Casa da Moeda de Polonia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 52°13′59.6″N 20°59′33″L / 52.233222, -20.99250

Casa da Moeda de Polonia
Mennica Polska


Logotipo da Casa da Moeda de Polonia

TipoSociedade anónimapública
Fundación10 de febreiro de 1766
Localización Varsovia
Polonia Polonia.
FundadorStanislaw August Poniatowski
Persoas clavePresidente: Grzegorz Zambrzycki.[1]
IndustriaCuñaxe.
ProdutosMoedas, medallas e produtos de investimento.
Notas
Marca de ceca: monograma con m / w
Na rede
http://www.mennica.com.pl/
editar datos en Wikidata ]

A Casa da Moeda de Polonia (en polaco: Mennica Polska) é unha sociedade anónima de titularidade pública, con sede en Varsovia, que ten en exclusividade a concesión da cuñaxe de moeda de curso legal e de produtos de investimento en Polonia. A compañía cotiza na Bolsa de Varsovia, o que a converte na primeira casa de moeda do mundo con esta particularidade.[2]

A Casa da Moeda de Polonia é membro fundador da Federación Internacional da Medalla de Arte (FIDEM).[3]

Historia[editar | editar a fonte]

Logo da elección de Stanislaw August Poniatowski como novo rei, encomendóuselle levar a cabo unha reforma monetaria e o establecemento dunha nova casa de moeda, para a cuñaxe de moedas de ouro, prata e cobre, así como medallas e condecoracións. Para a súa construción escolléronse en 1765 uns terreos na rúa Bielanska, en Varsovia, e en xaneiro de 1766 tróuxose desde Dresden o reputado artista Jan Filip Holzhaeusser, para se facer cargo da nova ceca, que estivo concluída en febreiro dese mesmo ano.[4][5]

Marca de ceca da Casa da Moeda de Polonia nunha moeda moderna

En 1791 comezaron a utilizarse as inciais M.V. ou M.W., da locucón latina Monetaria Varsoviensis, gravadas sobre os ducados e nas moedas de prata producidas na nova ceca.[6] Este sinal acabou por dar lugar a que en 1965 se fixase o monograma "m / w" como marca de ceca da Casa da Moeda de Polonia.[5]

Como resultado da terceira partición de Polonia (1795), a Casa da Moeda quedou nas mans do Tesouro de Prusia durante catorce anos, nos que permaneceu pechada, ata que en 1810 retomou a súa actividade para cuñar moeda a nome do rei de Saxonia Frederico Augusto, que exercía o seu poder sobre o Ducado de Varsovia.[5][7]

Durante o levantamento de novembro de 1830 contra o ameazante dominio ruso, a ceca de Varsovia cuñou moeda dos insurxentes e, logo da derrota ante o exército ruso, en 1832 emitiu a primeira moeda bilingüe en ruso e polaco, co dobre valor facial de 15 kopeks / 1 zloty.[8] Este feito foi o antecedente da progresiva introdución da moeda rusa en Polonia durante o Reino do Congreso, ata a substitución total da propia, o que deu lugar ao pechamento da Casa da Moeda de Polonia en 1868 polas autoridades tsaristas.[7]

Antigo edificio da Casa da Moeda de Polonia na rúa Zelazna, demolido en 2014

Logo da proclamación da segunda república en 1918, reactivouse a ceca de Varsovia, agora en mans do Estado polaco, e para iso inaugurouse un novo edificio en 1924. A Casa da Moeda de Polonia recibiu o monopolio da cuñaxe de moeda do novo estado e comezou a usar nas súas moedas a imaxe dunha aguia como símbolo nacional.[3]

A ocupación alemá de 1939 e 1940 deu como resultado a destrución das instalacións e a confiscación dos metais preciosos e da maior parte dos fondos do gabinete numismático que se creara en 1926. Baixo os bombardeos dos alemáns cuñáronse moedas de emerxencia en cinc para a súa circulación no territorio ocupado.[9] En 1945, logo da recuperación da liberdade, a actividade ordinaria da Casa da Moeda retomouse nun novo edificio na rúa Markowska e logo volveuse trasladar en 1952 a unhas novas instalacións na rúa Zelazna. As primeiras destas moedas de posguerra amosan a data de 1949.[10]

Moeda de emerxencia cuñada en cinc durante a ocupación alemá

En 1966 produciuse a primeira cuñaxe conmemorativa da ceca polaca, en conmemoración dos 1.000 anos de Estado polaco.[11][12]

En 1991 colocouse a primeira pedra da nova sede da Casa da Moeda de Polonia, que foi inaugurada o 26 de setembro de 1994 polo presidente Lech Walesa. Tamén en 1991 celebrouse o 225 aniversario da fundación da institución, coa cuñaxe dunha moeda conmemorativa, a primeira bimetálica do país.[13][14]

Edificio da Casa da Moeda de Polonia, inaugurado en 2014

En 1994, a entidade tomou a forma de sociedade anónima co Tesouro do Estado como único propietario, baixo a denominación de Mennica Panstwowa S.A. (cambiado a Mennica Polska S.A. en 2005), e o 7 de abril de 1998 comezou a súa cotización na bolsa de valores de Varsovia.[14]

En 1996 a empresa iniciou un camiño de internacionalización exportando á Casa da Moeda de Lituania, en Vilnius, discos para a cuñaxe das súas moedas, e cuñando moedas de prata para Ucraína.[14]

Produtos e servizos[editar | editar a fonte]

Premios acadados[editar | editar a fonte]

