James Watt

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
James Watt
James Watt by Henry Howard.jpg
James Watt, por Henry Howard.
Datos persoais
Nacemento 19 de xaneiro de 1736
Lugar Greenock, Escocia Escocia
Falecemento 25 de agosto de 1819
(83 anos)
Lugar Birmingham, Inglaterra Inglaterra
Soterrada {{{soterrada}}}
Soterrado {{{soterrado}}}
Residencia Glasgow
Handsworth
Nacionalidade Escocesa
Etnia
Cóncuxe Margaret Miller (1764-1773)
Ann MacGregor (1776-1819)
Fillos {{{fillos}}}
Relixión
Actividade
Campo Matemáticas, enxeñaría.
Alma mater Universidade de Glasgow
Boulton and Watt
Instituacións {{{institucións}}}
Sociedades {{{sociedades}}}
Tese {{{tese}}}
Dir. de tese {{{director_de_tese}}}
Dir. tese
Alumnos tese
Alumnos dest. {{{alumnos_doctorais}}}
Coñecido por Desenvolvemento da máquina de vapor
Cabalo de vapor
Influído por
Influíu en Revolución industrial
Premios

James Watt Signature.svg

James Watt, nado o 19 de xaneiro de 1736 en Greenock e finado o 25 de agosto de 1819 en Birmingham (Inglaterra), foi un matemático e enxeñeiro escocés. Malia ter nacido en Escocia, viviu e traballou en Birmingham, Inglaterra. Foi un membro chave da Lunar Society ("Sociedade Lunar"). Moitos dos seus escritos consérvanse na biblioteca Birmingham Central.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou na Universidade de Glasgow e posteriormente na de Londres, na que só permaneceu un ano por mor de problemas de saúde. En 1757 volve a Glasgow, onde abre un negocio na Universidade, unha tenda para a venda de instrumentos matemáticos (regras, escuadros, compases...) fabricados por el mesmo. Neses anos comeza a crear relacións con moitos científicos como Joseph Black, introdutor do concepto de calor latente.

En 1764 casa coa súa curmá, Margaret Miller, coa que tivo seis fillos antes da morte desta nove anos despois.

En 1773 observou que as máquinas de vapor Newcomen desaproveitaban gran cantidade de vapor, e en consecuencia unha alta proporción de calor latente de cambio de estado susceptíbel de ser transformado en traballo mecánico. En 1766 deseñou un modelo de condensador separado do cilindro, a súa primeira e máis importante invención, que permitiu un maior aproveitamento do vapor, e polo tanto mellorou o rendemento económico da máquina. Esta aportación foi un factor determinante na Revolución Industrial.

En 1768, asociouse con John Roebuck para construír o seu propio modelo de máquina de vapor, que patentou un ano máis tarde. Trala quebra do seu socio en 1772, trasladouse pouco despois a Birmingham para asociarse con Matthew Boulton, propietario de Soho Works, e compartir con el a explotación da súa patente. Esta sociedade mantívose durante 25 anos

No ano 1776, contraeu matrimonio por segunda vez, con Ann MacGregor, coa quen tivo dous fillos máis.

Entre outras grandes aportacións á mellora da máquina de vapor destacan a máquina de doble efecto, cuxos pistóns suben e baixan alternativamente, (patentada en 1782), o regulador de forza centrífuga para o control automático da máquina e o paralelogramo articulado (1784), unha disposición de rodetes conectados que guían o movemento do pistón.

En 1785 ingresou formalmente, xunto ao seu socio, na Royal Society de Londres[1], ao igual que tamén foi membro da Royal Society de Edimburgo e da Lunar Society de Birmingham, integrada por un grupo de científicos e escritores promotores do avance da arte e a ciencia. A finais do século XVIII, Watt e Boultou tiñan construído e instalado máis de cincocentas máquinas a vapor.

En 1794 fundou unha empresa cuxos primeiros directores foron o fillo de Watt, James, e o fillo de Boulton, Matthew. A partir de entón, e xa cunha excelente posición económica, foi retirándose da actividade industrial e económica ata que en 1800 as deixou definitivamente. Porén, seguiu realizando experimentos dos que se desprenden unha máquina copiadora para oficina e un pantógrafo para reproducir escrituras.

Morreu a causa da tuberculose en 1819.

Os seus logros como enxeñeiro[editar | editar a fonte]

Condensador deseñado por Watt, Museo das ciencias de Londres.

Watt inventou o movemento paralelo para converter o movemento circular nun movemento case rectilíneo, e o medidor de presión para medir a presión do vapor no cilindro ao longo de todo o ciclo de traballo da máquina, mostrando así a súa eficiencia e axudándoo a perfeccionala.

Watt axudou ao desenvolvemento da máquina de vapor, converténdoa, dun proxecto tecnolóxico, a unha forma viable e económica de producir enerxía. Watt descubriu que a máquina de Newcomen estaba gastando case tres cuartos da enerxía do vapor en quentar o pistón e o cilindro. Watt desenvolveu unha cámara de condensación separada que incrementou significativamente a eficiencia.

Watt opúxose ao uso de vapor a alta presión, e hai quen lle acusa de retardar o desenvolvemento da máquina de vapor por outros enxeñeiros, ata que as súas patentes expiraron no ano 1800. Xunto ao seu socio Matthew Boulton loitou contra enxeñeiros rivais como Jonathan Hornblower, quen intentou desenvolver máquinas que non caesen dentro do ámbito, extremadamente xeralistas, das patentes de Watt.[Cómpre referencia]

Creou a unidade chamada cabalo de vapor para comparar a saída das diferentes máquinas de vapor.

Coma científico foi ademais dunha mente brillante, unha persoa moi hábil no traballo manual, capaz de realizar medidas científicas dunha maneira sistemática e fiábel, o que lle permitiu cuantificar as melloras realizadas nos motores e comprender o fenómeno co cal estaba traballando.

Recoñecemento[editar | editar a fonte]

Estatua de James Watt na Abadía de Westminster.
  • En 1806 titulouse como doutor en Leis pola Universidade de Glasgow.
  • En 1814 foi nomeado membro da Academia Francesa das Ciencias.
  • Na honra de James Watt nomeouse como watt a unidade de potencia eléctrica.
  • Non aceptou o título nobiliario que lle foi ofrecido pola Coroa de Inglaterra.
  • No ano 2011 foi unha das sete figuras inaugurais do Salon da fama da Enxeñería de Escocia.

Cronoloxía[editar | editar a fonte]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: James Watt Modificar a ligazón no Wikidata

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]