Saltar ao contido

Casa de moeda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Obradoiro monetario»)
Xilografía do século XVI, na que Maximiliano I aprende a cuñaxe nunha casa de moeda[1]

Unha casa de moeda, coñecida tamén como ceca (do árabe: sikkah, "casa de moeda") ou obradoiro monetario, entre outros, é un establecemento fabril dedicado á fabricación de moeda, habitualmente polo método da cuñaxe, ben dun xeito artesanal ou ben de maneira Industrial, en función da época.[2][3]

Evolución da actividade nas casas de moeda

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Cuñaxe.
Baixorrelevo en Rostock, Alemaña, que reproduce a cuñaxe a martelo nunha casa de moeda

A fabricación de moeda nos seus inicios foi un proceso artesán, a golpe de martelo sobre discos metálicos recortados á man con tesoiras.[4] En épocas grega e romana as técnicas avanzaron en certa medida, aínda que eran substancialmente as mesmas, e non foi ata o século XVI, coa instalación nas casas de moeda da primeira maquinaria, cando o proceso de cuñaxe coñeceu un verdadeiro avance.[5]

A cuñaxe de moeda foi habitualmente un privilexio dos monarcas. As casas reais posuían as súas propias cecas, que inicialmente consistían en pequenos obradoiros de gravadores e ferreiros, en ocasións de carácter itinerante, que viaxaban coa corte.[6]

Na Península Ibérica, os musulmáns utilizaban nas súas casas de moeda técnicas máis avanzadas durante a Idade Media, sobre todo nas súas cecas principais de Córdoba e Medina Azahra, e influíron moi notablemente no desenvolvemento da actividade, particularmente cando os reis cristiáns retomaron o poder.[7]

Prensa de cuñaxe utilizada nunha casa de moeda

O rei castelán-leonés Afonso VI deu un paso importante na modernización do proceso de cuñaxe, coa creación de dúas casas de moeda estables, en Toledo e en León, onde cuñou ao seu nome moedas con valor dun diñeiro nunha aliaxe popuco común ata a época, denominada billón, á base de prata e cobre, que foi moi utilizada nas emisións de moeda miúda dos reinos cristiáns.[8]

As cecas eran adoito estables á fin do período medieval, mais, así e todo, seguían a semellar máis obradoiros artesanais que importantes fábricas de diñeiro. En 1553, o calcógrafo francés Antoine Brucher inventou o laminador, unha máquina accionada por un muíño que fabricaba láminas de metal dun grosor constante facendo pasar lingotes varias veces entre dous cilindros ou rolos de metal duro. Esta innovación, xunto coa da chamada prensa de volante, coa que se lograba inicialmente o recorte de discos uniformes e, nun segundo momento, a cuñaxe dos discos grazas á inercia provocada por un gran volante, supuxeron o abandono da cuñaxe a martelo nas casas de moeda e o inicio do proceso industrial de produción de moeda.[9] Esas primeiras máquinas, de considerables dimensións, tiñan que ser instaladas en instalacións máis grandes que os tradicionais obradoiros.[10][11]

A casa de moeda de Hamburgo

A partir destas invencións e, particularmente, cos avances achegados pola Revolución Industrial, comezaron a sucederse a melloras no proceso. Cara a 1790, os industriais ingleses Matthew Boulton e James Watt inventaron unha nova prensa movida por vapor na súa fábrica de Soho, en Birmingham, que daba un rendemento de 50 pezas por minuto.[12] Probada inicialmente polos comerciantes franceses irmáns Monneron, o uso da nova prensa xeneralizouse na Royal Mint de Inglaterra, a partir de 1805.[13] En 1817, o alemán Uhlhorn perfeccionou o modelo ata chegar a lograr un rendemento de 100 moedas cuñadas por minuto.[14] E un novo paso deuno en 1830 o enxeñeiro suízo Jean Pierre Droz, quen introduciu no sistema a posibilidade de cuñar tamén o canto da moeda, de xeito simultáneo ao do anverso e o reverso.[15][16]

O avance máis recente na evolución dos métodos utilizados nas casas de moeda produciuse no inicio do século XX, cando a electricidade substituíu o vapor como sistema para mover as prensas. Ademais, os avances da electrónica e da informática, o deseño asistido por computador e o control numérico computerizado aplicado á elaboración dos cuños, así como a incorporación de novos materiais, fixeron que a produtividade chegase a cantidades como as 800 pezas por minuto nas factorías máis modernas, como a fábrica da Monnaie de Paris en Pessac ou a Fábrica Nacional de Moneda y Timbre de España.[17][18][19]

