Hyderabad é unha importante cidade da India, situada na ribeira do río Musi (afluente do Krishna), na meseta do Decán a uns 500 m de altitude, no centro sur do subcontinente. É a capital do estado de Telangana e maila de Andhra Pradesh. Ten 3500000 habitantes (segundo o censo do 2001), e a súa área metropolitana conta cunha poboación estimada de 7 millóns (2007).
Fundada en 1590 polo sultán de Golconda, foi planificada en cuadrícula ao redor do Charminar, porta monumental con catro minaretes e catro arcos baixo a que se cruzan as arterias principais da cidade.
É un importante centro comercial e industrial, e nos últimos decenios tense desenvolto como polo da tecnoloxía informática do país xunto a Bangalore.