Saltar ao contido

Casa da Moeda da República Checa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 Casa da Moeda da República Checa
 Nome oficial
Česká mincovna, a.s. (cs) dende 2011
ČM Trading, a.s. (mul) dende 2010 ata 2011 Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
Características
 Forma xurídica
 Industria
 Produto ou servizo
Implicados
 Propietario/a
 Matriz
Datas
 Fundación / creación
10 de decembro de 2010 Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Cadro de persoal
136 (2023)
125 (2024) Editar o valor en Wikidata
 Ingresos totais
1.827.422.000 (2023)
2.038.588.000 (2024) Editar o valor en Wikidata
 Beneficio
133.126.000 (2023)
139.442.000 (2024) Editar o valor en Wikidata
 Beneficio neto
73.359.000 (2023)
87.253.000 (2024) Editar o valor en Wikidata
 Activos totais
1.090.525.000 (2023)
868.304.000 (2024) Editar o valor en Wikidata
Localización
 Sede
 País
Fontes e ligazóns
VIAF141220375 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/010266ld Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
Facebook: ceskamincovna.cz Twitter: ceskamincovna Instagram: ceskamincovna LinkedIn: -esk-mincovna-a-s- Editar o valor en Wikidata
Wikidata

A Casa da Moeda da República Checa (en checo: Česká mincovna) é a compañía privada checa que se encarga en exclusiva da produción de moedas do sistema da coroa checa, en circulación nese país.

A ceca estableceuse en 1993, logo da disolución da antiga República de Checoslovaquia, xa que a Casa da Moeda de Kremnica, que se ocupaba da cuñaxe da coroa checoslovaca, estaba situada en Eslovaquia.[1]

A compañía

[editar | editar a fonte]

A Casa da Moeda da República Checa continúa unha longa tradición de cuñaxes en territorio checo. Desde a súa fundación foi o provedor exclusivo de moedas circulantes para ese país, consonte as necesidades do Banco Central da República Checa, así como de moedas conmemorativas para o coleccionismo e o investimento.[2]

En paralelo, a compañía desenvolveu a súa liña propia doutros produtos, como medallas, fichas privadas para diversas institucións etc., ademais dos cuños, as matrices e diversas ferramentas necesarias para o proceso de cuñaxe, coa excepción dos discos sobre os que se cuñan as moedas de circulación, que se importan de fábricas estranxeiras.[2]

O Goberno checo privatizou a compañía en 2009, e pasou a estar controlada pola empresa checa Jablonex Group.[3] Un ano máis tarde, en 2010, a ceca foi adquirida polo consorcio checo-suízo Monetica, propiedade do empresario checo Karel Zubek, e da compañía de moedas suíza AV Amera Vermoegensbeteiligungs AG.[4]

Produtos principais

[editar | editar a fonte]
  • Moedas checas. A maior parte da produción da ceca checa compóñena as moedas emitidas polo Banco Central da República Checa, tanto para a súa circulación como conmemorativas, correspondentes ao sistema da coroa checa.[5]
  • Moedas estranxeiras. Česká mincovna tamén se encarga de todo o proceso de produción de moedas circulantes e conmemorativas por encarga doutros países, entre os que cabe salientar Luxemburgo, Moldova, Armenia, Venezuela ou o Líbano.[6]
Medalla elaborada na Casa da Moeda da República Checa (coa marca de ceca CM no exergo)
  • Medallas. A ceca checa mantén un plan anual de emisión de medallas conmemorativas, que conta coa participación de prestixiosos artistas nacionais, particularmente pintores e escultores, e tamén de artistas novos a través de certames e concursos. Estas medallas elabóranse tanto en aliaxes e metais básicos como en metais preciosos, sobre todo en prata e en ouro e, excepcionalmente, en platino.[7]

Marcas de ceca

[editar | editar a fonte]

Desde a súa creación en 1993, a Casa da Moeda da República Checa vén utilizando tres marcas de ceca como indicación da orixe das moedas e medallas que elabora.[8]

  • “b“ minúscula coroada: utilízase nas moedas de curso legal destinadas á súa circulación e tamén nalgunhas medallas elaboradas en metais básicos. A orixe desta marca de ceca está en paralelo coa da propia empresa. A Casa da Moeda da República Checa fundouse o 1 de xullo de 1993 como unha división autónoma da sociedade anónima Bižuterie a.s., na localidade de Jablonec nad Nisou. A marca de ceca foi deseñada polo escultor Jiří Dostál a partir da inicial do nome desa compañía.[8]
Moeda conmemorativa de prata de 200 coroas, coa marca de ceca ČM en monograma
  • Monograma "ČM" (cunha liña superior): utilízase para as moedas conmemorativas e as medallas elaboradas en metais preciosos ou dotadas dunha calidade artística especial. Česká mincovna utiliza este monograma (baseado nas súas iniciais) desde 1994 como marca de ceca nas súas moedas e medallas cuñadas en prata, ouro e platino, que ademais van acompañadas dun certificado coas súas características técnicas.[8]
  • Monograma “ČM" (cunha coroa): esta marca de ceca grávase nunha variedade de produtos (incluídas medallas) elaborados en metais nobres de creación exclusiva da propia compañía.[8]
  1. ↑ "Czech Mint" Mints of the World.
  2. 1 2 "Company Profile Arquivado 08 de xullo de 2018 en Wayback Machine.". Ceska Mincovna.
  3. ↑ Starck, J. (2014). "Young, private Prague Mint honors coinage tradition, modern themes Arquivado 28 de maio de 2020 en Wayback Machine.". En Coin World. 8 de agosto de 2014.
  4. ↑ "Českou mincovnu koupilo česko-švýcarské konsorcium Monetica". En Hobby Filatelie Numismatika. 7 de abril de 2010.
  5. ↑ "Czech Coins Arquivado 16 de maio de 2021 en Wayback Machine.". Ceska Mincovna.
  6. ↑ "Coin Mintage for Foreign Countries Arquivado 08 de xullo de 2018 en Wayback Machine.". Ceska Mincovna.
  7. ↑ "Czech Mint Medals Arquivado 08 de xullo de 2018 en Wayback Machine.". Ceska Mincovna.
  8. 1 2 3 4 "Czech Mintmarks Arquivado 21 de setembro de 2016 en Wayback Machine.". Ceska Mincovna.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]