta e tres candidaturas pugnan por facer ver as eleccións europeas do 9X". Praza Pública. 14 de maio de 2024. Consultado o 25 de xuño de 2024.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]