Cuartel de San Domingos, sede da Real Casa da Moeda da Coruña

Casas de moeda de Galicia ao longo da historia

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Moeda cuñada en Galicia.
Instalacións da Real Casa da Moeda de Xuvia (á dereita), ao pé do Río Xuvia
Rúa da Moeda Vella, onde é probable que estivese a antiga casa de moeda de Santiago de Compostela

O primeiro obradoiro monetario que funcionou en territorio galego tivo carácter itinerante na contorna da cidade de Lugo, e nel cuñáronse ases, dupondios e outros valores de bronce do sistema monetario romano durante as Guerras Cántabras, a nome de Octavio Augusto, en torno ao ano 25 a. de C.[20][21][22]

Xa en época da dominación visigoda, establecéronse en Galicia pequenos establecementos monetarios de carácter artesanal onde se cuñaron moedas de ouro chamadas tremissis. Algúns dos coñecidos estaban situados en localidades como Arros (Arón, Cedeira), Aurense (Ourense), Aviono (Avión), Bergancia (Betanzos), Catora (Catoira), Giorres (Valdeorras), Inceio (O Incio), Iria (Santiago de Compostela), Lucu (Lugo), Pincia (Pinza), Tornio (Torroña), Tude (Tui), Fraucello e outras de atribución incerta.[23][24]

Durante a Idade Media foi moi salientable a actividade da ceca de Santiago de Compostela, que se establece no reinado de Afonso VI a finais do século XI, e, particularmente, a Real Casa da Moeda da Coruña, que estendeu a súa actividade ata o século XVII, durante o reinado de Carlos II.[25][26] En tanto que a localización da ceca compstelá se descoñece (aínda que dá algunha pista a existencia da "rúa da Moeda Vella"), o derradeiro edificio ocupado polo establecemento coruñés foi o do posterior Cuartel de San Domingos.[27][28] Aínda que con carácter máis excepcional, na Idade Media cuñáronse tamén moedas en casas de moeda establecidas en Lugo (séculos XI e XII), en Tui e en Milmanda, a nome do rei portugués Fernando I (século XIV), e tamén probablemente en Ourense (século XII).[29][30][31]

Xunto co taller coruñés, cuñou tamén moeda en Galicia durante a Idade Moderna a Real Casa da Moeda de Xuvia, situada nunha fábrica de cobrería entre os concellos de Neda e Narón. Nesta casa de moeda, a derradeira das existentes en Galicia, cuñáronse moedas de cobre durante os reinados de Fernando VII e de Isabel II, entre 1811 e 1868.[32][33][34][35]

[editar | editar a fonte]

A palabra "ceca" deu lugar a unha frase feita que, con variantes, se estende por todas as linguas románicas peninsulares: "da ceca para a Meca" ou "de ceca en Meca" (en galego), "de la ceca a la Meca" ou "de ceca en meca" (en castelán), "ir de seca a Meca" (en portugués) e "córrer la seca, la Meca i la vall d'Andorra" (en catalán). En todos os casos, o sentido é o de ir dun sitio para o outro, de aquí para aló.[36][37][38][39][40]

