Melquíades, papa
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2017.) |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | valor descoñecido Roma, Italia |
Morte | 11 de xaneiro de 314 Roma (Imperio Romano) |
32º Papa | |
2 de xullo de 311 – 10 de xaneiro de 314 ← Eusebio – Silvestre I → | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Lugar de traballo | Roma |
Ocupación | clérigo, sacerdote católico |
Período de tempo | Imperio Romano |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 10 de decembro |
Descrito pola fonte | De viris illustribus Dictionary of African Biography, Encyclopædia Britannica |
San Melquíades,[1] nado en África, forma parte da categoría de papas africanos. Foi bispo de Roma desde 311 ata súa morte o 10 ou o 11 de xaneiro de 314.
Historicamente, foi o primeiro papa que se beneficiou de favores dun emperador romano: Maxencio, quen levantando as medidas represivas contra os cristiáns, autorizou a súa elección no ano 311, cando o bispado romano levaba xa varios anos vacante.
Despois da eliminación de Maxencio por Constantino I, a nai deste último ofreceulle o pazo de Letrán, que formaba parte das posesións imperiais. Foi así, como o papa organizou o concilio rexional de Letrán no 313, para debater sobre a elección do bispo de Cartago, que fora contestada polos donatistas.
Aínda que semella que morreu de causas naturais, é considerado como mártir. A súa conmemoración é o 10 de decembro.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2023-09-18.
Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |