Lista de reis de Portugal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Esta é unha lista de reis de Portugal, desde a independencia do Reino de Galicia en 1139 até a implantación da República o 5 de outubro de 1910. A título previo, móstranse tamén os condes de Portugal que antecederon directamente o primeiro rei portugués.

Anterior á independencia - Condes Portucalenses[editar | editar a fonte]

Casa de Vímara Peres[editar | editar a fonte]

Reis de Galiza que se consideraron tamén reis de Portucale[editar | editar a fonte]

Condado Portucalense[editar | editar a fonte]

Henrique de Borgoña e de Afonso Henriques
Henrique de Borgoña e de Afonso Henriques
Artigo principal: Condado Portucalense.
Casa reinante: Borgoña

Primeira Dinastía – de Borgoña ou Afonsina[editar | editar a fonte]

Estandarte dos reis da I Dinastía
Estandarte dos reis da I Dinastía
Artigo principal: Dinastía de Borgoña.
Casa reinante: Borgoña
# Nome Inicio do goberno Fin do goberno Cognome(s) Notas
1 Afonso I 27 de xullo de 1139 6 de decembro de 1185 O Conquistador
O Fundador
O Grande
Tamén chamado Afonso Henriques (Afonso, fillo de Henrique; aquí radica a designación que os musulmáns lle atribuíran, ‘‘Ibn-Arrik’‘ - «fillo de Henrique»).
2 Sancho I 6 de decembro de 1185 27 de marzo de 1211 O Poboador
3 Afonso II 27 de marzo de 1211 25 de marzo de 1223 O Gordo
O Craso
O Gafo
O Lexislador
4 Sancho II 25 de marzo de 1223 1247 O Capelo
O Pio
O Piedoso
Deposto polo Papa Inocencio IV no I Concilio de Lión, en 1245, so a acusación de «rex innutilis», viría a abdicar en 1247, exiliándose en Toledo, e indo a falecer pouco tempo despois, a inicios de 1248.
5 Afonso III 3 de xaneiro de 1248 16 de febreiro de 1279 O Boloñés Rexente de Portugal, so o título de Procurador e Defensor do Reino, desde 21 de setembro de 1245, até á data da morte do irmán, cando asume plenamente a realeza.
6 Dinis I 16 de febreiro de 1279 7 de xaneiro de 1325 O Labrador
O Rei-Agricultor
O Rei-Poeta
O Rei Trobador
7 Afonso IV 7 de xaneiro de 1325 28 de maio de 1357 O Bravo
8 Pedro I 28 de maio de 1357 18 de xaneiro de 1367 O Xusticeiro
O Cruel
O Cru
O Vingativo
O Até-á-Fin-do-Mundo Apaixonado
9 Fernando I 18 de xaneiro de 1367 22 de outubro de 1383 O Fermoso
O Belo
O Inconstante
O Inconsciente
10 Beatriz I 22 de outubro de 1383 6 de abril de 1385 (ver nota [1])

Interregno (1383 - 1385)[editar | editar a fonte]

Designación dada pola historiografía oficial ao período que media a morte de Fernando e a ascensión ao trono do seu medio-irmán, o Mestre de Avis Xoán, e que comprende as rexencias de Leonor Teles de Meneses e do propio Mestre de Avis.

# Nome Inicio do goberno Fin do goberno Notas
Leonor Teles de Meneces 22 de outubro de 1383 16 de decembro de 1383 Exerce a rexencia en nome da súa filla Beatriz
Xoán, Mestre de Avis 16 de decembro de 1383 6 de abril de 1385

Segunda Dinastía – de Avis ou Xoanina[editar | editar a fonte]

