Bendoiro, Lalín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bendoiro
Igrexa de Bendoiro.JPG
Igrexa de San Miguel de Bendoiro.
Concello Lalín
Área 5,8 km²
Poboación 294 hab. (2011)
Densidade 50,69 hab./km²
Entidades de poboación 10

San Miguel de Bendoiro é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o IGE en 2011 tiña 294 habitantes (156 mulleres e 138 homes), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 331 habitantes.

Nesta parroquia formouse a Banda de música de Bendoiro e naceu o sindicalista Luís Frade.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

O castro do Castriño confórmase a partir dun recinto de forma circular. Conserva un parapeto no sector S-SL, duns 100 m de lonxitude, cun foxo que completaría as súas defensas polo sur. Pódese observar outro segundo foxo cara ao leste e sueste. Entre os anos 2006 e 2008 foi obxecto de traballos arqueolóxicos que incluíron a escavación, por mor das obras de construción da liña do AVE. O sector norte deste recinto estaría arrasado -segundo os datos da intervención arqueolóxica-, debido a actividades agrícolas e forestais.[1]

O castro de Bendoiro ten un único recinto, con forma lixeiramente ovalada. A coroa ten unhas dimensións, no eixo NL-SO, de 85 m (interior) por 110 m (exterior). No eixo NO-SE as medidas son 65 m (interior) e 105 m (exterior). Se se teñen en conta os elementos defensivos exteriores á coroa as medidas son: no eixo NL-SO uns 145 m e o eixo NO-SL de 120 m. No sector occidental, distínguense claramente unha superficie aterrazada cun pequeno parapeto de terra cunha disposición sur-norte. O recinto está defendido en todo o perímetro por un terraplén cun gran desenvolvemento cara ao norte. Os lados sur, leste e suroeste da coroa están defendidos cun parapeto de terra que non se observa nos sectores occidental e setentrional. No interior do recinto aprécianse varios afloramentos rochosos.[2]

A igrexa parroquial de San Miguel de Bendoiro é de estilo renacentista sobre a antiga estrutura románica, garda a capela sepulcral dos Taboada.

Na arquitectura civil destaca o pazo de Bendoiro de Abaixo.

A capela da Santa Lucía é unha ermida de pedra na que destaca o campanario dun único arco rematado cun Agnus Dei, baixo o cal hai un nicho. Nela celébrase unha famosa romaría o 25 de decembro.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Bendoiro[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Bendoiro no concello de Lalín (Pontevedra)

Bendoiro de Abaixo | Campo | Castro | A Empedrada | A Igrexa | A Laxe | Pedrouzos | Vilar do Río | Vilasoa | O Xubín

Parroquias de Lalín[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Lalín

Albarellos (Santa María) | Alemparte (Santa María) | Anseán (Santiago) | Anzo (San Xoán) | Barcia (Santo Estevo) | Bendoiro (San Miguel) | Bermés (Santa María) | Botos (San Xoán) | Busto (San Facundo) | Cadrón (Santo Estevo) | Camposancos (San Cristovo) | Cangas (Santa Mariña) | Castro de Cabras (San Pedro) | Catasós (Santiago) | O Cello (San Martiño) | Cercio (Santiago) | Cristimil (San Xurxo) | Doade (San Pedro) | Donramiro (Santa María) | Donsión (Santa Baia) | Filgueira (Santa María) | Galegos (San Miguel) | Goiás (San Miguel) | Gresande (Santiago) | Lalín (Santa María das Dores) | Lebozán (Santiago) | Lodeiro (San Paio) | Losón (Santa Baia) | Maceira (San Martiño) | Madriñán (Santo Adrao) | Méixome (Santiago) | Moimenta (San Lourenzo) | Moneixas (Santo Adrao) | Noceda (Santa María) | Palmou (San Xoán) | Parada (Santa María) | Prado (San Martiño) | Rodís (San Xiao) | Santiso (San Román) | Sello (Santiago) | Soutolongo (Santa María) | Val do Carrio (Santo André) | A Veiga (San Ramón) | Vilanova (San Xoán) | Vilatuxe (San Lourenzo) | Xaxán (Santa María da Saleta) | A Xesta (San Fiz) | Zobra (Santa Mariña)


Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]