Billón (aliaxe)
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2016.) |
O billón (do francés billon, tronco de árbore —e diñeiro en argot—; do latín medieval billia tronco da árbore)[1] é unha aliaxe de prata e cobre.[2]
Tipos e usos[editar | editar a fonte]
Se o metal que predomina é a prata, dicimos billón rico, no caso de predominar o cobre, billón pobre. Utilizouse principalmente para facer moedas e medallas en épocas con escaseza de metais nobres e de desvalorización monetaria.
O uso máis extenso do billón foi na antiga Grecia e na Idade Media. Por exemplo, durante os séculos VI e V a. C. algunhas cidades da illa de Lesbos utilizaban moedas feitas dun 60% de cobre e un 40% de prata. No medievo o contido de prata baixaba, entre un 25% ou un 20% contiña.
En períodos de inflación, como no século III na Roma ou durante as revoltas de 1620 no imperio dos Habsburgo, as moedas de prata, a causa da redución constante e gradual do contido de prata, acaban sendo moedas de billón.
Xeralmente en numismática utilizouse o termo billón para referirse directamente ao anaco de metal empregado para cuñar a moeda independentemente da súa composición.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ bille2 no TLF.
- ↑ "Billón" no DRAG, no Portal das palabras e en Digalego Arquivado 09 de xaneiro de 2019 en Wayback Machine..