Real Casa da Moeda de Xuvia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outros artigos con títulos relacionados, véxase a páxina de homónimos Real Casa da Moeda
Desembocadura do río Grande de Xuvia, á esquerda o muíño e á dereita Galicia Textil.

A Real Casa da Moeda de Xuvia situada en Neda foi unha ceca que fabricou moeda de cobre entre 1812 e 1868. Construíuse xunto coa Presa do Rei ás beiras do río Grande de Xuvia.

Estableceuse por orde de 1790 no lugar de Xuvia, parroquia de Santa María de Neda, Neda co nome de Fábrica Nacional de Cobrería, como fundición de cobre coa finalidade de forrar os barcos construídos no estaleiro de Ferrol, pero non comezou a produción ata 1803.

Historia[editar | editar a fonte]

8 marabedís de Fernando VII de 1817 cuñados en Xuvia.

Por mor da guerra contra dos franceses converteuse en ceca en 1811. En 1812 cuñáronse as primeiras moedas, concretamente era moedas de 8 marabedís. En anos posteriores tamén se cuñaron moedas de 2, 4 e en 1824 de 1 marabedí.

En 1815 a fábrica de moeda de Segovia comeza a cuñar moedas en nome de Fernando VII e Xuvia comezou a perder importancia, en 1819 vólvese a fabricar pranchas para os navíos da armada. Entre 1827 e 1835 deixouse de fabricar moeda, centrándose na fabricación de follas de lata.

En 1850 realizouse a primeira moeda do sistema monetario decimal, que se establecera oficialmente en 1848.

O 28 de agosto de 1850 deuse a orde de finalizar a fabricación de moedas en Xuvia, as últimas saíron da fábrica en setembro dese ano.

Desde o 1866 cuñou moedas de medio, un, dous e medio e cinco céntimos de escudo. Xuvia só fabricaba pezas de cobre, ao igual que a fabrica de moeda de Segovia, motivo polo cal as dúas mantiñan un conflito permanente polas asignacións de traballo. No 1868 o escritor ferrolán Benito Vicetto foi nomeado superintendente da fábrica, ese mesmo ano foi pechada xunto coa súa competidora a ceca segoviana. O terreo foi poxado no ano 1873 converténdose nunha fábrica de tecidos. Actualmente as súas instalacións pertencen á empresa Galicia Textil S.A.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]