Esta é unha listaxe dos premios acadados polas moedas producidas na Casa da Moeda de Polonia nos últimos anos:[14]

Ano Denominación do premio Entidade que o outorga Moeda, serie ou tema premiados
1998 Traballo máis perfecto. Competición Internacional de Deseño de Moeda. Oficina de Emisión de Moeda do Xapón. Moeda de 200 zloty: Fryderyk Chopin.[23]
2000 Moeda de ouro de colección tecnoloxicamente máis avanzada. Conferencia Mundial de Directores de Casas de Moeda. Camberra. Moeda de 200 zloty "Ano 2000".[24]
Moeda de circulación tecnoloxicamente máis avanzada. Moeda de 2 zloty "Ano 2000".[25]
2002 Moeda de ouro de colección tecnoloxicamente máis avanzada. Conferencia Mundial de Directores de Casas de Moeda. Osaka. Moeda de 200 zloty "Ano 2001".[26]
2004 Moeda de circulación tecnoloxicamente máis avanzada. Conferencia Mundial de Directores de Casas de Moeda. San Francisco. Moeda de 2 zloty: 10 anos da Grande Orquestra de Nadal.[27]
2006 Moeda máis fermosa do ano en circulación Conferencia Mundial de Directores de Casas de Moeda. París. Moeda de 2 zloty conmemorativa da Exposición Mundial do Xapón 2005.[28]
2008 2º posto á tecnoloxía orixinal Certame Internacional de Moeda Conmemorativa "Coin Constellation". Moeda de 10 zloty: 150 aniversario do nacemento de Teodor J. K. Korzeniowski.[29]
2011 Moeda máis inspiradora do mundo. Feira Mundial do Diñeiro. Moeda de 10 zloty: 70 aniversario do Estado Secreto Polaco.[30]
2012 2º premio de "concepto de idea única". Certame Internacional de Moeda Conmemorativa "Coin Constellation". Moeda de 10 zloty: Europa sen barreiras. 100 aniversario da Sociedade para o Coidado dos Cegos.[31]
2014 Moeda de prata tecnoloxicamente máis avanzada. Conferencia Mundial de Directores de Casas de Moeda. México. Moeda de 20 rublos de Belarús: Ano do cabalo.[32][33]
Moeda tecnoloxicamente máis avanzada. Moeda de 50 dólares de Niue: "Fortuna Redux".[34]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Company Authorities". Sitio web da Casa da Moeda de Polonia.
  2. "Current stock price". Sitio web da Casa da Moeda de Polonia.
  3. 3,0 3,1 "History of the Mint of Poland: 1924-1939 The second Polish Republic". Sitio web da Casa da Moeda de Polonia.
  4. Wiecek, A. (1993). Jan Filip Holzhaeusser, 1741-1792: Nadworny medalier króla Stanis±awa Augusta Poniatowskiego. Polskie Towarzystwo Numizmatyczne. ISBN 978-8385057161
  5. 5,0 5,1 5,2 "History of the Mint of Poland: 1764-1797 Beginnings of the Mint". Sitio web da Casa da Moeda de Polonia.
  6. "Poniatowski, 10 groszy 1792 M.V. - Monetaria Varsoviensis - b. rzadkie". Onebid.pl
  7. 7,0 7,1 "History of the Mint of Poland: 1810-1868 Tsarist period". Sitio web da Casa da Moeda de Polonia.
  8. "Poland Zloty-15 Kopeks C# 129 1835". Numismatic Guaranty Corporation.
  9. "5 Groszy German Occupation WW II". Numista.
  10. "History of the Mint of Poland: 1939-1945 German occupation". Sitio web da Casa da Moeda de Polonia.
  11. "100 Zlotych Polish Millennium". Numista.
  12. "History of the Mint of Poland: 1945-1972 Rebuilding the Mint". Sitio web da Casa da Moeda de Polonia.
  13. "20 000 Zlotych Warsaw Mint". Numista.
  14. 14,0 14,1 14,2 14,3 "History of the Mint of Poland: 1990-2014 Dynamic development". Sitio web da Casa da Moeda de Polonia.
  15. "The National Bank of Poland". Sitio web da casa da Moeda de Polonia.
  16. "The National Bank of Georgia". Sitio web da Casa da Moeda de Polonia.
  17. "The National Bank of the Republic of Armenia". Sitio web da Casa da Moeda de Polonia.
  18. "The National Bank of Colombia". Sitio web da Casa da Moeda de Polonia.
  19. "The Central Bank of the Dominican Republic". Sitio web da Casa da Moeda de Polonia.
  20. "Other". Sitio web da Casa da Moeda de Polonia.
  21. "Coins and numismatic products". Sitio web da Casa da Moeda de Polonia.
  22. "City card systemTM and electronic payments". Sitio web da Casa da Moeda de Polonia.
  23. "200 Złotych F Chopin". Numista.
  24. "200 Złotych Rok 2000". Numista.
  25. "2 Złote 2000 Lat". Numista.
  26. "200 Złotych Rok 2001". Numista.
  27. "2 Złote Great Orchestra of Christmas Charity". Numista.
  28. "2 Złote Expo 2005". Numista.
  29. "10 Złotych Konrad Korzeniowski/Joseph Conrad". Numista.
  30. "10 Złotych Polish Underground State". Numista.
  31. "10 Złotych Europe Without Barriers". Numista.
  32. "Year of the Horse, 20 roubles, Series: Chinese Calendar". Sitio web da Casa da Moeda de Polonia.
  33. "20 Roubles Year of the Horse". Numista.
  34. "50 Dollars - Elizabeth II Fortuna Redux". Numista.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]