Control numérico computerizado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
CNC Fagor Automation.

Control numérico computerizado, control numérico ou CNC (Computer numerical control) é un sistema informático para máquinas programables e controladas por ordenador. As orixes desta tecnoloxía están nos anos 40 e 50 do século XX. Foron máquinas modificadas para empregar controis analóxicos e dixitais. Nun principio por medio de tarxetas perforadas.

Este sistema supuxo unha revolución nas máquina ferramenta, equipos industriais para fabricación programables.

O uso principal é en máquinas fresadoras e tornos. E tamén en máquinas de corte 2D e 3D.

Programación[editar | editar a fonte]

Programa de CNC.

A linguaxe de programación CNC está normalizada segundo DIN 66025/ISO 6983. Chamado G-code, tamén coñecido como RS-274.

Fabricantes[editar | editar a fonte]

Existen multitude de fabricantes de maquinaria CNC, pero só uns poucos fabricantes de controis:

  • Fagor Automation — 8037, 8055, 8060, 8065, 8070.
  • FANUC — 0i-MD, 0i-TD, 0i-PD, 0i Mate-MD, 0i Mate-TD, 30i-MODEL B.
  • Fidia — nC 12R, nC 15, C10, C20, C40;
  • HAAS
  • Heidenhain — TNC 128, TNC 320, TNC 620, TNC 640, MANUALpus 620, CNC PILOT 640;
  • Mitsubishi Electric — C70, M70V, M700V;
  • Rexroth Bosch Group — IndraMotion MTX micro, IndraMotion MTX standard, IndraMotion MTX performance, IndraMotion MTX advanced;
  • Siemens — Sinumerik 802D, 808D, 810D, 840D.