Casas de moeda oficiais en funcionamento no mundo

[editar | editar a fonte]
País Nome Fundación Notas
Alemaña Staatliche Münzen Baden-Württemberg ("Casas da Moeda Estatais de Baden-Württemberg") 1998 [41]
Bayerisches Hauptmünzamt ("Casa da Moeda de Baviera") 1158 [42]
Staatliche Münze Berlin ("Casa da Moeda de Berlín") 1750 [43]
Hamburgische Münze ("Casa da Moeda de Hamburgo") 834 [44]
Staatliche Münze Karlsruhe ("Casa da Moeda de Karlsruhe") 1827 [41]
Staatliche Münze Stuttgart ("Casa da Moeda de Stuttgart") 1374 [41]
Arxentina Sociedad Estatal Casa de Moneda ("Casa de Moeda da República Arxentina") 1875 [45]
Australia Perth Mint ("Casa da Moeda de Perth") 1899 [46]
Royal Australian Mint ("Real Casa da Moeda de Australia") 1965 [47]
Austria Münze Österreich ("Casa da Moeda de Austria") 1194 [48]
Bélxica Monnaie Royale de Belgique / Koninklijke Munt van België ("Real Casa da Moeda de Bélxica") 1291 [49]
Brasil Casa da Moeda do Brasil 1694 [50]
Bulgaria Монетен двор ("Casa da Moeda") 1952 [51]
Canadá Royal Canadian Mint / Monnaie royale canadienne ("Real Casa da Moeda do Canadá") 1908 [52]
Casaquistán Қазақстан теңге сарайы ("Casa da Moeda de Casaquistán") 1992 [53]
Chequia Česká mincovna ("Casa da Moeda de Chequia") 1993 [54]
Chile Casa de Moneda de Chile 1743 [55]
China Zhōngguó Yìnchāo Zàobì Zǒnggōngs ("Corporación Chinesa de Impresión e Cuñaxe de Moeda") 1949 [56]
Cimbabue Fidelity Printers and Refiners 1966 [57]
Colombia Casa de Moneda de Colombia 1621 [58]
Corea do Sur 한국조폐공사 - KOMSCO ("Corporación de Cuñaxe e Impresión de Seguridade de Corea") 1951 [59]
Costa Rica Casa de Moneda de Costa Rica 1936 [60]
Croacia Hrvatska kovnica novca ("Casa da Moeda de Croacia") 1993 [61]
Cuba Empresa Cubana de Acuñaciones [62]
Dinamarca Den Kongelige Mønt ("Real Casa da Moeda") 1739 [63]
Eslovaquia Mincovňa Kremnica ("Casa da Moeda de Kremnica") 1328 [64]
España Fábrica Nacional de Moneda y Timbre - Real Casa de la Moneda 1893 [65]
Estados Unidos United States Mint - Washington ("Casa da Moeda dos EEUU") 1792 [66]
Philadelphia Mint ("Casa da Moeda de Filadelfia") 1792
Denver Mint ("Casa da Moeda de Denver") 1906
San Francisco Mint ("Casa da Moeda de San Francisco") 1854
West Point Mint ("Casa da Moeda de West Point") 1974
Filipinas Bangko Sentral ng Pilipinas ("Banco Central de Filipinas") 1993 [67]
Finlandia Suomen Rahapaja ("Casa da Moeda Finlandesa") 1860 [68]
Francia Monnaie de Paris ("Casa da Moeda de París") 864 [69]
Grecia Bank of Greece ("Banco de Grecia") 1927 [70]
Hungría Magyar Pénzverő ("Casa da Moeda de Hungría") 1328 [71]
India India Government Mint -Bombai- ("Casa da Moeda do Goberno da India") 1829 [72]
India Government Mint -Calcuta- ("Casa da Moeda do Goberno da India") 1757
India Government Mint -Hyderabad- ("Casa da Moeda do Goberno da India") 1803
India Government Mint -Noida- ("Casa da Moeda do Goberno da India") 1988
Indonesia Perum Percetakan Uang Republik Indonesia ("Compañía de Impresión e Cuñaxe da República de Indonesia") 1971 [73]
Irán سازمان تولید اسکناس و مسکوک ("Organización de Impresión e Cuñaxe de Moeda") 1877 [74]
Iraq البنك المركزي العراقي ("Banco Central de Irak") [75]
Irlanda Currency Centre - Irish Mint ("Centro de Moeda - Casa da Moeda Irlandesa") 1978 [76]
Islandia Seðlabanki Íslands ("Banco Central de Islandia") 1961 [77]
Italia Istituto Poligrafico e Zecca dello Stato ("Instituto Poligráfico e Ceca do Estado") 1928 [78]
Lesoto Central Bank of Lesotho ("Banco Central de Lesoto") 1978 [79]
Lituania Lietuvos monetų kalykla ("Casa da Moeda de Lituania") 1990 [80]