Estandarte de D.João I
Estandarte de D.João I
Artigo principal: Dinastía de Avis.
Casa reinante: Avis
# Nome Inicio do goberno Fin do goberno Cognome(s) Notas
11 Xoán I 6 de abril de 1385 14 de agosto de 1433 O De Boa Memoria
O Bo
O Grande
12 Duarte I 14 de agosto de 1433 9 de setembro de 1438 O Elocuente
O Rei-Filósofo
13 Afonso V 9 de setembro de 1438 11 de novembro de 1477 O Africano Abdica en favor do fillo, que asumía xa as funcións de rexente do Reino.
14 Xoán II 11 de novembro de 1477 15 de novembro de 1477 O Príncipe Perfecto
O Tirano
É aclamado rei nas Cortes de Santarén de 1477; abdica ao regresar ao Reino o seu pai.
13 Afonso V 15 de novembro de 1477 28 de agosto de 1481 O Africano Reasume a realeza.
14 Xoán II 28 de agosto de 1481 25 de outubro de 1495 O Príncipe Perfecto
O Tirano
Casa reinante: Avis-Bexa
Estandarte de Manuel I
Estandarte de Manuel I
# Nome Inicio do goberno Fin do goberno Cognome(s) Notas
15 Manuel I 25 de outubro de 1495 13 de decembro de 1521 O Venturoso
O Benaventurado
O Afortunado
(ver nota[2])
16 Xoán III 13 de decembro de 1521 11 de xuño de 1557 O Piadoso
O Pío
17 Sebastián I 11 de xuño de 1557 27 de agosto de 1578 O Desexado
O Encuberto
O Adormecido
18 Henrique I 27 de agosto de 1578 31 de xaneiro de 1580 O Casto
O Cardeal-Rei
O Evorense/O de Évora
# Consello de
Gobernadores
do Reino de
Portugal
31 de xaneiro de 1580 24 de xullo de 1580
19 Antonio I 24 de xullo de 1580 25 de agosto de 1580
(en Portugal Continental)
1583 (na illa Terceira)
O Prior do Crato
O Determinado
O Loitador
O Independentista
(ver nota[3])

Terceira Dinastía – Filipina, de Habsburgo ou dos Austrias[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Dinastía Filipina.
Casa reinante: Habsburgo (ou Casa dos Austria)

Os soberanos desta dinastía foron tamén reis de Castela, Países Baixos, Nápoles, Sicilia, León, Aragón, Valencia, Galicia, Navarra, Granada, duques da Borgoña etc., títulos xenericamente reunidos baixo a designación de Reis de España.

# Nome Inicio do goberno Fin do goberno Cognome(s) Notas
20 Filipe I 1581 13 de setembro de 1598 O Prudente tamén Filipe II en España (1556-1598) (ver nota[4])
21 Filipe II 13 de setembro de 1598 31 de marzo de 1621 O Pío
O Piadoso
Filipe III en España (1598-1621)
22 Filipe III 31 de marzo de 1621 1 de decembro de 1640 O Grande Filipe IV en España (1621-1665)

Durante este período de sesenta anos, os reis fixéronse representar en Portugal por un vicerrei ou un corpo de gobernadores - véxase a lista de vicerreis durante a dinastía filipina.

Á revolta do 1 de decembro de 1640 seguiuse a Guerra da Aclamación, despois chamada, pola historiografía romántica do século XIX, como Guerra da Restauración.

