Maximiliano I de Habsburgo
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2013.) |
Maximiliano I | ||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Emperador do Sacro Imperio Romano-Xermánico; Arquiduque de Austria; Duque de Borgoña | ||||||||||
![]() | ||||||||||
Retrato por Albrecht Dürer. | ||||||||||
Rei dos xermanos (Rei de romanos) | ||||||||||
16 de febreiro de 1486 – 12 de xaneiro de 1519 | ||||||||||
Predecesor | Frederico III de Habsburgo | |||||||||
Sucesor | Carlos V de Habsburgo | |||||||||
Sacro Emperador Romano-Xermánico, Arquiduque de Austria | ||||||||||
19 de agosto 1493 – 12 de xaneiro de 1519 | ||||||||||
Predecesor | Frederico III de Habsburgo | |||||||||
Sucesor | Carlos V de Habsburgo | |||||||||
| ||||||||||
Coroación | 9 de abril de 1486 | |||||||||
Nacemento | 22 de marzo de 1459 Wiener Neustadt, Austria | |||||||||
Falecemento | 1 de decembro de 1519 Wels, Upper Austria | |||||||||
Sepultura | Wiener Neustadt, Austria | |||||||||
Cónxuxe/s | María de Borgoña (1477-1482) Ana da Bretaña {anulado} Bianca Maria Sforza | |||||||||
Descendencia | Filipe I o Fermoso Margarida de Austria (Arquiduquesa) | |||||||||
Proxenitores | Frederico III de Habsburgo Leonor de Portugal | |||||||||
Na rede | ||||||||||
![]() ![]() ![]() ![]() | ||||||||||
Maximiliano I de Habsburgo, nado en Wiener Neustadt o 22 de marzo de 1459 e finado o 12 de xaneiro de 1519 en Wels, foi emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico desde 1508 (de facto, a partir de 1493) até á súa morte.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Maximiliano era fillo do emperador Frederico III, do Sacro Imperio Romano Xermánico, e da emperatriz D. Leonor de Portugal. Posuía tamén os títulos de conde do Tirol, duque da Estiria, señor da Suíza, duque da Carintia e señor da Suabia; por iso, ao conseguir ser electo emperador do Sacro Imperio, tornouse o máis poderoso dos príncipes alemáns desde Frederico II.
Casou en 1477 coa súa prima materna a duquesa María de Borgoña (1457-1482), filla de Carlos o Temerario. Enviuvando, Maximiliano loitou contra a Francia que quería anexar o territorio borgoñés (o que de feito conseguiu). Reuniu un consello de príncipes alemáns, para obter axuda e se coroar rei de Italia, o que non viu ocorrer.
En 1508, tras reinar sobre o Sacro-Imperio por 15 anos sen o título, e co consentimento do Papa Xulio II, el acaba coa necesidade de se cumprir a tradición do Sacro-Emperador ser coroado polo Papa para recibir o título, bastando así, soamente a súa elección como tal.
Foi sucedido no Imperio por seu neto Carlos V de Habsburgo.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 metmuseum.org (ed.). "Web del Metropolitan Museum of Art".