Luxemburgo La Banque et Caisse d'Epargne de L'Etat ("Banca e Caixa de Aforros do Estado") [81]
Macau Imprensa Oficial de Macau [82]
Malaisia Real Casa de Moeda de Malaisia 2000 [83]
México Casa da Moneda de México 1535 [84]
Nixeria Nigerian Security Printing and Minting Company Limited ("Compañía Nixeriana de Impresión e Cuñaxe") 1963 [85]
Noruega Den Kongelige Mynt ("Real Casa da Moeda de Noruega") 1686 [86]
Nova Zelandia New Zealand Mint ("Casa da Moeda de Nova Zelandia") 1967 [87]
Países Baixos Koninklijke Nederlandse Munt ("Real Casa da Moeda dos Países Baixos") 1567 [88]
Paquistán Pakistan Mint ("Casa da Moeda de Paquistán") 1942 [89]
Perú Casa Nacional de Moneda 1565 [90]
Polonia Mennica Polska ("Casa da Moeda de Polonia") 1766 [91]
Portugal Imprensa Nacional-Casa da Moeda Século XIII [92]
Reino Unido Royal Mint ("Real Casa da Moeda") 886 [93]
Pobjoy Mint 1965 [94]
Romanía Monetăria Statului ("Ceca do Estado") 1870 [95]
Rusia Московский монетный двор ("Casa da Moeda de Moscova") 1942 [96]
Санкт-Петербу́ргский моне́тный двор ("Casa da Moeda de San Petersburgo") 1724 [97]
Serbia Zavod za izradu novčanica i kovanog novca Topčider ("Instituto para a Fabricación de Moedas e Billetes") 1929 [98]
Serra Leoa Bank of Sierra Leone ("Banco de Serra Leoa") 1963 [99]
Singapur Singapore Mint ("Casa da Moeda de Singapur") 1968 [100]
Suíza Swissmint ("Casa da Moeda de Suíza") 1848 [101]
Suráfrica South African Mint ("Casa da Moeda de Suráfrica") 1890 [102]
Tailandia สำนักกษาปณ์ ("Real Casa da Moeda") 1860 [103]
Taiwán Central Mint ("Casa Central de Moeda") 1920 [104]
Turquía Darphane ve Damga Matbaası Genel Müdürlüğü ("Dirección Xeral da Casa de Moeda e Timbre") 1467 [105]
Ucraína Національний банк України ("Banco Central de Ucraína") 1998 [106]
Vaticano Ufficio Filatelico e Numismatico ("Oficina Filatélica e Numismática") 1322 [107]
Venezuela Casa de la Moneda de Venezuela 1802 [108]
Xapón 独立行政法人造幣局 - Dokuritsu Gyōsei Hōjin Zōheikyoku ("Ceca do Xapón") 1871 [109]
Xordania البنك المركزي الاردني ("Banco Central de Xordania"). 1964 [110]
  1. Treitzsaurwein, M. Der Weisskunig. Eine Erzehlung von den Thaten Kaiser Maximilians des Ersten. Leipzig, 1775. Reedición 2006. ISBN 3361006015
  2. "Ceca" en Digalego.com. Consultado o 9 de agosto de 2019.
  3. "Casa da moeda". En Gran dicionario Século 21 da lingua galega. Galaxia e Cumio. Vigo. 2006. Páxina 271. ISBN 84-8289-341-6
  4. "La frappe au marteau". Université de Poitiers.
  5. Wickens, J. "The production of ancient coins". Lawrence University. 1996
  6. De Francisco Olmos, J. M. (2002). Páxina 328: "en reconocimiento del señorío real, como regalía que era la acuñación monetaria, lo que justificaba su renovación al subir al trono cada nuevo rey, así como su carácter imprescriptible e inalienable".
  7. "La moneda en al-Ándalus". En Historia de las monedas.
  8. Fronchoso Sánchez, R. "Alfonso VI y las primeras monedas castellanas". En Toletum. Nº 56. Real Academia de Bellas Artes y Ciencias Históricas de Toledo. 2009.
  9. "Coining by hammer, from the origins to the XVI century". Monnaie de Paris.
  10. "La frappe à la presse". Université de Poitiers.
  11. "La frappe au balancier". Université de Poitiers.
  12. Gall, C. "Matthew Boulton: The grandfather of modern coinage". En BBC. 20 de outubro de 2014.
  13. "La machine à vapeur". En "Technique de fabrication des monnaies". Classes. Ressources Pédagogiques en Ligne. Biblioteca Nacional de Francia.
  14. "Fabrication et production. 1. Les tecniques". En Morrisson, C. (1992).