Cuarta Dinastía – de Braganza ou Brigantina[editar | editar a fonte]

Bandeira da Restauración (1640)
Bandeira da Restauración (1640)
Artigo principal: Dinastía de Braganza.
Casa reinante: Braganza
# Nome Inicio do goberno Fin do goberno Cognome(s) Notas
23 Xoán IV 15 de decembro de 1640 6 de novembro de 1656 O Restaurador
O Afortunado
24 Afonso VI 6 de novembro de 1656 12 de setembro de 1683 O Vitorioso Rexencias de Luísa de Gusmán (6 de novembro de 165623 de xuño de 1662) e do Infante Pedro (23 de novembro de 166812 de setembro de 1683)
25 Pedro II 12 de setembro de 1683 9 de decembro de 1706 O Pacífico Rexente durante a incapacidade do irmán
26 Xoán V 6 de decembro de 1706 31 de xullo de 1750 O Magnánimo
O Magnífico
O Rei-Sol Portugués
O Freirático
27 Xosé I 31 de xullo de 1750 24 de febreiro de 1777 O Reformador
28 María I 24 de febreiro de 1777 20 de marzo de 1816 A Piadosa (en Portugal)
A Louca (no Brasil)
Rexencia do Príncipe Xoán (despacho gobernativo: 17921799; rexente: 15 de xullo de 179920 de marzo de 1816)
# Pedro III 24 de febreiro de 1777 5 de marzo de 1786 O Capacidonio
O Sacristán
O Edificador
Rei-consorte de María I
29 Xoán VI 20 de marzo de 1816 10 de marzo de 1826 O Clemente Rexente de Portugal 1792-1799; Príncípe rexente de Portugal e Algarves 1799-1808; Príncípe rexente de Portugal, Brasil e Algarves (1808-1816; Rei do Reino Unido de Portugal, Brasil e Algarves (1816-1825); Rei de Portugal e dos Algarves e Imperador Titular do Brasil (1825-1826)
30 Pedro IV 26 de abril de 1826 2 de maio de 1826 O Rei-Soldado
O Rei-Imperador
O Libertador
Tamén Emperador do Brasil (1 de decembro de 18227 de abril de 1831); rexente de Portugal (18311834)
31 María II 2 de maio de 1826 11 de xullo de 1828 A Educadora
A Boa-Mai
32 Miguel I 11 de xullo de 1828 26 de maio de 1834 O Rei Absoluto
O Absolutista
O Tradicionalista
O Usurpador
Rexente en nome de María II (2 de maio de 182611 de xullo de 1828)
31 María II 20 de setembro de 1834 15 de novembro de 1853 A Educadora
A Boa-Mai
Rexencia do pai Pedro (18311834)
# Fernando II 16 de setembro de 1837 15 de novembro de 1853 O Rei-Artista Rei-consorte de María II; oriúndo da familia de Saxe-CobúrgoGotha
(ver nota[5])
33 Pedro V 15 de novembro de 1853 11 de novembro de 1861 O Esperanzado
O Ben-Amado
O Moi Amado
Rexencia do pai Fernando (15 de novembro de 1853 - 16 de setembro de 1855)
34 Lois I 11 de novembro de 1861 19 de outubro de 1889 O Popular
O Bon
35 Carlos I 19 de outubro de 1889 1 de febreiro de 1908 O Diplomático
O Martirizado
O Mártir
O Oceanógrafo
O Rei-Pintor
(ver nota[6])
36 Manuel II 1 de febreiro de 1908 5 de outubro de 1910 O Patriota
O Desventurado
O Estudoso
O Rei-Saudade
Implantación da República

