Casa da Moeda de Austria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 48°12′12″N 16°22′57″L / 48.20333, -16.38250

Casa da Moeda de Austria
Münze Österreich

Münze Österreich logo.svg

Muenze-Oesterreich-DSC 0188w.jpg
Edificio da
Casa da Moeda de Austria


TipoEstatal
Fundación1194
MatrizBanco Nacional de Austria
LocalizaciónWien 3 Wappen.svg Viena
Austria Austria.
FundadorLeopoldo V de Austria
Persoas clave- Gerhard Starsich (CEO).
- Manfred Matzinger-Leopold (director).
IndustriaCuñaxe.
ProdutosMoedas e medallas.
Número de empregados>200
Páxina webSitio web
editar datos en Wikidata ]

A Casa da Moeda de Austria (en alemán: Münze Österreich) é unha empresa pública austríaca radicada en Viena, encargada da cuñaxe das moedas de Austria.[1]

É herdeira da antiga Casa da Moeda de Viena e, desde 1989, está constituída como unha sociedade anónima (Aktiengesellschaft), subsidiaria do Banco Nacional de Austria (Oesterreichische Nationalbank), con sede tamén en Viena.[1]

O presidente da compañía é Gerhard Starsich e o seu director é Manfred Matzinger-Leopold.[2]

Historia[editar | editar a fonte]

Gravado de ca. 1838 co edificio da Casa da Moeda de Austria acabado de construír.
Moedas do euro da Casa da Moeda de Austria para a súa posta en circulación en 2002.

En 1194, Ricardo I de Inglaterra pagoulle ao duque Leopoldo V de Austria 12 toneladas de prata para asegurar a súa liberdade. Leopoldo decidiu cuñar moeda con aquel metal, o que supuña o nacemento de facto dunha ceca na cidade de Viena (aínda que a denominación de "Casa da Moeda de Viena" non se documenta nos seguintes 200 anos).[3]

A ceca localizábase orixinariamente preto da praza Hoher Markt, en Viena. Os problemas de espazo motivaron que as instalacións se trasladasen en 1371 a Wollzeile, no centro da cidade, onde permaneceron durante catro séculos. En 1752 sufriron un novo traslado, ao palacio de inverno do príncipe Uxío de Savoia na rúa Himmelpfortgasse. En 1835 comezou a construírse o luxoso edifico da rúa Heumarkt, no centro da cidade, que alberga a casa de moeda vienesa ata a actualidade.[3]

Ao longo dos séculos houbo diversos obradoiros monetarios esparexidos por todo o territorio austríaco, en cidades como Graz, Salzburgo ou Innsbruck, aínda que o de Viena tivo xa o rango de "ceca principal" a partir de 1715. Logo da constitución da República de Austria en 1918, a Casa da Moeda de Viena converteuse na única operativa e nela centralizouse a produción de moeda do Estado.[3]

Lingote de ouro puro da Münze Österreich.

En 1989 produciuse o cambio de denominación da compañía ao actual de Münze Österreich ("Casa da Moeda de Austria), e pasou a ser un organismo dependente do Banco Nacional de Austria.[3]

Produtos[editar | editar a fonte]

A ceca austríaca realiza todo o proceso de produción da moeda, desde o seu deseño á súa cuñaxe.[1][4]

Ata 2002 producía moeda do sistema do xilin austríaco e a partir desa data comezou a cuñar as moedas do sistema do euro correspondentes a Austria.[1]

Ademais das moedas circulantes, tamén produce emisións conmemorativas, con series tan coñecidas como a "Filharmónica de Viena" ou o "Tálero de María Tareixa", ademais de lingotes e moedas de investimento en metais preciosos.[5][6][7]

A Münze Österreich tamén proporciona moeda circulante e discos sen cuñar para outros países.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "The Company". Münze Österreich.
  2. "Executive Board". Münze Österreich.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 "Our History". Münze Österreich.
  4. "Our designers". Münze Österreich.
  5. "The Vienna Philarmonic. A success Story". Münze Österreich.
  6. "Empress Maria Theresa. A Monarch and Matriarch". Münze Österreich.
  7. "Gold Storage". Münze Österreich.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]