  15. Forrer, Leonard. "Droz, Jean-Pierre". En Biographical Dictionary of Medallists. Vol. I. Spink & Son Ltd. Londres. 1904.
  16. Tungate, S. "Droz's Collar. An Innovation in Minting Arquivado 07 de setembro de 2019 en Wayback Machine.". Soho Mint.
  17. "Modern design and minting". En Fleur-de-coin.com.
  18. "Coin Minting Process of Modern Coins". En Mintage World.
  19. "Moeda circulante. Proceso de acuñamento". Real Casa de la Moneda. FNMT.
  20. Pita Fernández (1999). "A ceca móbil de Lugo. Cuñacións galego-romanas". Páxinas 39-46.
  21. Ripollès, P. P. “Ceca del Noroeste”. En Las acuñaciones provinciales romanas de Hispania. Madrid. 2010. Páxinas 43-45.
  22. Villaronga, L. “Emisión monetaria augustea con escudo atribuible a P. Carisio y la zona norte de Hispania”. XI Congreso Nacional de Arqueología. Zaragoza. 1970. Páxinas 591-600.
  23. Pita Fernández, Ricardo Luís (1999). "Numismática galego-xermana", páxinas 20-24. "Cecas galegas da época xermana", Páxinas 47-60.
  24. Mateu y Llopis, F. "Los nombres de lugar en el numerario suevo y visigodo de Gallaecia y Lusitania". En Analecta Sacra Tarraconensia. 15. 1942.
  25. Muro Carvajal, J. (1883)
  26. Muro Carvajal, J. (1888)
  27. "La rúa da Moeda Vella de Santiago". En El Maravedí. Notas de Numismática.
  28. Malvido, G. "Las huellas de la Casa de la Moneda". En La Opinión de A Coruña. 17 de outubro de 2014.
  29. Roma Valdés, A. "La ubicación de las casas de moneda en la Europa medieval. El caso del reino de León". En XIV International Numismatic Congress, Glasgow 2009. 2011.
  30. Pita Fernández (1999). "A Real Casa da Moeda de Santiago"; "As casas de moeda de Lugo, Ourense, Tui e Milmanda"; "A Real Casa da Moeda da Coruña".
  31. Paz Bernardo, Jaime (1991).
  32. Pita Fernández, Ricardo Luís (1996).
  33. Pita Fernández, Ricardo Luís (1999). "A Real Casa da Moeda de Xubia"
  34. Bello Platas, Ana Isabel (2006).
  35. Bello Platas, Isabel (2014).
  36. "Da Ceca prá Meca". En Rodríguez González, E. Diccionario enciclopédico gallego-castellano. Galaxia.
  37. "Da Ceca para a Meca". En Dicionario da Real Academia Galega.
  38. "De la ceca a la meca". En Diccionario de la Real Academia Española.
  39. Valls, À.; Carol, R. "Córrer la Seca, la Meca i la vall d'Andorra: uns llocs que no se sap on són". En Llegendes d'Andorra. Vol 1. Contes i llegendes. L'Abadia de Montserrat, 2010. Páxinas 26 e seguintes. ISBN 9788498833409
  40. "Ir de seca a meca". En Dicionarioinformal.com.br
  41. 41,0 41,1 41,2 "Sitio web da Staatliche Münzen Baden-Württemberg". 
  42. "Sitio web da Bayerisches Hauptmünzamt". Arquivado dende o orixinal o 26 de xaneiro de 2019. 
  43. "Sitio web da Staatliche Münze Berlin". 
  44. "Sitio web da Hamburgische Münze". 
  45. "Sitio web da Casa de Moneda de la República Argentina". 
  46. "Sitio web da Perth Mint". 
  47. "Sitio web da Royal Australian Mint". 
  48. "Sitio web da Münze Österreich". 
  49. "Sitio web da Monnaie Royale de Belgique / Koninklijke Munt van België". 
  50. "Sitio web da Casa da Moeda do Brasil". 
  51. "Sitio web da "Casa da Moeda de Bulgaria"". 
  52. "Sitio web da Royal Canadian Mint / Monnaie royale canadienne". Arquivado dende o orixinal o 07 de decembro de 2018. 
  53. "Sitio web da Ceca de Casaquistán". Arquivado dende o orixinal o 06 de decembro de 2018. 
  54. "Sitio web da Česká mincovna". 
  55. "Sitio web da Casa de Moneda de Chile". Arquivado dende o orixinal o 04 de decembro de 2018. 
  56. "Sitio web da "Corporación Chinesa de Impresión e Cuñaxe de Moeda"". 
  57. "Sitio web común de Fidelity Printers and Refinery, Zimbabue". 