(*) Todos estes reis foron tamén soberanos do reino do Algarve, a partir de Afonso III; antes del, Sancho I usou ese título (ou o alternativo rei de Silves) entre 1189 e 1191.

Titulatura rexia[editar | editar a fonte]

Ao longo da historia, o título oficial dos Reis de Portugal foi alterándose. Os Reis de Portugal tiveron os seguintes títulos:

Período Título Usado por Motivo
11401189 Pola Graza de Deus, Rei dos Portugueses
(Dei Gratiae, Rex Portugalensium)
Afonso Henriques, Sancho I
11891191 Pola Graza de Deus, Rei de Portugal e de Silves Sancho I Tomada de Silves (1189)
11911249 Pola Graza de Deus, Rei de Portugal
(Dei Gratiae, Rex Portugaliae)
Sancho I, Afonso II, Sancho II, Afonso III Perda de Silves, retomada polos Almóadas (1191)
12491369 Pola Graza de Deus, Rei de Portugal e do Algarve
(Dei Gratiae, Rex Portugaliae & Algarbii)
Afonso III, Dinis, Afonso IV, Pedro I, Fernando I Conquista definitiva do Algarve (1249)
13691371 Pola Graza de Deus, Rei de Castela, de León, de Portugal, de Toledo, de Galiza, de Sevilla, de Córdoba, de Murcia, de Xaén, do Algarve, de Alxeciras e Señor de Molina Fernando I Pretensión de Fernando á Coroa de Castela
13711383 Pola Graza de Deus, Rei de Portugal e do Algarve Fernando I Renuncia aos títulos castellanos despois da Paz de Alcoutín (1371)
13831385 Pola Graza de Deus, Raíña de Castela, de León, de Portugal, de Toledo, de Galiza, de Sevilla, de Córdoba, de Murcia, de Xaén, do Algarve, de Alxeciras e Señora da Biscaia Beatriz I e Xoán I de Castela Pretensión de Beatriz á Coroa de Portugal
13851415 Pola Graza de Deus, Rei de Portugal e do Algarve Xoán I Renuncia aos títulos castellanos despois da derrota de Xoán I de Castela na Batalla de Alxubarrota (1385)
14151458 Pola Graza de Deus, Rei de Portugal e do Algarve, e Señor de Ceuta Xoán I, Duarte, Afonso V Conquista de Ceuta (1415)
14581471 Pola Graza de Deus, Rei de Portugal e do Algarve, e Señor de Ceuta e de Alcácer en África Afonso V Conquista de Alcácer Ceguer (1458)
14711475 Pola Graza de Deus, Rei de Portugal e dos Algarves, d'Aquén e d'Alén-Mar en África Afonso V Conquista de Arcila e Tánxer (1471) e elevación do señorío do Norte de África á condición de Reino d'Alén-Mar
14751479 Pola Graza de Deus, Rei de Castela, de León, de Portugal, de Toledo, de Galiza, de Sevilla, de Córdoba, de Xaén, de Murcia, dos Algarves d'Aquén e d'Alén Mar en África, de Xibraltar, de Alxeciras, e Señor da Biscaia e de Molina Afonso V Pretensión de Afonso V á Coroa de Castela, polo seu casamento con ’‘Xoana, a Beltranexa’‘
14791485 Pola Graza de Deus, Rei de Portugal e dos Algarves, d'Aquén e d'Alén-Mar en África Afonso V, Xoán II Renuncia aos títulos castellanos despois da Paz das Alcáçovas-Toledo
14851499 Pola Graza de Deus, Rei de Portugal e dos Algarves, d'Aquén e d'Alén-Mar en África, e Señor da Guiné Xoán II, Manuel I Creación do señorío da Guiné abranguendo as posesións portuguesas que se estendían polo Golfo da Guiné
14991580 Pola Graza de Deus, Rei de Portugal e dos Algarves, d'Aquén e d'Alén-Mar en África, Señor da Guiné e da Conquista, Navegación e Comercio da Etiopía, Arabia, Persia e India etc. Manuel I, Xoán III, Sebastián, Henrique, Antonio Despois do regreso de Vasco da Gama da India, en 1499, o título rexio reformúlase e atinxe a súa plenitude
15801640 Pola Graza de Deus, Rei de Castela, de León, de Aragón, das Dúas Sicilias, de Xerusalén, de Portugal, de Navarra, de Granada, de Toledo, de Valencia, de Galiza, de Mallorca, de Sevilla, da Sardeña, de Córdoba, da Córsega, de Murcia, de Xaén, dos Algarves, de Alxeciras, de Xibraltar, das Illas de Canaria, das indias Orientais e Occidentais, Illas e Terra Firme do Mar-Océano, Conde de Barcelona, Señor da Biscaia e de Molina, Duque de Atenas e de Neopatria, Conde de Rosellón e da Sardeña, Marqués de Oristano e de Gociano, Arquiduque de Austria, Duque da Borgoña, do Brabante e de Milón, Conde de Habsburgo, da Flandres e do Tirol etc. Filipe I, Filipe II, Filipe III Co dominio filipino, xúntanse os demais títulos dos Austrias á titulatura portuguesa
16401815 Pola Graza de Deus, Rei (ou Raíña) de Portugal e dos Algarves, d'Aquén e d'Alén-Mar en África, Señor(a) da Guiné e da Conquista, Navegación e Comercio da Etiopía, Arabia, Persia e India etc. Xoán IV, Afonso VI, Pedro II, Xoán V, Xosé I, María I (con Pedro III) Coa Restauración da Independencia (1640), regresase ao vello estilo adoptado por Manuel I
18151825 Pola Graza de Deus, Rei (ou Raíña) do Reino Unido de Portugal, Brasil e dos Algarves, d'Aquén e d'Alén-Mar en África, Señor(a) da Guiné e da Conquista, Navegación e Comercio da Etiopía, Arabia, Persia e India etc. María I, Xoán VI O Brasil elévase a Reino dentro do Imperio Portugués (1815)
18251910 Pola Graza de Deus, Rei (ou Raíña) de Portugal e dos Algarves, d'Aquén e d'Alén-Mar en África, Señor(a) da Guiné e da Conquista, Navegación e Comercio da Etiopía, Arabia, Persia e India etc. Xoán VI, Pedro IV, Miguel I, María II (con Fernando II), Pedro V, Lois I, Carlos I, Manuel II Despois do recoñecemento da independencia do Imperio do Brasil por Xoán VI (1825), retórnase á fórmula anterior, que existirá até á fin da Monarquía

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Raíña de iure e de facto (era a única herdeira lexítima do trono deixado pola morte de Fernando I), Beatriz, casada con Xoán I de Castela, aclamouse raíña do Reino, exercendo a rexencia no seu nome, durante case dous anos, a raíña-viúva, a súa mai Leonor Teles de Meneces; o seu marido Xoán de Castela acrecentou mesmo o señorío dos Reinos de Portugal e Algarve aos seus títulos, e mandou acuñar moedas coas armas de León e Castela partidas coas de Portugal. Con todo, desde o inicio do reinado, varias vilas e cidades do reino comezaron a se sublevar, temendo a perda da independencia, vindo paulatinamente a engrosar o partido que se foi constituíndo á roda do Mestre de Avis. Coa subida ao trono do Mestre de Avis, despois das Cortes de Coimbra de 1385, a historiografía oficial pasou a negar a realeza de Beatriz e até, nalgúns casos extremos, a negar ser filla biolóxica de Fernando, por forma a refutar o feito de ter sido raíña de Portugal.
  2. Por mor da morte de Xoán II sen fillos lexítimos (o príncipe Afonso falecera en condicións tráxicas nunca completamente esclarecidas en 1491), nin irmáns sobreviventes (a infanta Santa Xoana, a súa irmá, falecera en 1490), non obstante tentou lexitimar o seu bastardo, o infante Xurxo de Lencastre, futuro Duque de Coimbra, a Coroa Portuguesa acabou por pasar para o seu curmán e cuñado Manuel, Duque de Bexa, o cal era fillo de Fernando, Duque de Viseu (irmán do rei Afonso V), e de Beatriz (filla do infante Xoán, o penúltimo dos membros da Ínclita Xeración). Así, aínda que polo lado do pai fose neto do rei Duarte, e polo lado da mai, bisneto de Xoán I, o feito de non ser herdeiro directo, mais si colateral, leva a que xurdisen, á súa vez, referencias a unha quebra na dinastía de Avis ao nivel da casa reinante, considerándose inaugurada así a Casa de Avis-Bexa (en homenaxe ao ducado no cal fora investido por Xoán II, e que marca a data da súa aclamación, en 1495), a cal se mantería no poder até a fin da dinastía, en 1580.
  3. Antonio I foi rei de Portugal desde 19 de xuño de 1580, data da súa formal aclamación ao trono en Santarém, até á derrota na batalla de Alcántara, a 25 de agosto seguinte. Continuou a reinar no entanto "de iure" a partir do estranxeiro, e reinou "de facto" até 1583 no territorio azoriano, onde proseguiu a guerra ao invasor. A historiografía oficial negoulle a condición de rei (por ser tido como fillo bastardo e cristián novo, o que non é verdade, pois era real a Lexitimidade de Antonio), tanto so os Filipes, como tamén so os Braganzas. Débese a unha obra do profesor Joaquim Veríssimo Serrão a rehabilitación da súa figura, que debe así figurar no número dos reis de Portugal, posto malia a brevidade do seu reinado.
  4. Filipe II comezou logo a exercer o seu poder aínda en 1580, malia que apenas parcialmente, pois aínda non dominaba todo o territorio; só en 1581, coas Cortes de Tomar, tornouse Rei de Portugal de iure, e apenas en 1583 conseguiu abafar todos os puntos que aínda eran afectos ao Prior do Crato.
  5. Esta alegada mudanza de nome na Dinastía de Braganza, reinante en Portugal, por morte de María II, para Bragança-Saxe-Cobúrgo-Gotha (ou máis correctamente, Bragança-Wettin), non é de todo recoñecida pola historiografía portuguesa, sendo antes unha creación das historiografías estranxeiras (sobre todo a francesa, que non recoñece a sucesión por vía feminina, logrando así aplicar á dinastía reinante en Portugal o nome dinástico do rei consorte). Porén, aínda que a liña de sucesión proseguiu en liña recta, polo casamento da raíña María II cun príncipe estranxeiro (Fernando II de Saxe-Cobúrgo-Gotha), tería cesado na Casa Real portuguesa a varonía de Afonso Henriques, mantida ao longo de sete séculos (nótese que a outra raíña portuguesa, María I, casara co tío Pedro III, polo que se mantivo o sangue do primeiro rei de Portugal), tendo entón pasado a correr o sangue da casa de Wettin nas veas dos Braganza. Con todo, en Portugal sempre as mulleres puideron transmitir o nome, ben como o patrimonio, na falta de herdeiro home na familia. Isto leva a encontrarse por veces escrito, entre historiadores estranxeiros, a existencia dunha quinta dinastía en Portugal - unha división aparentemente artificial dentro da última dinastía real portuguesa, gobernada pola suposta casa de Bragança-Wettin, a cal comprendería os reis entre Pedro V e Manuel II. Para todos os efectos, considérase máis válida a división tradicional en catro dinastías, dado a legalidade da designación de dinastía de Braganza, única utilizada, e determinada pola Casa Real e pola xeneralidade das persoas, até 1910 e despois desa data.
  6. O herdeiro do trono, Lois Filipe, Príncipe Real de Portugal, aínda que sobrevivise escasos minutos ao seu pai, non foi nunca considerado como rei de Portugal (aínda que fose chamado, por algúns estranxeiros, de Lois II); nin o podería ser, pois en Portugal só eran considerados reis "de iure" os príncipes após xuraren os foros, liberdades e garantías no acto da súa aclamación ao trono (até 1834), ou de xuraren a Constitución (despois daquela data), en sesión solemne e plenaria das Cortes. Desta forma, o trono recaeu de inmediato no seu irmán máis novo, Manuel II, logo de ser xuramentado.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Listas de monarcas dos reinos cristiáns da Península Ibérica desde a Reconquista ata os nosos días
Portugal España
Coroa de Castela Navarra Coroa de Aragón
Galicia Asturias León Castela Aragón Barcelona Valencia Mallorca