Casa da Moeda de Croacia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 45°47′8.088″N 15°47′44.808″L / 45.78558000, -15.79578000

Casa da Moeda de Croacia
Hrvatska kovnica novca



TipoCompañía de responsabilidade limitada.
Fundación23 de abril de 1993
MatrizBanco Nacional de Croacia
LocalizaciónSveta Nedelja, Zagreb.
Croacia Croacia.
Persoas clavePresidente: Damir Bolta.
IndustriaCuñaxe.
ProdutosMoedas, medallas e produtos de investimento.
Número de empregadosCa. 70 (2022).[1] [2]
Na rede
https://croatianmint.hr
Facebook: CroatianMint1993 Instagram: croatianmint LinkedIn: hrvatska-kovnica-novca Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A Casa da Moeda de Croacia (en croata: Hrvatska kovnica novca), anteriormente coñecida como Instituto Monetario Croata (en croata: Hrvatski novčarski zavod)[3] é unha empresa pública croata,[4] dependente do Banco Nacional de Croacia, que se encarga da produción da moeda de curso legal nese país europeo.

A compañía produce tamén moedas conmemorativas e de investimento en metais preciosos, así como medallas de ouro e prata, medallóns conmemorativos, insignias de diferentes metais e placas de matrícula. No entanto, non produce papel moeda.[5]

Historia[editar | editar a fonte]

A ceca pública fundouse na localidade de Sveta Nedelja, na provincia de Zagreb, o 23 de abril de 1993 e comezou a súa actividade o 14 de xaneiro de 1994.[6]

O 2 de xaneiro de 2021, a entidade anunciou que o seu novo nome sería Casa da Moeda de Croacia.[3]

O 18 de xullo de 2022, a Casa da Moeda de Croacia comezou a producir as moedas en euros con motivos nacionais croatas, que entraron en circulación o 1 de xaneiro de 2023, en substitución das do anterior sistema monetario nacional da kuna croata.[7][8][9][10]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Počela proizvodnja hrvatskih eurokovanica, kao dio eurozone bit ćemo zaštićeniji u nošenju s izazovima". Vlada Republike Hrvatske.
  2. "È iniziato il conio delle monete di euro croate ". En La Voce del Popolo. 18 de xullo de 2022.
  3. 3,0 3,1 "New Company Name". Croatian Mint.
  4. "Koliko nas košta uvoz kuna iz Beča i Münchena". Tportal.hr. 15 de marzo de 2013.
  5. "Services". Croatianmint.hr
  6. "About us". Croatianmint.hr
  7. "The Beginning of the Production of Euro Coins". Croatianmint.hr. 18 de xullo de 2022.
  8. "Radnici će morati raditi u tri smjene da do kraja godine izrade hrvatske eure". En Poslovni Dnevnik. 14 de xullo de 2022.
  9. "The Countdown is On! Croatian Euro Coin Production Officially Begins Arquivado 30 de outubro de 2022 en Wayback Machine.". Total-croatia-news.com. 19 de xullo de 2022.
  10. "È iniziato il conio delle monete di euro croate". En La Voce del Popolo. 18 de xullo de 2022.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]