Méixome, Lalín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Méixome
Igrexa de Santiago de Méixome.
ConcelloLalín[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°42′31″N 8°10′13″O / 42.7085744, -8.1701606Coordenadas: 42°42′31″N 8°10′13″O / 42.7085744, -8.1701606
Área3,9 km²
Poboación131 hab. (2011)
Densidade33,59 hab./km²
Entidades de poboación5[1]
editar datos en Wikidata ]

Santiago de Méixome é unha parroquia do concello de Lalín. Segundo o IGE en 2011 tiña 131 habitantes (73 mulleres e 58 homes), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999, cando tiña 146 habitantes. Pertence ao arciprestado do Deza e á diocese de Lugo.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Limita ao norte coas parroquias de Bermés e Busto, ao sur con Santiso ao leste con Bermés e ao oeste con Madriñán e Noceda. Dista 9 km da capital municipal. Acada unha altitude máxima de 700 m e está bañada polo Rego de Freixo.

Méixome foi a primeira parroquia do concello de Lalín na que se fixo a concentración parcelaria.

Historia[editar | editar a fonte]

O nome da parroquia figura nunha permuta feita co Mosteiro de Carboeiro en 1182, en pleno período románico, o que fai pensar na existencia dunha igrexa orixinaria desta época que foi substituída pola actual.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

O castro de Méixome, situado na aldea de Castro, xunto ao río en terreo de labranza, está conformado a partir dun recinto de planta lixeiramente ovalada en dirección nordés-suroeste. As súas dimensións son: eixo NL-SO mide 85 m no interior e uns 100 m ao exterior; eixo NO-SL mide 55 m no interior e 85 m no exterior. A altura máxima acadada pola coroa respecto ao exterior é duns 7 m no lado leste. No parapeto do sector setentrional apréciase un tramo de liña de muralla pétrea (nalgúns puntos vese claramente unha anchura de 3 m a 4 m) feita de xisto sen argamasa. Ten parapeto interior no sector setentrional, cuns 4 m ou 5 m de anchura, moi vertical cara ao exterior.[2]

A igrexa parroquial de Santiago de Méixome é de estilo barroco.

Festas[editar | editar a fonte]

As súas festas parroquiais son o 16 e 17 de agosto na honra a San Roque. A primeira fin de semana do mes de outubro toda a parroquia reúnese para realizar a chamada Festa dos Veciños no campo da festa.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Méixome[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Méixome no concello de Lalín (Pontevedra)

O Castiñeiro | O Castro | Mato | Méixome | Requeixo

Parroquias de Lalín[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Lalín

Albarellos (Santa María) | Alemparte (Santa María) | Anseán (Santiago) | Anzo (San Xoán) | Barcia (Santo Estevo) | Bendoiro (San Miguel) | Bermés (Santa María) | Botos (San Xoán) | Busto (San Facundo) | Cadrón (Santo Estevo) | Camposancos (San Cristovo) | Cangas (Santa Mariña) | Castro de Cabras (San Pedro) | Catasós (Santiago) | O Cello (San Martiño) | Cercio (Santiago) | Cristimil (San Xurxo) | Doade (San Pedro) | Donramiro (Santa María) | Donsión (Santa Baia) | Filgueira (Santa María) | Galegos (San Miguel) | Goiás (San Miguel) | Gresande (Santiago) | Lalín (Santa María das Dores) | Lebozán (Santiago) | Lodeiro (San Paio) | Losón (Santa Baia) | Maceira (San Martiño) | Madriñán (Santo Adrao) | Méixome (Santiago) | Moimenta (San Lourenzo) | Moneixas (Santo Adrao) | Noceda (Santa María) | Palmou (San Xoán) | Parada (Santa María) | Prado (San Martiño) | Rodís (San Xiao) | Santiso (San Román) | Sello (Santiago) | Soutolongo (Santa María) | Val do Carrio (Santo André) | A Veiga (San Ramón) | Vilanova (San Xoán) | Vilatuxe (San Lourenzo) | Xaxán (Santa María da Saleta) | A Xesta (San Fiz) | Zobra (Santa Mariña)


Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]