  58. "Sitio web da Casa de Moneda de Colombia". 
  59. "Sitio web da Corporación de Cuñaxe e Impresión de Seguridade de Corea". 
  60. "Perfil en Facebook da Casa de Moneda de Costa Rica". 
  61. "Sitio web da Casa da Moeda de Croacia.". 
  62. "Sitio web do Banco Central de Cuba". Arquivado dende o orixinal o 20 de outubro de 2018. 
  63. "Sitio web da Den Kongelige Mønt". 
  64. "Sitio web da Mincovňa Kremnica". 
  65. "Sitio web da Fábrica Nacional de Moneda y Timbre - Real Casa de la Moneda". 
  66. "Sitio web común de United States Mint, Philadelphia Mint, Denver Mint, San Francisco Mint e West Poin Mint". 
  67. "Sitio web do Bangko Sentral ng Pilipinas". 
  68. "Sitio web da Suomen Rahapaja". 
  69. "Sitio web da Monnaie de Paris". 
  70. "Sitio web do Bank of Greece". Arquivado dende o orixinal o 22 de decembro de 2018. 
  71. "Sitio web da Magyar Pénzverő". 
  72. "Sitio web da India Government Mint, común para os establecementos de Bombai, Calcuta, Hyderabad e Noida". Arquivado dende o orixinal o 24 de novembro de 2018. 
  73. "Sitio web da Perum Percetakan Uang Republik Indonesia". 
  74. "Sitio web da Organización de Impresión e Cuñaxe de Moeda". Arquivado dende o orixinal o 02 de xaneiro de 2019. 
  75. "Sitio web do Banco Central de Iraq". 
  76. "Sitio web da Irish Mint". 
  77. "Sitio web do Seðlabanki Íslands". 
  78. "Sitio web do Istituto Poligrafico e Zecca dello Stato". 
  79. "Sitio web do Central Bank of Lesotho". 
  80. "Sitio web da Lietuvos monetų kalykla". 
  81. "Sitio web de La Banque et Caisse d'Epargne de L'Etat". 
  82. "Sitio web da Imprensa Oficial de Macau". 
  83. "Sitio web da Real Casa da Moeda de Malaisia". Arquivado dende o orixinal o 15 de decembro de 2007. 
  84. "Sitio web da Casa de Moneda de México". 
  85. "Sitio web da Nigerian Security Printing and Minting Company Limited". Archived from the original on 29 de xaneiro de 2008. 
  86. "Sitio web da Kongelige Mynt". Arquivado dende o orixinal o 04 de xullo de 2017. 
  87. "Sitio web da New Zealand Mint". 
  88. "Sitio web da Koninklijke Nederlandse Munt". 
  89. "Perfil en Facebook da Pakistan Mint". 
  90. "Sitio web da Casa Nacional de Moneda de Perú". 
  91. "Sitio web da Mennica Polska". 
  92. "Sitio web da Imprensa Nacional-Casa da Moeda de Portugal". 
  93. "Sitio web da Royal Mint". 
  94. "Sitio web da Pobjoy Mint".
  95. "Sitio web da Monetăria Statului de Romanía". Arquivado dende o orixinal o 07 de xullo de 2017. 
  96. "Sitio web da Casa da Moeda de Moscova". 
  97. "Sitio web da Casa da Moeda de San Petersburgo". [Ligazón morta]
  98. "Sitio web da ceca de Serbia". Arquivado dende o orixinal o 14 de novembro de 2022. Consultado o 14 de novembro de 2022. 
  99. "Sitio web do Bank of Sierra Leone". 
  100. "Sitio web da Singapore Mint". Arquivado dende o orixinal o 03 de agosto de 2019. 
  101. "Sitio web da Swissmint". 
  102. "Sitio web da South African Mint". 
  103. "Sitio web da Real Casa da Moeda de Tailandia". 
  104. "Sitio web da Central Mint". 
  105. "Sitio web da Casa de Moeda e Timbre de Turquía". 
  106. "Sitio web do Banco Central de Ucraína". Arquivado dende o orixinal o 04 de decembro de 2018. 
  107. "Sitio web común do Ufficio Filatelico e Numismatico do Vaticano". Arquivado dende o orixinal o 09 de decembro de 2018. 
  108. "Sitio web común da Casa de la Moneda de Venezuela". 
  109. "Sitio web da Ceca de Xapón". 
  110. "Sitio web do Banco Central de Xordania". Arquivado dende o orixinal o 16 de xaneiro de 2013. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]